
COMER POR DOQUIER
By COMER POR DOQUIER
Séguenos en Instagram para máis contido @comerpordoquier

COMER POR DOQUIERMay 21, 2023

#20 SUSI, FOGONES GALLEGOS, TUI (COMER POR DOQUIER)
A gastronomía galega é tan amplia e tan máxica que toda a xente que nos visita queda abraiada ca nosa cultura gastronómica.
Susi en Fogones Gallegos fainos unha viaxe polo recetario galego percorrendo pasado e presente da gastronomía galega.
Disfrutade da charla.

#19 JAVIER AKERMAN, NATURÓPATA, PSICÓLOGO E PROFESOR DE YOGA TIBETANO, VIGO (COMER POR DOQUIER)
Se xuntamos un naturópada, un psicólogo e un profesor de yoga aparece Javier Akerman.
Nesta charla cóntanos os segredos mellor gardados para ter unha vida sana e equilibrada.
Disfrutade.

#18 SIMÓN GONZALEZ, 13 VECES CAMPEON DO MUNDO FULL CONTACT, PARAPLÉXICO DENDE 2014, OURENSE (COMER POR DOQUIER)
13 veces campeón do mundo de Full Contact, Simón tivo unha carreira prodixiosa única no deporte galego.
Un accidente en 2014 prodúxolle unha paraplexia que o obliga a moverse en cadeira de rodas.
Unha vida difícil chea de éxitos e sacrificios que hoxe en día intenta transmitir as xóvenes promesas que entrenan no seu ximnasio de Vigo.

#17 LUCÍA TRIGO, PSICÓLOGA EXPERTA PSICONUTRICIÓN, PONTEVEDRA (COMER POR DOQUIER)
¿Por qué comemos cando temos ansiedade?
¿Qué ten o azucre que engancha tanto?
¿Existe algunha dieta que funcione?
Nesta charla con Lucía Trigo, psicóloga experta en psiconutrición nos adentramos nos trastornos alimenticios, na relación emocional ca comida e as adiccións que existen cos alimentos.
Disfrutade.

#16 GERSON IGLESIAS, RESTUARANTE ERVA, HOTEL OCA, ALLARIZ (COMER POR DOQUIER)
Gerson evoluciona a súa cociña cunha filosofía de respeto aos productos da terra que é digno de valorar.
Nesta charla aparte de cociña aprendemos a valorar e a entender que non todo se basa no consumo se non en compartir con cariño e con amor.
Disfrutade.

#15 DJ CHARLIE, VIGO (COMER POR DOQUIER)
No mundo da noite, da festa e da parranda tamén hai momentos para a gastronomía e un claro exemplo é o de DJ Charlie, un apaixonado da comida que como él mesmo nos conta "aínda non probei unha comida que non me gustase".
Disfrutade da charla.

#14 ROSA, ROSQUILLAS CRISTALEIRO, GONDOMAR (COMER POR DOQUIER)
Data de principios de 1800 a primeira receta de rosquillas Cristaleiro e hoxe en día son un referente gastronómico en Galicia.
As de hojaldre son as máis consumidas pero as primeiras eran as blancas e duras que se soen mollar en viño.
Se queres contarlle a alguén onde queda Gondomar, pregúntalle se coñece rosquillas Cristaleiro, non hai máis que añadir.
Disfrutade da charla :)

DÍA 12 CRISTIAN LAGO (GUÍA MUIÑOS DOS TRIPES TUI) COMER POR DOQUIER
É moi común pasear polos ríos galegos e atoparnos con muiños, e poucas veces nos paramos a pensar na historia que hai detrás deste símbolo tan galego, que tanto de importante eran para os nosos antepasados e que importancia temos que darlles hoxe en día.
Falar de muiños é falar da Santa Compaña, do lobo, do pan, das muiñeiras, do amor que dentro de esas catro paredes xurdia, da igrexa, de lendas, da importancia da muller e tamén de musica.
Fai unhas semanas fixen unha ruta guiada polos muiños do Tripes en Tui e acompañounos Cristian Lago, guía encargado de ensinarnos os muiños e falarnos sobre a súa historia, eu quedei abraiado co que nos contou e por iso hoxe está aquí, para falarnos de estas construccións tan típicas en Galicia.
Disfrutade da charla.

DIA 11 ALEIX LORES CANTANTE RAGDOG DUBLIN (COMER POR DOQUIER)
Aleix Lores foi cantante, guitarrista e pianista do grupo galego Ragdog.
Foron a primeira banda do selo Movistar en conseguir o disco de Ouro dixital co seu disco "Nada Más" editado íntegramente en formato dixital.
Disfrutade da charla.

DÍA 10 TOTÓ COCIÑEIRO AMÉS (COMER POR DOQUIER)
Falamos con Totó o creador da croqueta de tortilla, toda unha revolución culinaria nunca antes vista.
A de Totó é un asador situado en Amés (A Coruña) especialista en carnes e peixes a brasa liderado por Totó, dono e chef do local, famoso por traballar con moi bo producto e abandeirado polo seu lema "Producto, producto, producto... e non escarallalo".
Disfrutade da charla.

