
A Lareira podcast
By A Lareira
-Presentado por Raquel Besteiro Gestoso

A Lareira podcastDec 12, 2021

T2 D2 "Juanucha: Contrabando, guitarras e armas no avión" Diáspora 2
Neste episodio coñecemos a Juanucha, emigrante retornada oriunda de Ribeira. Aos seus case 90 anos estívonos a contar as suas aventuras e desventuras na emigración en Newark (New York). Muller de Julián, o practicante de Ribeira, marchou cada el cando decidiu facer as américas, onde estiveron a traballar deixando aos fillos en Galicia.
Juanucha falounos dos tempos do contrabando na súa vila natal, do nacemento da festa da Donra e do seu traballo na diáspora; nunha fábrica de armamento primeiro e de guitarras despois.
Anos de traballo que culminaron na súa volta a Ribeira cunha pistola gardada entre a equipaxe.
Estas e moitas historias máis, na Lareira de hoxe.

T2 E3 "Esther Estévez, xornalismo nas novas plataformas e a verinidade"
Tivemos no podcast á xornalista Esther Estévez. Estivemos falando de novas plataformas, a elección de carreira profesional, música, aficións, entroido, e de como é pasar a infancia en Verín.

T2 E2 "Queco Lago e a súa primeira canción, Mírame"
O cantautor pontevedrés Queco Lago vén Á Lareira presentarnos a súa nova canción "Mírame", o seu vindeiro videoclip e facer un percorrido polos seus temas e versións máis soados.
Intercalamos parola e músicas, escoitando e falando sobre as composición máis persoais de Queco; o que significa para el expresarse a través da música, micros abiertos, proxectos de futuro, recomendacións musicais e literarias, e as amizades creadas a través desta arte.

T2 "Karina Espinoza, Neofalante Costarricense" A Lareira Diáspora 1
Inauguramos a Tempada 2 de A Lareira coa primeira entrega da nova serie de podcasts "Diáspora: Conversas con galegos de acolá."
A primeira convidada é Karina Espinoza, costarricense de nacemento e galego falante de corazón.Tartas de Santiago, Shin Chan en galego, Neira Vilas e rapaces de Riazor que che fan ser do Celta de Vigo.

Pablo Lamosa e os efectos visuais dende Galicia
Hoxe ven ao podcast o compositor de vfx Pablo Lamosa. Despois de anos traballando en Madrid en El Ranchito e Deluxe Films, en producións do calado de Xogo de Tronos, volta á Galicia para fundar o estudo "Cormorán vfx" no seu Bueu natal.
Pablo vennos falar da súa profesión, do traballo nos efectos en Xogo de Tronos e como é traballar dende Galicia

De Parola na Lareira. Martín Sorga, Iván Iglesias e Raquel Besteiro
Nunha charla distendida botamos unhas risas parolando e reflexionando sobre as cousas da vida, da universidade e do Carrefour.🎙️🔥

Olaxonmario Mario Brión na Lareira
Deunos tempo tamén de estilo, prexuizos e rememorar os vellos tempos pola facultade

O oso de Salcedo con Aitor Rodríguez e Raquel Besteiro
Na Pobra de Brollón no corazón dos montes lucences segue viva unha tradición cuxa orixe perdouse no máis remoto dos tempos.

Xoguetes eróticos 2 con Raquel Besteiro Gestoso e Diego Blando Álvarez "A Lareira" #9
No programa Raquel e Diego partellan e intercambian as súas opinións e consellos sobre diversos aparellos, prexuízos arredor de determinadas prácticas e productos e ejercicios para manter a saúde muscular

Xoguetes eróticos con Diego Blanco e Raquel Besteiro A Lareira #8

A Lareira #7 "RAG e Divulgación da cultura galega" con Xian Lois Alcayde Dans

A Lareira #6 "Oropel" o novo cómic de Miriam Iglesias

A Lareira #5 "La sal de las lágrimas" a nova novela de Guillermo Moldes Rodal

A Lareira #4 "Chrysalis" o primeiro traballo de Daniel Gómez

A Lareira #3 Curta "Homomaquia" de David Fidalgo
No programa de hoxe, falamos da temática da curta, da técnica de animación empregada, a importancia de contar historias fronte aos despregues técnicos e moitas cousas máis.

A Lareira #2 "Voices" o novo disco de Iván Caride Sanjuán
Ademais, no programa, poderemos escoitar un adianto do disco, con dous temas "We are young" e "I see you in my dreams"

A Lareira #1 "Especial 25 N"
Acompáñanos neste interesante debate, con motivo do día internacional contra a violencia de xénero.