Skip to main content
Spotify for Podcasters
Café Derby 21

Café Derby 21

By Café Derby 21

Unha sobremesa cultural e lixeira onde todo cabe. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza e no noso perfil de Twitter e Instagram: @cafederby21 ✌️
Available on
Apple Podcasts Logo
Google Podcasts Logo
Overcast Logo
Pocket Casts Logo
RadioPublic Logo
Spotify Logo
Currently playing episode

🧍O HUMANO🧍 con Lucía Estévez e Miguel Canalejo - PROGRAMA ESPECIAL FICBUEU

Café Derby 21Sep 17, 2023

00:00
54:54
😭A TRISTEZA😭 con David Fidalgo

😭A TRISTEZA😭 con David Fidalgo

Nov 23, 202301:06:30
👏O RITMO👏 con Mondra
Nov 23, 202357:38
⌛PASAR O TEMPO⌛ con Berta Dávila
Nov 23, 202301:00:39
🧍O HUMANO🧍 con Lucía Estévez e Miguel Canalejo - PROGRAMA ESPECIAL FICBUEU

🧍O HUMANO🧍 con Lucía Estévez e Miguel Canalejo - PROGRAMA ESPECIAL FICBUEU

Para acurtar a espera ata que volvamos de vacacións de verán, lanzamos este programa especial feito en directo desde o FICBUEU cos cineastas Lucía Estévez e Miguel Canalejo, participantes na sección GZ_00 coas súas curtas O Neno Sardiña e O Coidado.

En compañía, falamos sobre unha cuestión que atravesaba todos os traballos seleccionados como representantes do talento galego: 🧍O HUMANO🧍

Volvemos en nada! 💚

·

Podes atoparnos en ⁠Vinte na Praza⁠, no noso perfil de Twitter ⁠@cafederby21⁠ e en ⁠Instagram⁠ ✌️

·

Co apoio do FICBUEU e o traballo de edición de Xoán Bregua💚

Sep 17, 202354:54
✅OS FINAIS✅ con Ana Pontón

✅OS FINAIS✅ con Ana Pontón

Os tempos son chegados e como avisamos semanas atrás, a terceira temporada do Café Derby 21 chega ao seu fin. Como non podía ser doutro xeito epara estar á altura dun ano tan tolo como 2023, deixamos un programa histórico para a memoria e como peche perfecto a tantas semanas mantendo o nivel. Por iso, desprazámonos ata o Parlamento de Galicia para falar dos ✅FINAIS✅ con... Ana Pontón!

Aproveitando o final da campaña electoral para as municipais e o fin da nosa terceira temporada, falamos con Ana Pontón sobre como facer para relaxarnos logo do estrés acumulado, como é a sensación de rematar un proxecto importante para unha mesma ou sobre o fin do anonimato e ser unha persoa pública, Tamén botamos a vista atrás para lembrarnos dos finais de curso escolar, dos bailes de fin de curso, da chegada do verán e de como iso cambia cando eres universitario, que o fin de curso pode ser en setembro ou xullo polas recuperacións.

E para rematar, parolamos e fantaseamos con Ana Pontón sobre como sería o noso último día na Terra no caso de chegar a fin do mundo, ou sobre como rematar ben un día que foi perfecto. Ademais, recollemos algún momentos chamados Fin de la cita, en homenaxe a Mariano Rajoy e o seu gazapo icónico e algúns finais de películas que nos deixaron do revés. En resumo, este é o fin da terceira temporada do Café Derby 21, desde o Parlamento de Galicia. Quen contaba? Unha aperta e grazas por estas semanas de cariño e apoio💚

·

Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️

·

Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚

Jun 28, 202358:22
🗓️A RUTINA🗓️ con Sara Seco
Jun 03, 202301:00:05
🚌A DISTANCIA🚌 con Yolanda Castaño
May 17, 202301:04:21
1️⃣PRIMEIRAS VECES1️⃣ con Carlangas
May 03, 202301:03:04
😊OS SENTIMENTOS😊 con Ismael Ramos
Apr 19, 202301:08:57
💪A MATRIA💪 con María Vázquez, Álvaro Gago e Susana Sampedro
Apr 05, 202347:10
🍴A SOBREMESA🍴 con Jorge Guitián

🍴A SOBREMESA🍴 con Jorge Guitián

Este programa é especial, único na súa especie! Collemos o coche a arrincamos en ruta pola provincia da Coruña para facer o que máis nos gusta: comer e falar. Para esta reportaxe sonora e dialogada, sentamos no Coffee Mori co crítico gastrónomico, escritor e historiador da arte, Jorge Guitián, para parolar arredor do concepto da 🍴SOBREMESA🍴 e gastronomía. Para acompañar a conversa, eliximos 3 doces típicos da provincia da Coruña que vertebran o que argumentamos ao longo do programa:


·Os melindres da Estilo (@doceriaestilo) ·A larpereira de Lorbé (@panaderia_lorbe) ·As maruxas de nata (@maruxasdenata)


Xunto ao experto na materia, repasamos cuestións arredor da repostería, o doce, os biscoitos, a tradición, o papel histórico e fundamental da muller na gastronomía, o factor xeracional, a sobremesa como cultura e moitos máis temas. Todo acompañado por un delicioso café de selección e estes selectos productos!


Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️

·

Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo incansable da nosa técnica, Katia Lodeiro 💚

Vinte en Ruta faise coa colaboración de Turismo da Deputación da Coruña.

Mar 22, 202301:08:01
💝A AMIZADE💝 con Aldaolado
Mar 08, 202301:07:10
💅AS DIVAS💅 con Hydn
Feb 22, 202301:00:13
🎵A MÚSICA🎵 con Rodri Míguez
Feb 10, 202301:05:34
👹AS BESTAS👹 con Diego Anido
Jan 25, 202359:06
✨A FANTASÍA✨ con Alberto Vázquez
Jan 11, 202301:01:59
⚡O ROMPEDOR⚡ con Lúa Mosquetera e Anxela Baltar de BALA
Dec 28, 202257:28
🎉A FESTA🎉 con Fran P. Lorenzo
Dec 14, 202259:32
🔮O SOBRENATURAL🔮 con Tamar Novas
Nov 30, 202239:59
🐣A FAMILIA🐣 con Alicia Pena
Nov 02, 202201:07:00
🕊️A LIBERDADE🕊️ con Clara Roquet e Carla Andrade
Oct 19, 202248:58
😈A INIMIZADE😈, con Lucía Estévez e Miguel Canalejo
Oct 05, 202259:06
Patri e Veva, mulleres creativas e os colares de neta e avoa

Patri e Veva, mulleres creativas e os colares de neta e avoa

Nesta nova onda de atender á tradición pódese caer no risco de esquecer a historia máis aló do estético e do artístico. Sen o trasfondo humano de quen crea non hai renovación posible. Por iso esta semana achegámonos ao oficio tradicional das colareiras dun xeito especial.

En riguroso directo desde o auditorio do Grove e como parte do festival Mulleres Creativas 2022 do colectivo Grovemakers, Café Derby 21 recibe á súa convidada máis lonxeva ata a data: a colareira octoxenaria e estrela de TikTok Veva, e tamén á súa neta e compañeira de aventuras Patri B. Dopazo, comunicadora e colareira.

Xunto a elas falamos do seu oficio, de como se realiza e as súas orixes, de clandestinidade e resistencia, de turismo, de memoria histórica, dos materiais para facer colares. Tamén parolamos de achegarse ás redes para divulgar, das megaindustrias que devoran a tradición e quedou tempo para algunha que outra cantiga.

Jun 22, 202201:05:38
Alba Doval, os non lugares e ir de "resort"

Alba Doval, os non lugares e ir de "resort"

En cantas casas fixeche vida? Digamos, cantas habitache? Transformáronse en fogares? Foron espazos de dor e trauma ou de felicidade? As casas, como concepto, son un conxunto de valores e significados no que conviven as familias, os medos, os caseiros e os demos no corredor a escuras.

Sobre a importancia dos fogares e lugares vitais parolamos coa poeta e tradutora Alba Doval, que vén de publicar o poemario Unidade, no que reflexiona arredor dos non lugares e os espazos que vertebran a nosa vida para ben e para mal.

Tamén falamos sobre as primeiras veces, a existencia ou non das vacacións, dos pisos universitarios, que tipo de viaxes e turismo nos gustan máis, de voltar ao fogar dos pais ou dun edificio de Le Corbusier en Marsella. 

Jun 15, 202256:30
Meiga-i, transformismo e cosmopaletas

Meiga-i, transformismo e cosmopaletas

As fantasías son sinónimos dos soños, do que resulta difícil ou imposible de cumplir por diferentes motivos. Pertencen, por tanto, ao universo da imaxinación e do mitolóxico. Dan resposta a preguntas e necesidades internas e inherentes ao ser humano. Aínda que hai outro tipo de fantasía, unha máis de cotío, que se representa sobre escenarios e que abre mundos de brillo nas pesadas rutinas: o transformismo, o mundo drag.

Para achegarnos a este universo complexo e difícil de catalogar contamos cunha académica da súa arte: a drag pandereteira Meiga-i. Xunto a ela repasamos a súa propia orixe e vida, pero tamén os significados das identidades, o que significa esa arte e oficio, a precariedade do sector ou a súa función de entretemento e diversidade.

Parolamos a maiores de como aproximarse ao transformismo desde a galeguidade, do paradigma de concursos como Drag Race que fomenta espazos e novas artistas pero que atenta contra formas disidentes, de cabaret e teatro, do mes do Orgullo e de como se atopa Galicia e as súas drags en pleno ano 2022. 