DÍA 9 XULIO FERNÁNDEZ DOUTOR TELECO UVIGO VIGO (COMER POR DOQUIER)
Xulio Fernández, doutor da Universidad de Vigo padece Esclerosis Múltiple dende fai máis de 30 anos. Nesta charla tratamos temas como os da alimentación, moi ligado a evolución da enfermidade e terapias alternativas mentais e físicas que axudan a levar mellor esta enfermidade autoinmunitaria que afecta ao cerebro e a médula espiñal.
Xulio é unha persoa cunha enerxía e un positivismo increíble digno de admirar. Disfrutade da charla.

DIA 8 ANTÍA MUIÑOS COMUNICADORA AUDIOVISUAL TUI (COMER POR DOQUIER)
Reporteira dos programas da TVG "Vaia Troula", "Mira ti o porto de Vigo" e "O mellor do mundo" todos eles relacionados ca gastronomía.

DÍA 7 CARLOS VELEIRO SHOWMAN VIGO (COMER POR DOQUIER)
A segunda persoa máis coñecida en Vigo despois de Abel Caballero.
Pasou por Antena 3 de reporteiro en Parodia Nacional e daba vida ao personaxe de Loliña en As Tardes con Ana Quiro, programa da TVG que superaba en audiencia a Ana Rosa Quintana.
Presentador, performer e showman, presenta eventos de toda índole, dende unha boda ata unha entrega de premios co presidente da Xunta. Él é Carlos Veleiro.

DIA 6 ANUKA RUTAS DE GUSTO VIGO (COMER POR DOQUIER)
Anuka é a responsable da conta @rutas_de_gusto onde mostra aos vigueses e viguesas os mellores sitios para almorzar, comer e cear.
Alta cociña, tabernas de barrio ou restaurantes de cociña de outros paises, todo ten cabida para Anuka cando do que se trata é de comer.

DÍA 5 MANU AGEITOS ENTRENADOR CELTA ATLETISMO GONDOMAR (COMER POR DOQUIER)
Adestrador do Real Club Celta de Atletismo.
Preparador da francesa Alice Finot, subcampeona de Europa 2020 e decima clasificada do mundo en Oregon, EEUU.
Atleta dende os 6 anos, con 12 comeza a gañar varios campeonatos galegos de medio fondo e fondo.

DÍA 4 AARÓN LOSADA ACTOR DE DOBRAXE PORRIÑO (COMER POR DOQUIER)
Arguiñano, Matías Prats ou Miguel Bosé son só unha pequena mostra das voces que pode imitar Aarón.
Fai todo tipo de sons de animais ou obxetos e como non, tamén beat box.
Como actor de dobraxe púxolle voz a un dos actores de Jersey Shore, unha serie para Disney Plus, documentais de asasinatos e un audiolibro.

DÍA 3 ARIÁN LOZANO CHEF VEGANA GONDOMAR (COMER POR DOQUIER)
Con 4 anos ía a guarderia co seu tapper con espinacas, con 10 anos xa lle cociñaba aos país platos veganos, con 29 é unha das chefs veganas máis importantes da nosa terra.
Cada verán Arián achegase a Ibiza para traballar de chef privada para familias adiñeiradas chegadas de todo o mundo co fin de ofrecerlles menús 100% veganos.

DÍA 2 CRISTIAN "CO MUNDO A VOLTAS" MESTRE CARBALLIÑO (COMER POR DOQUIER)
Disfrutar de unha boa comida perdido en Irak, ese Irak que fai uns anos estaba arrasado pola guerra e que agora pouco a pouco vai recibindo turistas.
Saborear rodeado de serpes e cocodrilos unha piraña recién pescada no medio do amazonas a centos de kilómetros da civilización.
Pasar fin de ano perdido nunha aldea africana no medio do deserto de Gambia.
Na canle de Youtube "comundoavoltas" Cristian amósanos as testemuñas e costumes xenuinas cas que se atopa viaxando polo mundo.

DIA 1 ADAN RODRIGUEZ COCIÑEIRO NIGRAN (COMER POR DOQUIER)
Con 18 anos traballa no furancho dos pais en Nigran mentres o compaxina cos estudos de cociña e con 24 xa é xefe de cociña do Ibaya, único restaurante con estrela Michelín en Andorra.
Na cumbre Iberoamericana do 2021 é un dos cociñeiros encargados de dar de comer ao Rei Felipe VI e ao presidente do Goberno Pedro Sanchez.
Na súa etapa en Barcelona traballa no Roca Bar, asesorado polos Irmans Roca (El Celler de Can Roca) e no restaurante Blanc By Carme Ruscalleda, única muller que alcanzou as 7 estrelas michelin.

DIA 1 JERONIMO SALGADO YOUTUBER OURENSE (COMER POR DOQUIER)
Con máis de 14.000 seguidores en Youtube, Jerónimo é un dos youtubers galegos máis carismáticos, inxeniosos e persistentes.
"Las galletas de Shinchan" é o seu video gastronómico máis emblemático da canle onde máis de 100.000 persoas disfrutan vendo como saborea os doces do descarado e falangueiro Shinnosuke Nohara.
Camara en man recórrese bares e restaurantes ensinando que se come, se está bo e se merece a pena a visita. A súa canle de Youtube: JeroniZmo