
ProcastiNation
By Bocachanclas Productions
Bocachanclas Productions somos uns amigos que falan... falan moito... incluso de máis. As veces metémonos en sumidoiros de opinión que normalmente levannos a botar unhas risas xuntos. Nunca se nos pasara pola cabeza publicar isto, pero se uns profesionais poden facelo... por que nós non?

ProcastiNationSep 22, 2023

Remexendo no pasado do Baldur’s Gate
O Baldur’s Gate está sendo unha revolución no mundo do gaming. Roi, quere aproveitar para explicarnos as orixes…irnos cara atrás e falar de como e cando comezou ese mundo do Dangeons and Dragons. Fai retrospectiva, e tamén máis alá. E, por suposto, doses do noso espíritu relaxado e absurdo para acompañar.

Verán de lecturas á sombra: Pablo & Co
Retornamos actividade! Abrimos o programa cun variado de noticias (algunhas reais e outras non tanto). A tempada comeza coa sección de Pablo. Tráenos unha serie de recomendacións e análises literarias moi variadas. Tamén falamos do noso claro, ese perder o tempo vario pinto. Seguimos co orgullo ProcastiNoso!

Idiotas americanos dos días verdes

Unplugged Rangers: The Movie
A nostalxia é unha viaxe por un camiño circular que sempre volve. Desta vez paramos na estación dos 90's e damos un paseo pola epoca da musica grunge, do resurxir dos solos de guitarra e dos grupos de 5 adolescentes que se transformaban para loitar e salvar á terra: Go Go Power Rangers!

Chatbots: millóns de chimpancés aporreando teclados.
Hoxe, sexa cando sexa para ti, temos un episodio histórico. A vida antes das IAs e a vida despois. A.I.D.I. Roi, acosado a preguntas polos outros dous, ábrenos o camiño do coñecemento para o tema. Estaremos gobernados dentro de pouco de robots IA? Non, tentamos ir máis ó básico, para entender de onde sae este boom actual. Invitámosvos a viaxar con nós, e a mandar ó mail dúbidas que tentaremos respostar con bo e entusiástico cientifismo.

Upright: Unha road-serie máis dinámica que estirada
Desta rolda tócanos unha peza audiovisual australiana. Aquí non traballamos prexuízos fronteirizos. O’Lois, que tamén foi o máis procastinador da quincena, trouxo a debate este contido procedente de Filmin. Co cómico e músico Tim Minchin e Milly Alcock (coñecida por House of the dragon), Upright conta as aventuras de dous personaxes perdidos na vida (e nas carreteras australianas). Desta vez non metimos spoilers, imos aprendendo (que va, cadrou así). Disfrutade das nosas novas aventuras podcasteiras!

Especial Patróns: Series a Cara ou Cruz
Somos de contrastes, porque procastinar vai coa contradicción. Neste episodio aventuràmonos con dúas series ben diferentes. Una no eido da ciencia-ficción (Fundation) e a outra realista pero nunha realidade allea para case todos: os ricos e tensos líos familiares de Succesion. Da temporada última xa falaremos, aquí tratamos as tres anteriores. Debullamos, dibagamos, entusiasmámonos. Esas cousas nosas, xa sabedes.

O tiruliru dos heroes
Boas xente! Aquí seguimos, perdendo o tempo. Neste novo episodio, O’Pablo tráenos músicas. Por iso o tiruliru do título. Mais non calquera, melodías significativas asociadas ó “Camiño do heroe”. Campbell, John Williams…tendes moito que descubrir aquí. Para acompañar, o noso charloteo habitual…con ganas e despreocupacións claro, iso nunca falta. Cal é a vinculación entre os leiv motivs musicais dos personaxes e a narrativa dos filmes? Viaxade con nós!

Menudos Mimemas
Hoxe (sexa cando sexa para ti) traemos, da man de O’Roi, unha breve historia entusiástica dos memes. De onde saen? En que momento estamos nese sentido? Por suposto, comentamos tamén os nosos preferidos…certas divagacións coma sempre…”Procastimovidas”, disfrutando.

Especial Patróns: Ted Lasso e Os Nosos Discos
Estamos tan vagos (ou non tanto) que volvemos a recuperar contido do noso Patreon. Desta vez marcámonos un mix musical xuntando os extras de Ted Lasso e un percorrido polos nosos discos preferidos.