Jun 08, 202259:02
Gabri Fuentes, FOMO e a necroporra de Isabel II

Gabri Fuentes, FOMO e a necroporra de Isabel II

Din que a vida poder mudar nun só segundo, que toma iso e menos para que todo vaia a mellor ou peor. Nos tempos actuais de atención limitada os segundos costan como o ouro e canto máis se acumulan, máis valor collen. Son moitos os formatos no que o tempo toma parte: da eternidade dun cadro aos 15 segundos dun TikTok. Pero na adaptación está o secreto, por iso moitos medios de comunicación están comprimindo os seus contidos e noticias a un minuto ou menos.

Esta semana falamos con Gabri Fuentes, xornalista e moito máis, cara visible das noticias exprés na TVG. Xunto a el falamos de texto curtos, de titulares rechamantes, de informar a través de TikTok ou da atención que prestamos ás cousas.

Tamén parolamos do FOMO (Ter medo a quedar fóra da conversa), de borrarse as redes sociais, do exceso de información, de desconexión e felicidade. Tivemos tempo para afondar no tema da dobraxe audiovisual en galego, do catálogo de Netflix, da Patrulla Canina e demais.

Jun 03, 202259:52
Xosé A. Touriñán, viaxar para comer e as marionetas perdidas

Xosé A. Touriñán, viaxar para comer e as marionetas perdidas

Case poderíase afirmar que hai algo común a todas as persoas: o gusto polo bo comer. E do mesmo xeito afirmaríase que nalgún momento todo ser humano se cruzou cun documental ou programa de viaxes que amosaba outra cara dun lugar, outros monumentos para visitar. E no punto medio de ambas cuestións atópanse eses formatos que combinan ambas realidades: o viaxar para comer.

Sobre isto falamos esta semana co actor e cómico Xosé A. Touriñán, que vén de presentar a segunda temporada de Rutas Bizarras xunto a Marta Hazas, programa no que amosan lugares menos coñecidos e tamén se dan homenaxes culinarias.

Tamén parolamos con el de acentos, de falar castelán para traballar, de Fariña, de Catro Gatos e facer humor doutro xeito, de onde queda o humor hoxe en día e dunhas marionetas con rostro político que se perderon hai tempo.

May 25, 202257:23
Helena Girón e Samuel Delgado, Eles transportan a morte e a cabeza de Colón

Helena Girón e Samuel Delgado, Eles transportan a morte e a cabeza de Colón

Hai episodios da Historia que deliberadamente permanecen agochados baixo as grandes narrativas que vertebran o pasado de persoas, países e sociedades. Unha data fundamenta nos libros desa materia na escola é 1492, fin de ciclo e apertura a un Novo Mundo para o Vello Continente. Pero tanto antes como despois de chegar a América, houbo probas, ensaios e réplicas de como facer conquistas en lugares como Canarias, que viviu a súa propia colonización.

Este episodio recupérase de xeito lixeiro no galardoado filme Eles transportan a morte, dos cineastas Helena Girón e Samuel Delgado, convidados desta semana que falan desa conexión interna e externa na pantalla entre Galicia e as Illas Canarias a través dos camiños persoais, de meigas e curandeiras ou de guachinches e furanchos.

Con este filme foron capaces de chegar ata o festival de Venecia, San Sebastían ou Rotterdam, e desa experiencia tamén aproveitaron para falar no programa, aínda que o escenario máis importante para eles fose o do Curtocircuíto.

Xunto a este par de cineastas parolamos sobre Cristóbal Colón e as consecuencias presentes daquela expedición que cambiou o rumbo da Historia, de colonialismo, de facer cinema poético e intercalalo coas novidades de Marvel ou de non subestimar a intelixencia do público.

May 18, 202255:10
Bernardo Pajares, Arte Compacto e o retrato de Chayanne

Bernardo Pajares, Arte Compacto e o retrato de Chayanne

Que agocha o sorriso de Mona Lisa? Non temos nin idea, aínda que si sabemos o moito que a arte pode intrigar e espertar no seu público. Todo isto pese a que en ocasións carecemos de ferramentas ou coñecementos para comprender a simboloxía ou trascendencia dunha obra. Se temos sorte e tempo, pode ser que na sala do museo no que nos atopemos alguén se apiade e nos explique aquilo que descoñecemos.

Durante uns anos Bernardo Pajares, o convidado desta semana, gardou con mimo a seguridade de obras penduradas no Museo del Prado. Logo decidiu que debía facer máis e comunicar, falar desas obras e das outras pinacotecas que visitaba. Así xurdiu o podcast Arte Compacto, un referente que  tamén se pode escoitar en Radio Nacional, ao que tempo despois se uniu Juanra Sanz, compañeiro de vida.

Xunto a Bernardo falamos sobre a mocidade e os museos, como é contar arte a quen non a está vendo, sobre a importancia da representación na arte e de dar contexto actual a historias do pasado ou sobre o factor político da arte.

