
ProcastiNation
By Bocachanclas Productions
Bocachanclas Productions somos uns amigos que falan... falan moito... incluso de máis. As veces metémonos en sumidoiros de opinión que normalmente levannos a botar unhas risas xuntos. Nunca se nos pasara pola cabeza publicar isto, pero se uns profesionais poden facelo... por que nós non?

ProcastiNationFeb 03, 2023

Chatbots: millóns de chimpancés aporreando teclados.
Hoxe, sexa cando sexa para ti, temos un episodio histórico. A vida antes das IAs e a vida despois. A.I.D.I. Roi, acosado a preguntas polos outros dous, ábrenos o camiño do coñecemento para o tema. Estaremos gobernados dentro de pouco de robots IA? Non, tentamos ir máis ó básico, para entender de onde sae este boom actual. Invitámosvos a viaxar con nós, e a mandar ó mail dúbidas que tentaremos respostar con bo e entusiástico cientifismo.

Upright: Unha road-serie máis dinámica que estirada
Desta rolda tócanos unha peza audiovisual australiana. Aquí non traballamos prexuízos fronteirizos. O’Lois, que tamén foi o máis procastinador da quincena, trouxo a debate este contido procedente de Filmin. Co cómico e músico Tim Minchin e Milly Alcock (coñecida por House of the dragon), Upright conta as aventuras de dous personaxes perdidos na vida (e nas carreteras australianas). Desta vez non metimos spoilers, imos aprendendo (que va, cadrou así). Disfrutade das nosas novas aventuras podcasteiras!

Especial Patróns: Series a Cara ou Cruz
Somos de contrastes, porque procastinar vai coa contradicción. Neste episodio aventuràmonos con dúas series ben diferentes. Una no eido da ciencia-ficción (Fundation) e a outra realista pero nunha realidade allea para case todos: os ricos e tensos líos familiares de Succesion. Da temporada última xa falaremos, aquí tratamos as tres anteriores. Debullamos, dibagamos, entusiasmámonos. Esas cousas nosas, xa sabedes.

O tiruliru dos heroes
Boas xente! Aquí seguimos, perdendo o tempo. Neste novo episodio, O’Pablo tráenos músicas. Por iso o tiruliru do título. Mais non calquera, melodías significativas asociadas ó “Camiño do heroe”. Campbell, John Williams…tendes moito que descubrir aquí. Para acompañar, o noso charloteo habitual…con ganas e despreocupacións claro, iso nunca falta. Cal é a vinculación entre os leiv motivs musicais dos personaxes e a narrativa dos filmes? Viaxade con nós!

Menudos Mimemas
Hoxe (sexa cando sexa para ti) traemos, da man de O’Roi, unha breve historia entusiástica dos memes. De onde saen? En que momento estamos nese sentido? Por suposto, comentamos tamén os nosos preferidos…certas divagacións coma sempre…”Procastimovidas”, disfrutando.

Especial Patróns: Ted Lasso e Os Nosos Discos
Estamos tan vagos (ou non tanto) que volvemos a recuperar contido do noso Patreon. Desta vez marcámonos un mix musical xuntando os extras de Ted Lasso e un percorrido polos nosos discos preferidos.

Tier List Ridley Scott
Segundo especial co querido Quique Lojo (2/2, de momento). Desta vez exploramos o mundo dun director máis asociado ó mundo comercial, que ten un percorrido fílmico moi variado. Tamén a nivel calidade. Debatimos, rimos, facemos o que nos gusta: perder o tempo pasándoo ben. E de paso soltar algunhas intelectualidades das que nos molan. Catro cabezas frikis dan pa moito, ou polo menos pa entreterse ben a gusto.

Tier List Tim Burton
Volvemos cos especiais. Vaia, a falar aínda máis. Uniuse a nós outro tolo, Quique Lojo, guionista e friki coma nós. Se che gusta este dibuxante-director-icono, este é o teu programa. Percorremos as películas máis puntuadas del, básicamente por non facer un programa de seis horas, que poderíamos, pero non é plan. Viaxade con nós a mundos imaxinarios oscuros pero entrañables á vez.