Tier List Ridley Scott
Segundo especial co querido Quique Lojo (2/2, de momento). Desta vez exploramos o mundo dun director máis asociado ó mundo comercial, que ten un percorrido fílmico moi variado. Tamén a nivel calidade. Debatimos, rimos, facemos o que nos gusta: perder o tempo pasándoo ben. E de paso soltar algunhas intelectualidades das que nos molan. Catro cabezas frikis dan pa moito, ou polo menos pa entreterse ben a gusto.

Tier List Tim Burton
Volvemos cos especiais. Vaia, a falar aínda máis. Uniuse a nós outro tolo, Quique Lojo, guionista e friki coma nós. Se che gusta este dibuxante-director-icono, este é o teu programa. Percorremos as películas máis puntuadas del, básicamente por non facer un programa de seis horas, que poderíamos, pero non é plan. Viaxade con nós a mundos imaxinarios oscuros pero entrañables á vez.

Homenaxe a Bill Withers
Hai figuras da música que non precisan selo, chégalles con estar. Formar parte. Por iso O´Lois tráenos unha viaxe pola vida deste músico estadounidense. Mais non só iso. Tamén temos varios debates dos que nos gustan e un concurso de versións, no que Pablo e Roi teñen que puntuar. Información, xogo e diversión. Procastinar é unha festa.

Unha familia pouco convencional: Os Adams
Entramos nun mundo misterioso e divertido. O’Pablo tráenos unha familia recoñecida que non segue as convecións sociais Os Adams. Como naceron? Cal foi o seu camiño ata o éxito de Mércores. Deunos moito pa falar. Fantasías e realidades polas que Procastinamos con moito gusto.

Misterios con Lupa
O'Roi tráenos un xogo. Falamos sobre canles de youtube que se adican a resolver películas, e sobretodo de misterios e pensamento lateral. Algo de O Xogo do Calamar...unha boa mestura entretida e entusiasta. Viaxade con nós, temos boas divagacións mais enfocadas e botamos unhas risas. Moito Procastinar para 2023! Non todo vai ser currar ou...

Especial Nadal: Cowboy Murakami

Tempos pasados si foron mellores
Hoxe toca unha viaxe no tempo. A non moi lonxe, a finais do século XX. Nas terras inglesas había unha xente tola á que lle deixaron experimentar. E saiu unha serie transgresora, precursora de moitas outras que podedes ver hoxe. É Spaced, e Pablo fálanos dela. E xa de paso falamos de outras tantas cousas xa que estamos. Procastinar ten sempre espazo nas nosas vidas.

Novas semánticas en tempos pesados
Imos xogar coas palabras. Como fixo Rodrigo Cortés, o noso querido amigo, no seu último libro: Verbolario. Facemos un pouco de spoiler do libro (pola pasta que nos paga o salmantino) e de paso aproveitamos para inventar un concurso. Lois fálanos sobre a última creación de Cortés e fai un acto de oportunismo querendo simular algo parecido. Se tendes intriga, a escoitalo. Non é xerundio, pero quedou moi ben.

Un debate inesperado para viaxar pola Terra Media (2ª parte)
O debate da pa moito. Desta vez máis e mellor. Súmase Iria Veiga, a contarnos a súa visión da polarizada resposta á serie de Amazon. Segue con nós Raquel BGes. Nesta ocasión profundizamos máis en Tolkien. Continuamos co misterio de Sauron, análise de diversos detalles e tamén as nosas expectativas de cara o futuro da serie. Que fai Amazon Studios coa serie máis cara da historia? Tentamos respostalo.

Un debate inesperado para viaxar pola Terra Media
Sentámonos a falar sobre Os Aneis de Poder cunha invitada de luxo: Raquel Besteiro Gestoso. Analizamos as tramas, debullamos a construcción dos personaxes. Iso si, mellor escoitar isto despois de ver a serie. Avisamos. Tamén o pasamos moi ben, non todo vai ser pensar. Esta é a primeira parte, na segunda crecerá a familia con Iria de Balea Vermella. Que tal foi a serie máis cara da historia? Descubrídeo con nós.

Entre partituras e fotogramas
O xogo chegou ó tempo da Procastinación! Roi tráenos unha sección da que adiviñar persoas que se moveron entre dous mundos, a risco de ser criticados/as. Antes charlamos de Frank Drake, detalles destes días perdendo o tempo...o de sempre pero aínda máis fresco. Sen vós non sería o mesmo.

Os paraugas sempre viñeron ben
Hai unha serie chamada Umbrella Academy, igual vos soa de algo. Pero...sae dun comic! Ao Lois déuselle por curiosear sobre isto coa excusa da non moi lonxana última temporada da serie. Seguimos contando o que procastinamos claro, se é o noso, pero neste caso coa excusa dos personaxes, as similtudes e diferencias entre os comis e a serie...entre outras curiosidades e charlas frikis. Non sei a que esperades para darlle ó play.