May 11, 202201:04:02
Lucía Regueiro, telerrealidade e os xemelgos das reformas

Lucía Regueiro, telerrealidade e os xemelgos das reformas

Hai cousas que sintes ou pensas pero que non comentas en alto para non quedar como ególatra, pero unha das máis raras e que todas as persoas (aínda que o neguen) matinaron é se nos están gravando, se ese oco na parede é unha cámara. Se esta vida, este momento, é entretemento para outra xente, quizais marcianos, que nos observan como un espectácul, unha serie. De feito, moitxs de nós bromeamos coas «temporadas da nosa vida», na que chega e vaise xente como unha personaxe e as cousas son xiros argumentais.

Isto xa existe na nosa vida e chámase telerrealidade, adopta diferentes formato e bate récords de audiencia. Sobre isto falamos coa presentadora e actriz Lucía Regueiro, que vén de estrearse con A Sariña busca pretendentes. Con ela reflexionamos sobre a veracidade dos feitos, o posible guión e as tripas da televisión.

Tamén parolamos de como coordinar vida e familia, iso que lle din conciliación, de como ela puido facelo logo de dar a luz, de ser presentadora en Galicia, do espazo feminino perdido nas pantallas e concursos ou sobre os formatos de preguntas e charla culturais.

May 04, 202201:05:37
Tamara Pazos, Neurociencia e criar células como fillas

Tamara Pazos, Neurociencia e criar células como fillas

Vvivimos toda vida acompañadxs por un gran descoñecido. Vai con nós a todas partes, pasando desapercibido, sen que salten as nosas alarmas. Está, de feito, dentro de nós e non no sentido espiritual. Falamos do cerebro, esa máquina perfecta que segur sendo un misterio. Esta semana a divulgadora científica Tamara Pazos (coñecida como Putament_) achegános algún dato curioso sobre o órgano máis importante do corpo e reflexionamos sobre hábitos que mellorarían a nosa saúde, pero imposibles de realizar.

Tamén parolamos sobre a saúde mental pero non desde a óptica habitual, senón analizando se se está indo polo camiño adecuado e non estaremos nunha fase de sobreinformación, mensaxes baleiras e tendencia á patoloxía ou tratamento. Tamén afondamos na cuestión do doutoramento e como é o proceso, así como o sistema educativo actual e a súa puntuación.

Pechamos o programa falando das oposicións de emprego público, o dano mental que pode acontecer e por que son algo tan desexado.

Apr 27, 202201:04:25
Belén Puime, Pringadas e namorar no autobús 15

Belén Puime, Pringadas e namorar no autobús 15

O amor aparece, como din aquelas que o teñen, nos lugares máis inesperados. Nos filmes así o amosan, dá igual que agardes por el ou non. O amor chegará onde e cando menos penses que está. Pode que apareza, inclusive, no autobús urbano liña 15 de Santiago de Compostela, o bus das universidades.

Con iso fantaseaba Belén Puime, creadora da serie Pringadas e Carballo Interplay baby, cando ía polas mañás a clase. Procuraba entre os asentos ao seu futuro namorado. Porqur iso tamén é vida universitaria. Xunto a ela falamos da súa serie, de mulleres creadoras, diso que é a Universidade e o que supón ou da xeración Z e a súa representación.

Tamén aproveitamos o décimo aniversario de Girls para analizar o seu impacto en nós e na sociedade, para falar de como a xente moza debe monetizar a súa creación ou do deserto en Galicia para xerar contido fóra do estánda e para a Xen Z.

Apr 20, 202201:01:40
Carlos Meixide, literatura erótica e o touro de Joselito

Carlos Meixide, literatura erótica e o touro de Joselito

Que ler é un pracer (a quen lle guste), xa o sabíamos. É un pracer que enriquece, do que te levas algo. Xeralmente en todos os días placeres te levas algo: o gozo. Hai que reivindicar tamén esa literatura que non quere ser intelectual, que quere divertirse e facer de ti alguén máis entretido.

Parolamos xunto ao xornalista e escritor Carlos Meixide deste tipo de lecturas, e en especial da literatura erótica como fenómeno. Tamén repasamos a súa obra, con especial fincapé na súa particular aproximación a obras para a mocidade.

Tamén falamos de autoeditarse, de pasear por feiras vendendo libros, da súa editorial Rodolfo e Priscila xunto a Berta Dávila, do seu rol como coach de acento xunto a Inma Cuesta ou Aron Piper e, por suposto, do seu paso por concursos de televisión.

Apr 06, 202201:02:12
Balea Vermella, Ciencia e negacionistas dos mares

Balea Vermella, Ciencia e negacionistas dos mares

Vivimos no tempo da información e do acceso a ela, de ter o coñecemento na man practicamente. Pero esta hiperconexión tamén influé no espallamento de teorías que lles din «alternativas». O que os de fóra chamamos: negacionismo.