Homenaxe a Bill Withers
Hai figuras da música que non precisan selo, chégalles con estar. Formar parte. Por iso O´Lois tráenos unha viaxe pola vida deste músico estadounidense. Mais non só iso. Tamén temos varios debates dos que nos gustan e un concurso de versións, no que Pablo e Roi teñen que puntuar. Información, xogo e diversión. Procastinar é unha festa.

Unha familia pouco convencional: Os Adams
Entramos nun mundo misterioso e divertido. O’Pablo tráenos unha familia recoñecida que non segue as convecións sociais Os Adams. Como naceron? Cal foi o seu camiño ata o éxito de Mércores. Deunos moito pa falar. Fantasías e realidades polas que Procastinamos con moito gusto.

Misterios con Lupa
O'Roi tráenos un xogo. Falamos sobre canles de youtube que se adican a resolver películas, e sobretodo de misterios e pensamento lateral. Algo de O Xogo do Calamar...unha boa mestura entretida e entusiasta. Viaxade con nós, temos boas divagacións mais enfocadas e botamos unhas risas. Moito Procastinar para 2023! Non todo vai ser currar ou...

Especial Nadal: Cowboy Murakami

Tempos pasados si foron mellores
Hoxe toca unha viaxe no tempo. A non moi lonxe, a finais do século XX. Nas terras inglesas había unha xente tola á que lle deixaron experimentar. E saiu unha serie transgresora, precursora de moitas outras que podedes ver hoxe. É Spaced, e Pablo fálanos dela. E xa de paso falamos de outras tantas cousas xa que estamos. Procastinar ten sempre espazo nas nosas vidas.

Novas semánticas en tempos pesados
Imos xogar coas palabras. Como fixo Rodrigo Cortés, o noso querido amigo, no seu último libro: Verbolario. Facemos un pouco de spoiler do libro (pola pasta que nos paga o salmantino) e de paso aproveitamos para inventar un concurso. Lois fálanos sobre a última creación de Cortés e fai un acto de oportunismo querendo simular algo parecido. Se tendes intriga, a escoitalo. Non é xerundio, pero quedou moi ben.

Un debate inesperado para viaxar pola Terra Media (2ª parte)
O debate da pa moito. Desta vez máis e mellor. Súmase Iria Veiga, a contarnos a súa visión da polarizada resposta á serie de Amazon. Segue con nós Raquel BGes. Nesta ocasión profundizamos máis en Tolkien. Continuamos co misterio de Sauron, análise de diversos detalles e tamén as nosas expectativas de cara o futuro da serie. Que fai Amazon Studios coa serie máis cara da historia? Tentamos respostalo.

Un debate inesperado para viaxar pola Terra Media
Sentámonos a falar sobre Os Aneis de Poder cunha invitada de luxo: Raquel Besteiro Gestoso. Analizamos as tramas, debullamos a construcción dos personaxes. Iso si, mellor escoitar isto despois de ver a serie. Avisamos. Tamén o pasamos moi ben, non todo vai ser pensar. Esta é a primeira parte, na segunda crecerá a familia con Iria de Balea Vermella. Que tal foi a serie máis cara da historia? Descubrídeo con nós.

Entre partituras e fotogramas
O xogo chegou ó tempo da Procastinación! Roi tráenos unha sección da que adiviñar persoas que se moveron entre dous mundos, a risco de ser criticados/as. Antes charlamos de Frank Drake, detalles destes días perdendo o tempo...o de sempre pero aínda máis fresco. Sen vós non sería o mesmo.

Os paraugas sempre viñeron ben
Hai unha serie chamada Umbrella Academy, igual vos soa de algo. Pero...sae dun comic! Ao Lois déuselle por curiosear sobre isto coa excusa da non moi lonxana última temporada da serie. Seguimos contando o que procastinamos claro, se é o noso, pero neste caso coa excusa dos personaxes, as similtudes e diferencias entre os comis e a serie...entre outras curiosidades e charlas frikis. Non sei a que esperades para darlle ó play.