As peripecias de Tomb Rider
Perder o tempo xogando a algo...a quen non lle pasou? O Pablo está nostálxico e decidiu facer unha investigación da historia do videoxogo Tomb Raider. Antes, polo camiño, repasamos unha lista coas peores (e mellores, que as hai) adaptacións ao cine de xonos dos últimos anos. Coñeceremos de onde sae Lara Croft, e a súa evolución. Non é curioso e fascinante para perder un pouco o tempo? É.

Os fantásticos mundos de Neil Gaiman
Voltamos! Con moita forza e ideas frescas. Contamos as novas manías procastinadoras. O Roi tráenos unha viaxe por unha mente fascinante: percorremos con el as obras de Neil Gaiman: xornalista, escritor, dramaturgo, guionista...un tolo que nos encanta. Acompañádenos nesta "non volta" ó cole!

Que o Canon vos acompañe
Estamos tolos! Para pasar un bo rato de verán lanzámonos a facer unha clasificación do canon actual de Star Wars. Á nosa maneira claro. Seguramente o impulso da serie de Obi-Wan nos levou a revisitar...tomar unha cervexas e unha charla friki nunca sobra. Disfrutade do verán!

Love, death and vacacións!

Comics: viñetas e tinta!
Amig@s frikis!! Hoxe toca falar de comics, así en xeral. Cada un de nós trae recomendacións frescas para ler no verán. Penúltimo programa de tempada! Coa calor, boa viñeta se lle arriba. Algo así.

Moonknight: o Cabaleiro Branco
A nosa tríple personalidade procastinadora está aquí para presentarvos un tipo con carisma de manicomio. Deuses exipcios, algo de violencia (pero menos que nos comics) e o gran Oscar Isaac. Ingredientes tremendos para disfrutar e analizar…Moon Knight!!

Strange: into the Marvel multiverso
Boas amig@s da maxia escura! O marveliano Doutor Strange volve da man de Sam Raimi, e nós non poidamos perder esta ocasión para falar do asunto. Recén saídos do cine volcamos aquí as nosas reaccións. Non o perdades!

Succesion, xogos de poder
O que nos gusta a nós analizar unha gran serie, desta vez…Succession! Moitas cousas se moven nas altas esferas. Neste caso da familia Roy. Non o noso Roi, é o nome deles así. Cal é o éxito da serie? Descubride con nós!

Lasso e 11 máis
Benvid@s ó fútbol inglés! Este é o campo do ProcastiNation FC e hoxe ímosvos narrar o partido dunha serie fantástica de Apple TV+. Ted Lasso pasou a ser un fenómeno sorpresa, unha comedia fresca e entusiasta. E estamos aquí para debullala con vós. Procastinade a gusto!

Fundación Fatal
Amig@s da Ciencia-Ficción! Neste novo episodio lanzámonos a analizar a serie de Apple TV+ Fundation, inspirada no clásico da literatura escrito por Isaac Asimov en 1942. Un reto de adaptación coordinada por David S. Goyer. Disfrutamos moito Procastinando con esta gran aposta de Apple!

Xuízo a The Batman

Spielberg Side Story
Aquí en ProcastiNation somos moi de tender pontes. Desta vez, entre 1961 e 2021. Así, nada menos. Tamén entre Shakespeare e Spielberg. As bandas e o amor. O caso é pasalo ben falando de clásicos e…neoclásicos?

O Xogo de Matrix
Aquí podedes escoller a pastilla azul ou a vermella, aceptamos ambos sectores da sociedade. Aventurámonos a analizar este fenómeno audiovisual e cultural. É unha gran farsa? Unha obra de arte que marca un antes e un despois? Morfeo agarda as vosas escollas.

Welcome to the Bebop
Benvid@s xentes do procastineo ó ritmo do anime. Pablo nos trae a un coñecido cowboy, que nos leva a debatir tamén sobre esa gran polémica: os live action dos debuxos animados. Da para moito isto. Aventuras a golpe de jazz é unha forma fantástica de comezar o ano.

Into the Spider-Christmas
Seguimos expandindo o noso "Procastiverso"! O primeiro...Feliz Nadal! Imos aquí coa "análise entusiástica" do visionado de Spiderman No Way Home (como bos frikis fomos en vose). A película do momento. Nós somos como nos cadra, ás veces coa actualidade e ás veces non. Tamén neste episodio presentamos o noso Patreon, xa oficialmente aberto. Tendes motivos varios para escoitarnos. Este ano ou o seguinte! Feliz 2022!