Nas últimas semanas houbo incluso quen negou que os mares e océanos sexan reais. Son, según eles, bloques para manter á xente separada. Desta tontería falamos cos divulgadores científicos de Balea Vermella, dúo composto por Raíña Vermella e Javi Balea.

Con eles parolamos dos seus inicios e como se cruzaron, da pandemia da saúde mental, de achegar a ciencia máis básica á poboación ou desmontar bulos.

Mar 30, 202259:07
Alfonso Zarauza, Malencolía e os premios decapitados

Alfonso Zarauza, Malencolía e os premios decapitados

Pensamos moitas veces cando vemos entregas de premios ou medallas canto pesará iso que dan. Canto pesa iso? É fráxil? De que está feito? Bueno, hai galardóns de quilos, outros que valen moito pero son case invisibles, polo tanto moi lixeiros.

Así arrincamos a conversa co cineasta Alfonso Zarauza esta semana, cun dos seus premios decapitado porque escachou. Era, polo tanto, pesado e fráxil. Zarauza estrea esta semana Malencolía, o seu novo filme tras o éxito de Ons.

Con el parolamos sobre eses outros pesos indeterminados da vida, que trata a película, como as mudanzas de fogar, os estereotipos, a identidade galega ou o recoñecemento.

Tamén tivemos tempo para repasar os inicios de Diego Anido, a carreira de Zarauza con Encallados ou Os Fenómenos, a vida como xurado de festival, a marxinación do cine galego en España (que non no mundo) ou o equipo polo que Oliver Laxe canta os goles.

Mar 23, 202257:55
Guadi Galego, música pop e facer boas lentellas

Guadi Galego, música pop e facer boas lentellas

Os actos preceden ás persoas, aínda que non sempre falan na totalidade delas. Se o teu traballo é consistente, prolongado no tempo e unha peza fundamental para comprender o todo xeral, podemos dicir que eres un tótem. Que levas no asunto o tempo suficiente para ver xurdir e caer a moita xente, moitos estilos, e ademais para deixar pegada.

Así arrincamos o programa de hoxe xunto á cantautora Guadi Galego, nome indispensable da música galega desde o século pasado. Con ela parolamos da súa carreira e de como mudou o “mundillo” desde que comezou.

Tamén falamos sobre facer pop ou folk, de supervivencia, de manterse traballando, de liberdade creativa, de esforzo e non só inspiración ou de contentar ao público cantando o que non che apetece.

Mar 16, 202201:01:23
Chechu Salgado, ser quinqui e risas maléficas

Chechu Salgado, ser quinqui e risas maléficas

Todas as persoas cando son pequenas xogan ao mesmo, norma arriba e norma abaixo. A pillar, ás agochadas, á comba… e a polis e cacos. Alí establecemos xa esas categorías de bo e malo, de orde e desorde. Contrastes absolutos, sen facer preguntas. Despois medramos, vemos a variedade de grises e atopamos que eses malvados das películas quizais tiñan un pouco de razón.

Para falar de antiheroes, de quinquis, contamos esta semana co actor Chechu Salgado, gañador do Goya ao mellor actor revelación por Las leyes de la frontera. A través da personaxe de Zarco, analizamos a importancia de saber a orixe dos malos malísimos e de que as circunstancias, evidentemente, condicionan as nosas actuacións.

Tamén parolamos sobre o aburrimento da bondade dos superheroes, das motivacións dos malvados, da volta do quinqui como unha moda ou dos nosos antiheroes favoritos. 

Mar 09, 202255:29
Araceli Gonda, ser guionista e a crítica enmarcada

Araceli Gonda, ser guionista e a crítica enmarcada

A quen non lle vai agradar unha loanza? Unha palabra cariñosa? Un recoñecemento? Pero o certo é que hai xente que se adica a isto, non que cobre por opinar senón que vive de facer crítica. E a estas persoas é moito máis difícil, polo tanto significativo, arrincarlles palabras boas. As malas non, esas téñenas sempre a man e en pista de despegue. Por iso cando os astros se conxuran e un deles fai o esforzo sobrehumano de rir durante unha comedia, hai que enmarcalo.

Isto mesmo fixo a guionista Araceli Gonda cunha das críticas de Cuñados, agora con 16 candidaturas aos Mestre Mateo e gala na que ela tamén opta a mellor guión por Hierro. Pero Araceli ten carreira de sobra para falar de facer pilotos ou escenas de sexo entre personaxes.

Xunto a ela parolamos sobre facer spoilers, comentar audiovisual en redes sociais, o xeito de consumo de series actualmente, Fleabag e unha carreira de minijobs: de xornalista de deportes ata dramaturga.