As peripecias de Tomb Rider
Perder o tempo xogando a algo...a quen non lle pasou? O Pablo está nostálxico e decidiu facer unha investigación da historia do videoxogo Tomb Raider. Antes, polo camiño, repasamos unha lista coas peores (e mellores, que as hai) adaptacións ao cine de xonos dos últimos anos. Coñeceremos de onde sae Lara Croft, e a súa evolución. Non é curioso e fascinante para perder un pouco o tempo? É.

Os fantásticos mundos de Neil Gaiman
Voltamos! Con moita forza e ideas frescas. Contamos as novas manías procastinadoras. O Roi tráenos unha viaxe por unha mente fascinante: percorremos con el as obras de Neil Gaiman: xornalista, escritor, dramaturgo, guionista...un tolo que nos encanta. Acompañádenos nesta "non volta" ó cole!

Que o Canon vos acompañe
Estamos tolos! Para pasar un bo rato de verán lanzámonos a facer unha clasificación do canon actual de Star Wars. Á nosa maneira claro. Seguramente o impulso da serie de Obi-Wan nos levou a revisitar...tomar unha cervexas e unha charla friki nunca sobra. Disfrutade do verán!

Love, death and vacacións!

Comics: viñetas e tinta!
Amig@s frikis!! Hoxe toca falar de comics, así en xeral. Cada un de nós trae recomendacións frescas para ler no verán. Penúltimo programa de tempada! Coa calor, boa viñeta se lle arriba. Algo así.

Moonknight: o Cabaleiro Branco
A nosa tríple personalidade procastinadora está aquí para presentarvos un tipo con carisma de manicomio. Deuses exipcios, algo de violencia (pero menos que nos comics) e o gran Oscar Isaac. Ingredientes tremendos para disfrutar e analizar…Moon Knight!!

Strange: into the Marvel multiverso
Boas amig@s da maxia escura! O marveliano Doutor Strange volve da man de Sam Raimi, e nós non poidamos perder esta ocasión para falar do asunto. Recén saídos do cine volcamos aquí as nosas reaccións. Non o perdades!

Succesion, xogos de poder
O que nos gusta a nós analizar unha gran serie, desta vez…Succession! Moitas cousas se moven nas altas esferas. Neste caso da familia Roy. Non o noso Roi, é o nome deles así. Cal é o éxito da serie? Descubride con nós!

Lasso e 11 máis
Benvid@s ó fútbol inglés! Este é o campo do ProcastiNation FC e hoxe ímosvos narrar o partido dunha serie fantástica de Apple TV+. Ted Lasso pasou a ser un fenómeno sorpresa, unha comedia fresca e entusiasta. E estamos aquí para debullala con vós. Procastinade a gusto!

Fundación Fatal
Amig@s da Ciencia-Ficción! Neste novo episodio lanzámonos a analizar a serie de Apple TV+ Fundation, inspirada no clásico da literatura escrito por Isaac Asimov en 1942. Un reto de adaptación coordinada por David S. Goyer. Disfrutamos moito Procastinando con esta gran aposta de Apple!

Xuízo a The Batman

Spielberg Side Story
Aquí en ProcastiNation somos moi de tender pontes. Desta vez, entre 1961 e 2021. Así, nada menos. Tamén entre Shakespeare e Spielberg. As bandas e o amor. O caso é pasalo ben falando de clásicos e…neoclásicos?

O Xogo de Matrix
Aquí podedes escoller a pastilla azul ou a vermella, aceptamos ambos sectores da sociedade. Aventurámonos a analizar este fenómeno audiovisual e cultural. É unha gran farsa? Unha obra de arte que marca un antes e un despois? Morfeo agarda as vosas escollas.