Un debuxante chamado Tartakovsky
Presentámosvos a unha desas persoas que está detrás dos productos de animación. Esa xente na sombra, pero da que coñecemos con ou sen querer as súas series porque pasan a formar parte da cultura popular. De orixes rusas pero moita vida en Estados Unidos, un talento chamado Genndy. Un placer descubrírvolo ou profundizar na súa figura con vós!

Murakami Blues
Desta volta vai de literatura! Invitámosvos a unha viaxe polos mundos de H.Murakami. De paso tamén nos deu por divagar por máis lugares. Oriente inspira, e tirarnos de lingüa non che é difícil. Temos curiosidades, filosofía variada e palabras dun mestre. Non tendes mellor plan. Ou si, pero non tan variado.

Pensando a Hannah Arendt
Neste, o noso podcast, non só perdemos o tempo...tamén nos gusta reivindicar figuras relevantes. O'Pablo achéganos a figura de Hannah Arendt. Deunos para filosofar, coñecer...que procrastinar tamén da para pensar! E unha das figuras máis influíntes do século XX...é un gran motivo para aprender e charlar. Que poden ir xuntas da man! 😉

Especial: Procastimusics
Seguimos Procrastinando! Hoxe traemos un especial con músicas que nos marcaron na nosa vida...de diferentes formas xD. Igual é a nostalxia de que está cerca o Nadal! Non temos claro o motivo. Apetecíanos. Quen non ten músicas que lle foron importantes por algo? Existirá esa persoa? 😉

Elemental, querido Conan
Desta vez Procastinamos algo menos! É que pasamos a falar de S.Holmes e investigar da moito traballiño…o noso Pablo cóntanos detalles e curiosidades do rastreador más famoso da literatura. Acompañádenos na procura! Todo detalle será benvido para a análise do caso.

Dereitos Torcidos
Seguimos Procastinando! Neste caso O'Roi tráenos o polémico tema do dereitos de autor. Para quecer motores falamos antes dos trocos na lista das mellores cancións da historia da revista Rolling Stone. Moita música e charlas procastinadoras ;)

Estudo de Caso: Scenes from a marriage
Chega un novo formato a Procastination! Os Estudos de Caso. Poñemos a bata branca e collemos o bisturí. Analizamos Escenas de un matrimonio, miniserie de HBO. Debullade con nós!

Denis nas Dunas
Metémonos nas areas movedizas do Sci-fi! Aproveitamos o fenómeno Dune para facer unha pequena retrospectiva e reflexión do director Denis Villeneuve. Necesitábamos expresar a experiencia post pantalla grande. E comentar iso de si o canadiense é “comercial ou “artista”. Acompañádenos! E se é coa peli vista mellor! Procrastinar ocupa lugar.

Unha volta brava
Volve o baile e tamén a Procastinación! A República independente do Procastine. O caso é que estamos aquí de novo. Presentando novos contidos e cunha pequena charla informamente friki co amigo Alex Carro.

ProcastiNation - Love, Series & Procastinaters
Boa noite de San Xoán! Nós decidimos pechar a temporada charlando dunha das nosas series preferidas: Love & Death & Robots. Meigas e ciencia ficción. Somos de mesturas curiosas! Conversamos principalmente da segunda temporada. Grazas por acompañarnos! Volveremos en setembro!

ProcastiNation - Oscars, antioscars e antiheroes
Coa calor...Procastinar ocupa máis lugar!! Nós desta vez abrimos con debate interno Razzies-Oscars, e despois O’Roi vainos falar de Walter Hill e os antiheroes. Poñede crema para o sol!

ProcastiNation - Xeración Naomi Klein
Volven as nosas ensaladas! Esta semana con golfiños ci-fi, a canle xabarín e unha app curiosa (por non dicir algo máis). Na sección desta vez Lois nos fala de Naomi Klein, activista e xornalista, facendo un pequeno percorrido polos seus libros máis relevantes. Rematade Maio con nós! 22 xa…está claro que procastinar ocupa lugar.

ProcastiNation - Especial 🎬Cuñados🎬 con Araceli Gonda
Desta vez vai de familias!! Estivo con nós Araceli Gonda, guionista de Cuñados. Detrás dos focos tamèn hai estrelas! Parte do éxito dunha das pelis da tempada leva o seu bo facer. Falamos un pouco de todo, que aparte de escribir tamén hai que vivir