Mar 02, 202201:01:06
Tamara Andrés, sentimentalismo e os adolescentes poetas

Tamara Andrés, sentimentalismo e os adolescentes poetas

Ser ou non ser? Esa é… unha cuestión. Como tamén o é arrancarlle ás margaridas cada pétalo agardando que se resolva o gran misterio: quéreme? non me quere? Todas estas frases que remiten a sentimentos son exercicios dramáticos case de teatro, ou de feito son de teatro, pero que axudan a entender as nosas emocións.

Para rachar co establecido como sentimentalismo esta semana falamos coa poeta Tamara Andrés, que detesta que se peche o universo poético a algo como os sentimentos.

Tamén parolamos de xornalismo cultural, intelectualizar contidos que non o son e abrimos o melón da tradución: quen nos trae obras estranxeiras e como o fan?

Feb 16, 202255:45
Paula Cons, true crime e as nais detectives

Paula Cons, true crime e as nais detectives

Hai algo no misterio que nos invita á obsesión, a pensar e repensar e percorrer os camiños que outra xente xa percorreu na procura dunha resposta. Resolver un misterio é, desde o comezo dos tempos, unha constante no ser humano. O misterio da vida, o misterio do pensamento, o misterio da alma, o misterio de onde está aquel pantalón que mercache vai un tempo e xa non ves. Misterios. Hai telefilmes malos, malísimos, onde todos poden ser os asasinos e o traballo deses detectives internos —nós, as nosas familias, os frikis de Twitter, os conspiranoicos— é resolvelo.

Para falar de misterios, ’true crimes’, misterios que permanecen, contamos coa xornalista e cineasta Paula Cons, autora de «A illa das mentiras» ou «¿Dónde está Marta?». Ela, que sabe do tema na teoría, na práctica e no humor, achega a súa visión sobre asuntos como o morbo, o patriarcado, a violencia gratuíta ou os crimes que marcan xeracións.

Tamén tivemos tempo a parolar sobre a representación das mulleres detrás e diante das cámaras, estudos e teorías con perspectiva de xénero e a semana fantástica dos premios: Oscar, Mestre Mateo e Goya.

Feb 09, 202259:55
Carlos Pereiro, videoxogos e as señoras do Candy Crush

Carlos Pereiro, videoxogos e as señoras do Candy Crush

Obter moedas, matar bechos, pasar de fase, gañar carreiras, rescatar á princesa ( e moi moi rara vez ao príncipe), salvar o planeta, capturar monstros, roubar e matar, cociñar, facer mobles… Cada videoxogo marca os seus obxectivos e o xeito de acadalos, pero case todxs nós temos un especial interese por algún. É dicir, desde aquelas primeiras palas de xogar ao ping pong ou o Tetris, as persoas caeron nas redes dixitais e gastaron un chisco de tempo en en entreterse cun videoxogo.

Para falar un pouco deste enorme melón, contamos con Carlos Pereiro, experto en videoxogos e membro do Museo do Videoxogo, ademais de divulgador na Revista Morcego. Con el falamos da industria e a cultura montada arredor deste fenómeno, do hiperrealismo dos gráficos ou do esquecemento que supón para moitos títulos a mellora tecnolóxica.

Tamén gastamos tempo falando dos nosos primeiros xogos, de experiencias e de por que cada xogo ten unha idade.

Feb 02, 202201:03:38
Sonia Méndez, Luz Fandiño e hackers de punto de cruz

Sonia Méndez, Luz Fandiño e hackers de punto de cruz

Hai persoas que habitan este planeta, camiñan entre nós e fan todo un pouco mellor, ou polo menos un pouco menos normal e aburrido. Ás veces temos a sorte de atoparnos no seu espazo e ser testemuñas do seu poder. Quedamos prendados pola súa maxia, por esas vidas tan únicas que son capaces de unir xeracións de admiradores.

A directora, actriz, produtora… bueno, a cineasta 360 Sonia Méndez coñeceu á poeta Luz Fandiño e soubo que debía captar a súa historia, unha lenda de 90 anos con moitos matices. Tomou a cámara e fixo o documental A poeta analfabeta. Con ela, falamos do difícil que pode ser xerar confianza ou do dura que chega a ser a verdade.

Pero tamén tivemos tempo para parolar sobre o Carballo Interplay, webseries, creación en Internet… unha morea de cousas das que sabe moito pola experiencia. A mesma experiencia que ten como autónoma e emprendedora, esa maldición que tivemo oco a criticar.

Jan 26, 202201:01:08
Lucía Freitas, alta cociña e os guisos que fan chup-chup

Lucía Freitas, alta cociña e os guisos que fan chup-chup

Deixando de lado o sentido común, o ser humano posúe cinco sentidos. A vista, o tacto, o olfacto, o oído e o gusto. Este último, en concreto, é no que nos quixemos centrar para este programa. As nosas papilas gustativas actúan diferente, a uns gústanlles cousas que a outros non, e son capaces de facernos chorar de picante ou encoller a cara por amargura.