Welcome to the Bebop
Benvid@s xentes do procastineo ó ritmo do anime. Pablo nos trae a un coñecido cowboy, que nos leva a debatir tamén sobre esa gran polémica: os live action dos debuxos animados. Da para moito isto. Aventuras a golpe de jazz é unha forma fantástica de comezar o ano.

Into the Spider-Christmas
Seguimos expandindo o noso "Procastiverso"! O primeiro...Feliz Nadal! Imos aquí coa "análise entusiástica" do visionado de Spiderman No Way Home (como bos frikis fomos en vose). A película do momento. Nós somos como nos cadra, ás veces coa actualidade e ás veces non. Tamén neste episodio presentamos o noso Patreon, xa oficialmente aberto. Tendes motivos varios para escoitarnos. Este ano ou o seguinte! Feliz 2022!

Un debuxante chamado Tartakovsky
Presentámosvos a unha desas persoas que está detrás dos productos de animación. Esa xente na sombra, pero da que coñecemos con ou sen querer as súas series porque pasan a formar parte da cultura popular. De orixes rusas pero moita vida en Estados Unidos, un talento chamado Genndy. Un placer descubrírvolo ou profundizar na súa figura con vós!

Murakami Blues
Desta volta vai de literatura! Invitámosvos a unha viaxe polos mundos de H.Murakami. De paso tamén nos deu por divagar por máis lugares. Oriente inspira, e tirarnos de lingüa non che é difícil. Temos curiosidades, filosofía variada e palabras dun mestre. Non tendes mellor plan. Ou si, pero non tan variado.

Pensando a Hannah Arendt
Neste, o noso podcast, non só perdemos o tempo...tamén nos gusta reivindicar figuras relevantes. O'Pablo achéganos a figura de Hannah Arendt. Deunos para filosofar, coñecer...que procrastinar tamén da para pensar! E unha das figuras máis influíntes do século XX...é un gran motivo para aprender e charlar. Que poden ir xuntas da man! 😉

Especial: Procastimusics
Seguimos Procrastinando! Hoxe traemos un especial con músicas que nos marcaron na nosa vida...de diferentes formas xD. Igual é a nostalxia de que está cerca o Nadal! Non temos claro o motivo. Apetecíanos. Quen non ten músicas que lle foron importantes por algo? Existirá esa persoa? 😉

Elemental, querido Conan
Desta vez Procastinamos algo menos! É que pasamos a falar de S.Holmes e investigar da moito traballiño…o noso Pablo cóntanos detalles e curiosidades do rastreador más famoso da literatura. Acompañádenos na procura! Todo detalle será benvido para a análise do caso.

Dereitos Torcidos
Seguimos Procastinando! Neste caso O'Roi tráenos o polémico tema do dereitos de autor. Para quecer motores falamos antes dos trocos na lista das mellores cancións da historia da revista Rolling Stone. Moita música e charlas procastinadoras ;)

Estudo de Caso: Scenes from a marriage
Chega un novo formato a Procastination! Os Estudos de Caso. Poñemos a bata branca e collemos o bisturí. Analizamos Escenas de un matrimonio, miniserie de HBO. Debullade con nós!

Denis nas Dunas
Metémonos nas areas movedizas do Sci-fi! Aproveitamos o fenómeno Dune para facer unha pequena retrospectiva e reflexión do director Denis Villeneuve. Necesitábamos expresar a experiencia post pantalla grande. E comentar iso de si o canadiense é “comercial ou “artista”. Acompañádenos! E se é coa peli vista mellor! Procrastinar ocupa lugar.

Unha volta brava
Volve o baile e tamén a Procastinación! A República independente do Procastine. O caso é que estamos aquí de novo. Presentando novos contidos e cunha pequena charla informamente friki co amigo Alex Carro.

ProcastiNation - Love, Series & Procastinaters
Boa noite de San Xoán! Nós decidimos pechar a temporada charlando dunha das nosas series preferidas: Love & Death & Robots. Meigas e ciencia ficción. Somos de mesturas curiosas! Conversamos principalmente da segunda temporada. Grazas por acompañarnos! Volveremos en setembro!

ProcastiNation - Oscars, antioscars e antiheroes
Coa calor...Procastinar ocupa máis lugar!! Nós desta vez abrimos con debate interno Razzies-Oscars, e despois O’Roi vainos falar de Walter Hill e os antiheroes. Poñede crema para o sol!

ProcastiNation - Xeración Naomi Klein
Volven as nosas ensaladas! Esta semana con golfiños ci-fi, a canle xabarín e unha app curiosa (por non dicir algo máis). Na sección desta vez Lois nos fala de Naomi Klein, activista e xornalista, facendo un pequeno percorrido polos seus libros máis relevantes. Rematade Maio con nós! 22 xa…está claro que procastinar ocupa lugar.

ProcastiNation - Especial 🎬Cuñados🎬 con Araceli Gonda
Desta vez vai de familias!! Estivo con nós Araceli Gonda, guionista de Cuñados. Detrás dos focos tamèn hai estrelas! Parte do éxito dunha das pelis da tempada leva o seu bo facer. Falamos un pouco de todo, que aparte de escribir tamén hai que vivir

ProcastiNation - Xela e as Lobas que se fan oír

ProcastiNation - Falcon and the Winter Carro
Unha xente denominada como Disney rematou serie nova. E nós debatimos sobre os pros/contras e temáticas de Falcon and the winter soldier. No final o título cambiou. O que non muda é o noso experto nestas temáticas, don Alejandro Carro. Non poñades o escudo coas estrelas e unirse ó conto con nós.

ProcastiNation - De illas e churrascadas con Melania Cruz
A nosa querida Melania Cruz visitou a sede central de Procastination. Tomamos froita, confesámonos, rimos, debatimos...e todo coa excusa de falar de Ons. Que ben se está cando se está ben ;)

ProcastiNation - Vamos de bares
Procrastinar non aburre! Desta vez falamos de traballos do futuro, de Leo e os coches eléctricos e de expresións con china que nada teñen que ver coa pandemia. Lois falaranos dunha obra de actualidade en Santiago, que protagoniza o noso invitado de luxo: Francesco Carril. Escoitade que non contaxia e cumpre todas as medidas legais!!

ProcastiNation - Os 5 de Blyton
Volven as ensaladas! Porque na primavera hai que coller tipo para o verán. Por iso traemos temas frescos: algo de momias exipcias, astrofísica e fútbol...e a Liga da Xustiza de Snyder. O noso Pablo fálanos dunha das autoras que lle marcou a infancia Enid Blyton.

ProcastiNation - Especial Dia do 🎭Teatro🎭: Fariña
Hoxe é o Día Mundial do Teatro!! E nós celebrámolo cun programa moi especial, falando do espectáculo de Fariña e do seu fenómeno. Fixemos un vermú con María Vázquez, Cris Iglesias e Carlos Blanco. Pasámolo moi ben ;)

ProcastiNation - Especial TierList: Christopher Nolan
Había unha vez un rapaz ó que lle gustaba (seguramente por tradición familiar) xogar a facer puzzles. Este neno chamábase (e agora tamén) Christopher Nolan. O tema é que agora moitas e moitos temos certa atracción en resolver estes enigmas. Vaia…que fixemos unha Tier List de pelis del! E pasámolo moi ben e todo. A ver que vos parece!

ProcastiNation - Especial: WandaVision
Procrastinar tamén sabe ir á moda. Algo máis tarde que os youtubers claro, hai que ser coherentes co noso. Volve con nós o grande Alejandro Carro, para evitar que os frikis nos tachen de incultos do MCU. Vaia...que review de Wandavisión! Con spoilers of course! (Procastination non se responsabiliza dos efectos secundarios de escoitarnos)

ProcastiNation - Especial Golden Globes 2021 Peliculas
Como o noso é Procrastinar… o seu é trasnoitar! Vaia, que analizamos os Globos de Ouro. Con quiniela incluída, arriscando con todas as da ley. O moito que nos justa a nós unha boa serie a unha boa película. Acompañádenos se vos apetece! Poñemos alfombra vermella virtual tamén… e palomitas claro.