O gusto é un arma de dobre filo, un camiño directo ao corazón pero tamén ao fracaso. Para falar de cociña, o oficio do gusto, contamos con Lucía Freitas, chef de A Tafona, Lume e gañadora dunha estrela Michelin e dous soles Repsol.

Na sús compañía repasamos a súa traxectoria vital, achegámonos á alta cociña pero tamén á tradición e á xestión emocional que supón traballar a tanta presión, pasando tamén pola paridade e igualdade. Houbo tempo para reivindicar as prazas de abastos, curiosear sobre as relacións entre Galicia e Xapón ou a representación da cociña na ficción, nesas películas tan agobiantes e concursos tan duros. 

Jan 19, 202201:00:45
David Gesteira, falsos mitos e xubilados estudando Historia

David Gesteira, falsos mitos e xubilados estudando Historia

Pode ser que a Historia sexa escrita por quen gaña, pero que grazas á investigación e divulgación pode ser mudada e aberta a outros ollares tamén é unha certeza. Isto de feito pasa na actualidade, con mellores ou peores consecuencias e xerando numerosos debates, xustos ou non. Porque a Historia é así, un relato que se adapta a formatos e discursos procurando servir como argumento, aínda que se traten de feitos claros. Isto logo deriva en mitos e lendas, en correntes de coñecemento falsario, que chegan ata nós en forma de política, cultura ou identidade.

Para romper estes mitos, como o celtismo ou o escurantismo da Idade Media, contamos con David Gesteira, historiador e divulgador que traballa noutro podcast en galego: Descifrando a Historia. Con el rachamos ideas establecidas, afondamos no que significa a representación na Historia ou do uso ideolóxico de certas cousas que non son nin Historia, como moito lendas ou bulos.

Parolamos de tempos pasados e da súa representación audiovisual, de como os nazis aparecen en todo ata ser case personaxes e non persoas reais, de aprender Historia fóra das aulas, ou dentro pero como xubilado.

Jan 12, 202201:00:19
Triángulo de Amor Bizarro, bandas de rock e o Gran Hermano galego

Triángulo de Amor Bizarro, bandas de rock e o Gran Hermano galego

O rock está morto ou iso din os máis seguidores do xénero, comunmente os que romantizan anos dourados e grupos extintos desatendendo ao panorama actual e rexeitando calquera idea sobre que algo presente, do agora, sexa tan bo como o pasado. Son os clásicos. Tanto é así que a mesma xente repítese en radios, emisoras menos mainstream, playlist de plataformas e un longo etcétera conformando ese corpus único que son: os clásicos. É dicir, as bandas máis potentes e que aínda, con milleiros de millón de fans, reivindican como minoritarias ou non famosas. Que cansado todo isto.

Para rachar coa idea de clásicos e de lendas do rock esta semana contamos con Isa Cea, membro de Triángulo de Amor Bizarro, unha banda definitoria no rock e música alternativa en Galicia e no panorama español. Falounos da súa traxectoria e os inicios, desas guitarras golpeadas sen tino e da pouca fe na súa contorna sobre o futuro da banda. Tamén nos desvela a Los Jíbaros, ese estado previo a Triángulo que puido ser e non foi.

Tivemos tempo para repensar o misticismo arredor do rock e de que nos contase como compoñen, innovan e revolucionan na música coas súas letras, melodías e conceptos, algo que fan desde máis dunha década. Entre anécdotas e opinións moi claras, levámonos unha panorámica do que era o ambiente artístico nos inicios e do que chegaron a acadar hoxe en día, o status de xigantes.

Jan 05, 202258:23
Tanxugueiras, Eurovisión e as tesoiras do polbo

Tanxugueiras, Eurovisión e as tesoiras do polbo

E chegamos ao último programa do 2021! Dous días atrás era xaneiro e non asomaban nin de lonxe as horas e horas de conversas que nos quedaban por diante. Quizais xa non somos tan novatas.

Este ano foi o dos estouridos e fenómenos, de éxitos en moitos ámbitos, por iso queremos pechar o ano acompañadas pola Palabra do Ano segundo unha enquisa da RAG. Bueno, non coa palabra en si mesma. Con Olaia, Aida e Sabela. Vaia, as Tanxugueiras! Que así entendémonos todxs.

Virais ata máis non poder polo talento e carisma que liberan, Tanxugueiras é unha das opcións favoritas no Benidorm Fest, preselección para Eurovisión. Con elas tres falamos desta aventura e do proceso, das sensacións e emocións, da posta en escea que pode ter Terra e das súas favoritas (pero non cos rivais, que todas son amigas).

Tamén atopamos oco para tratar o tema da música tradicional, da confusión co tema “celta”, do idioma, de barreiras, de problemas de aviación e, sobre todo, para rir. Porque estas tres mestras teñen humor e garra para roubarnos a nós mesmas o programa.