ProcastiNation - Especial Golden Globes 2021 Series
Como o noso é Procrastinar… o seu é trasnoitar! Vaia, que analizamos os Globos de Ouro. Con quiniela incluída, arriscando con todas as da ley. O moito que nos justa a nós unha boa serie a unha boa película. Acompañádenos se vos apetece! Poñemos alfombra vermella virtual tamén… e palomitas claro.

Sección - Jean Seberg e as Panteiras Negras
Jean Seberg, nada en Marshalltown, Iowa o 13 de novembro de 1938 e finada en París o 30 de agosto de 1979, foi unha actriz estadounidense, lembrada pola súa participación en numerosos filmes como Saint Joan (1957), Bos días tristeza (1958), O final da escapada (1960) e Lilith (1964).
Seberg faleceu aos 40 anos en París, vítima dunha sobredose de barbitúricos; a policía determinou que a actriz se suicidou. Seberg tamén é coñecida por ser unha vítima do Programa de Contraintelixencia do FBI, como unha represalia polo seu apoio a distintos grupos de dereitos civís durante a década de 1960.

A elegancia de Seberg frente ás malas educacións e primitivismos polémicos
Dende a República de Procanistán seguimos comunicando! Desta vez comentamos de "Os Best insultos in España" (por comunidades), un tema delicado chamado canibalismo...e Pablo poñerá algo de sentido común falando de Jean Seberg. Acudide! Aquí dentro non hai pandemias, só algunhas tolemias.

Sección - The Queen's Gambit
The Queen's Gambit é unha historia ficticia baseada na vida dunha rapaza orfa e prodixio do xadrez, Beth Harmon (Anya Taylor-Joy). A serie céntrase na súa evolución para converterse na mellor xogadora de xadrez do mundo, superando problemas con dependencia de menciñas e alcohol. A historia comeza a mediados da década de 1950 e continua durante a década de 1960.

O axedrez é a nova droga
Procrastinar... se é para xogar ao axedrez, parece menos procrastinar. Roi quixo falar de Gambito de dama, por se quedaba alguén por vela. Falamos do "baratismo" de McDonald's, a financiación de Okdiario (coa colaboración dun gran especialista) e movidas apocalípticas...coa excusa dun asteroide que pasará (disque) perto de nós. Acompañádenos!

Sección - Patría / Antidisturbios
Sección de Lois do episodio PN08 adicado as series Patria e Antidisturbios.
Patria é unha serie de televisión española de 2020 producida por Alea Media para HBO Europa, coa participación de HBO Latinoamérica. A serie está baseada na novela homónima de Fernando Aramburu. Creada e escrita por Aitor Gabilondo, a serie conta a historia de dúas mulleres que adoitaban ser amigas achegadas e que se enemistan cando o marido dunha delas é asasinado por ETA.
Antidisturbios é unha miniserie española de televisión por suscripción, enmarcada nos xéneros de drama policíaco e thriller, creada e coescrita por Isabel Peña e Rodrigo Sorogoyen para Movistar+.

Anuarios, aniversarios e moito papel hixiénico
Procrastinar procrastinarei...o viño de clarear....esta semana temos: análise de marcas de papel hixiénico. Clave para as vosas vidas. Sopramos as pelas con wikipedia, lembraremos unha figura clave de dobraxe galega...e Lois traerá dúas series que igual vos soan: Patria e Antidisturbios.

Sección - Stieg Larsson
Sección de Pablo do episodio PN07 adicado a Stieg Larsson.
Karl Stig-Erland Larsson, coñecido coma Stieg Larsson, nado en Skelleftehamn, Condado de Västerbotten, o 15 de agosto de 1954 e finado en Estocolmo o 9 de novembro de 2004, foi un xornalista e escritor sueco. Acadou sona internacional trala súa morte, coa publicación da súa triloxía de novelas policíacas Millenium, composta polos seguintes títulos: Män som hatar kvinnor (Os homes que odiaban as mulleres), Flickan som lekte med elden (A rapaza que xogaba con lume) e Luftslottet som sprängdes (O castelo de aire que foi voado).

ProcastiNation - Stieg Larsson non se tería ido a Andorra

ProcastiNation - Especial O Charco de Ulises
Procrastinamos tamén coa cultura galega! Estiveron con nós Marián Bañobre e Santi Cortegoso, de Ibuprofeno Teatro. Capitanean tamén a primeira montaxe da nova etapa do CDG (Centro Dramàtico Galego). Charlamos de O Charco e Ulises...e moito máis!!

ProcastiNation - Especial The Mandalorian
Fai moito, moito tempo, unha galaxia moi lonxana conquistou o corazón de moita xente. Súmase un novo procastinador neste novo episodio, o señor Alejandro Carro...ou “Carropedia” para os amigos. Analizamos a segunda temporada de The Mandalorian! Acompañádenos de man da forza ó noso templo máis tolo que dogmàtico.

Sección - James "The Amazing" Randi
Sección de Roi do episodio PN04 adicado a James Randi.
Randall James Hamilton Zwinge, nado en Toronto o 7 de agosto de 1928 e finado en 2020, foi un mago, escéptico, e declarado inimigo da parapsicoloxía canadense, máis coñecido como James "O Asombroso" Randi (The Amazing Randi).
Acadou sona polo Desafío paranormal do millón de dólares, polo que a Fundación Educativa James Randi dará ese premio a calquera capaz de demostrar calquera tipo de poderes paranormais, sobrenaturais ou ocultos baixo condicións de proba acordadas por ámbalas dúas partes.

ProcastiNation - James Randi e as especulacións cotiáns
Seguimos procastinando! Desta vez mergullámonos entre especulacións, tanto misteriosas como económicas…a auga entrando en Bolsa. Tamén nos deu tempo (o bo que ten perdelo!) para descubrir un novo Forrest Gump…italiano!. Roi tráenos na súa sección a un mago (e científico) que atacou magufos (entre outras cousas), o gran James Randi. Agardamos que vos guste!

ProcastiNation - Especial Nadal: Marvel e Star Wars
Disney toleou! E trouxo un montón de novas en forma de proxectos. Por iso nós, O'Lois + O’Pablo + O’Roi, viñemos comentar Marvel e Star Wars en forma de regalo de Nadal para vós. Desfrutade con precaución! Tampouco collades fartura de Disney +.

Sección - Normal People / Explota Explota
Sección Don Lois do episodio PN02
Normal People é unha serie (poderiamos dicir "de autora"), que percorre a historia de amor entre dous rapaces o longo de varios anos. Baseada na novela homónima, adaptada pola propia autora, Sally Rooney.
Explota Explota baséase na música de Rafaela Carrá para contarnos a liberación sexual que se produciu na televisión pública española nos anos 70. Protagonizada por Ingrid García-Johnson, busca facernos bailar.

ProcastiNation - Constitucións e Amores de hoxe
Hoxe Procrastinamos con:
Ayuso e o seu pelo. Constitucións virxinais ou tocables As persoas cultas tamén follan Contrastes entre Normal People e Explota Explota!
ProcastiNation - Té con Gotas - The Crown e Brexit: The Uncivil War
Comezamos a iniciativa #VémonosNosPodcasts e temos invitamos de honra: os compañeiros de Té con Gotas. Xunto con Miguel e Duarte falamos da última temporada de The Crown e da pélicula Brexit: The Uncivil War, tiñamos ganas de ver que lles parece a estes especialistas da actualidade política británica sobre ambas produccións... e como non, deixar a conversa rodar e evolucionar por conta propia.