Moitísimas grazas por acompañarnos neste ano 2021, sen vós somos pouco menos ca tres laretas ❤️‍

Dec 29, 202159:19
Nee Barros, linguaxe e vomitar na selectividade

Nee Barros, linguaxe e vomitar na selectividade

A xestión dos nervios é unha desas cousas persoais que debemos respectar uns dos outros e, en certo modo, entrenar e dominar. É útil para cando toca, que sempre toca, iso é inevitable. Non saber xestionar ese estrés ou angustia ou bule-bule no corpo pode dar en consecuencias físicas.

A persoa convidada esta semana disto sabe un pedazo. Primeiro, porque viu alguén vomitar dos nervios. Segundo, porque parte do seu recoñecemento público é a elaboración de contido para estudar galego na selectividade. Elu é Nee Barros, dramaturgue, autore e youtubeire e parte dunha nova xeración creadora en Galicia.

Con Nee tamén falamos de linguaxe, de mudanzas, de rachar con vellas ideas, de adaptación aos tempos ou da necesidade de ser respectado como minoría polos grupos de poder. Tamén tivemos tempo para reflexionar sobre a importancia de sentirse representado non só diante das cámaras senón tamén na parte creativa.

Pechamos o programa lembrando a selectividade e achegándonos a unha cita complexa para quen a vive. Un momento divisorio, sen dúbida.

Dec 22, 202101:01:26
Aroa Outón, arte galega e o desgraciado Van Gogh

Aroa Outón, arte galega e o desgraciado Van Gogh

Poñamos que este programa é un cadro, e non no sentido cómico. Tería que ser de cores fortes, verdes e azuis e vermellos, con moita acción, case unha estampa de guerra, pero con espazo para a bondade, como a dunha nai ou avoa. Este sería un cadro frenético, cheo de referencias, e incluso cun punto festivo. E só se me ocorre que este programa fose, en versión pictórica, ’El Jardín de las Delicias’.

Esta semana puxémonos moi e moito artísticos para recibir a Aroa Outón, pintora e integrante do Espazo Bréteme e, segundo a revista Vogue, unha revolución no mundo da arte que crea desde o rural. Xunto a ela pensaremos e reflexionaremos sobre a arte galega e a súa marxinación, os problemas na educación cultural do país ou a falta de conciencia arredor da artesanía como primeiro tipo de arte a conservar e ensinar.

Tamén coñeceremos a obra de Aroa, como crea desde a súa casa ou por que precisa ter unha cociña de ferro na cociña para poder pintar. As manías dos artistas! Pero discutiremos a figura de Picasso, choraremos a de Van Gogh, fará a súa aparición ata Juan Cuesta e, como non, reflexionamos arredor da sorte e a clase coml vehículo de entrada no sector tan excluínte que é a arte.

Dec 15, 202101:03:17
Lucía Aldao, facer un dúo e levar o neno a judo

Lucía Aldao, facer un dúo e levar o neno a judo

Esta semana achegámonos ata a cidade da Coruña, ao Café Universal, para celebrar o terceiro aniversario de Vinte e, de paso, facer un pouco do noso, do espectáculo.

Para manter o listón alto, acorde á ocasións cun selecto público, contamos coa poeta e cantautora Lucía Aldao, que vén de publicar o seu debut en soitario pero que continúa co seu dúo AldaoLado. Con ela falamos precisamente de parellas pero non románticas, senón desas persoas que son case como células dun mesmo.

Tamén abordamos algunhas das polémicas da semana, como as amizades da infancia ou conservar amigos pese a todas as diferenzas. Para rematar, quixemos aproveitar a ocasión para abordar iso chamado coruñismo, que non El Coruño. Todo isto intercalando anécdotas a gusto de todxs, como sempre.

Grazas a todas as persoas que viñeron vernos e ao resto: cedo teredes oportunidades de facelo💖

Dec 11, 202101:03:38
Berto, contar a depresión e varitas de merluza

Berto, contar a depresión e varitas de merluza

EN DIRECTO DESDE O CULTURGAL!


Esta semana collemos o directo feito no pasado Culturgal para compartir coas persoas que non estiveron presentes o que foi aquilo. Pese aos erros técnicos, o ambiente caldeouse e a o público que se achegou ata nós asegurou levar unhas risas e un par de cousas. Lamentamos os erros técnicos que poida haber (alleos ao noso poder) e agradecemos á equipa técnica que estivo canda nós o seu esforzo.

Achegámonos ata Pontevedra e, como non, contamos cunha persoa nada e criada na cidade máis peatonal do Universo. Aínda que non falamos de pontevedrismo, Berto contounos como foi a experiencia de estrearse en soitario, lanzar un disco tan diferente, contar a súa depresión e musicala, afondar na saúda mental e facer terapia en moitos sentidos.

Tamén contamos un par de anécdotas, respostamos á polémica da semana sobre o clasismo e a música (a clásica, claro) e varias cousas máis nun programa un pouco máis curto, un pouco máis en directo.

Dec 01, 202147:55