Bocachanclas Dezasete - Connery, Sean Connery con Antonio Mourelos
Eran un, dous e tres os famosos Bocachanclas... 🎼 e hoxe temos un invitado de excepción: Antonio Mourelos (@AntonioMourelos), co que repasamos a obra dunha das figuras fundamentais do cine frente a cámara: Sean Connery. O actor escocés que deixou para o recordo múltiples películas e aínda máis memorables personaxes.

Bocachanclas Dezaseis - Sensible Spielberg
Levamos uns dias complicados, tivemos que beber moita auga para repoñer tanta bágoa derramada. Os Bocachanclas volvemos á carga para revisar a outra cara de Spielberg, o Spielberg intenso, comprometido e sen concesións. Nesta remesa de películas pouco discutimos, é unha categorización incontestable... cunha imperiosa sorpresa :)
Tier List Sensible Spielberg

Bocachanclas Quince - Spielberg Yourself
Volvemos! Ca temporada 2! Renovamos o contrato!
E volvemos humildes e tratando temas da nosa altura (e catadura moral). Imos darlle unhas voltas as pelis reventa taquillas de Spielberg, algo sinxelo dun director único na historia do cine. Benvido Rei Midas de Hollywood, imos a polo tier list.

Bocachanclas Catorce - Tarantarino de terrazas
Toca tamén final de temporada, e como tal temos que falar dun tema á nosa altura: Quentin Tarantino, "Tarantarino" para os amigos. Desgranamos a sua filmografia con democráticos resultados.

Bocachanclas Trece - De contradiccións, Euclides e xoias escondidas
Seguimos a investigar que pasa no medio dos programas, que cando paramos parece que nos interveñen a emisión e mentennos cousas raras.

Bocachanclas Doce - Anarquistas, Detectives e Mascaras a xogo

Bocachanclas Once - Mazás Grandes e Voces pequenas
Nesta semana falamos dun grande do Cine a tráves dunha das suas películas máis detestadas (por el mesmo, nos non)... e logo tocou improvisación cun tema que toca un pouco a vena nostalxica e a conexión emocional que temos coas voces.

Bocachanclas Dez - D'a-lfomrbras referentes
Pablo e Roi, metense en camisa de once varas misturando Disney, alfombras, series de culto e a necesidade de meta referenciarse.

Bocachanclas Mu - Xeneros, Youtubers e Historietistas

Bocachanclas RHO - Novelle Vague, Introduccións e Provocacións
Coma sempre, con nolos tres, podemos saber por onde comezamos pero nunca en que lugar rematamos.

Bocachanclas G - Pureza, vellas glorias e bucles
Pero antes e coma ven sendo habitual seguimos coas nosas recomendacións eclecticas de contidos. Animacón, sociedades antiguas e modernas e directores de culto entre outras... non volo perdades

Bocachanclas h-barra - De princesas, tempos oscuros e bebop

Bocachanclas PHI - De mitos e series
Por outra banda seguimos a recomendarnos cousas que ver mentres estamos en casa... series filosóficas, distopias brasileiras e comedias gamberras!

Bocachanclas PI - Enfant Terribles, Actrices Mudas e Muscais motorizados
Hoxe falamosvos de enfants terribles do Cine, actrices olvidadas que traballabarón con señores con bigote e musicais sen persoas que bailan sen razón.

Bocachanclas e - Star Wars, JJ e a Independencia
Estamos coma sempre en profundo desacordo pero seguimos a soltar o primeiro que se nos pasa pola cabeza dos temas máis intrascendentes e prescindibles... pero que ben senta!

Bocachanclas e'Preview

Bocachanclas i - Watchmen, Lindelof e as expectativas
Lois, Pablo e Roi seguen as suas aventuras de quedadas e charlas semi-sesudas sobre o que lle peta no momento.

Bocachanclas 0 - Scorsese, MCU e a luz dos focos
Desfrutade da nosa non solicitada opinión sobre esta non-polémica que ven dun dos directores máis coñecidos e respectados.