

DecoteMar 07, 2018

#252 Streaming compartido

#251 La secta de la tierra plana

#250 Stanley Parable

#249 Altered Carbon

#248 Black Panther

#247 Ghost in the Shell

#246 Undertale

#245 Bojack Horseman

#244 De qué hablo cuando hablo de correr

#243 12

#242 The Last Jedi

#241 O momento da realidade aumentada?

#240 The night manager

#239 Apple Watch un ano despois
Despois de un ano e moitas vivencias toca falar do Apple Watch, da súa evolución e dos problemas que nos fomos atopando neste escaso ano de convivencia. O prezo de reparar a pantalla, como protexela ou a imposibilidade de escoitar podcasts dende estes son algúns dos problemas que o tempo non está resolvendo, máis ben todo o contrario.

#238 Echo, echo, echo…
Onte, sen previo aviso, Amazon presentou novos membros para a súa familia Echo así como un novo Fire TV. Moi interesantes as presentacións no eido dos asistentes de voz domésticos que, aínda que non chegaron a estes lares, xa teñen unha competición aberta nas terras americanas na que Amazon semella levar a dianteira.
Mixx.io | El Windows de las casas
Emilcar Daily | Twitter y Amazon non dan más
The Verge | The 5 biggest announcements from today’s Amazon hardware event

#237 Strava + Relive

#236 TRÅDFRI
Iluminación intelixente en Ikea

#235 A historia dos podcasts
Tal e como prometemos onte, hoxe toca falar da historia dos blogs en galego, un medio moito menos extendido que o blog pero que nos últimos anos está atopando o seu momento de máis calidade e esparcemento. Falamos dos primeiros podcasts, da creación do falangullo e da creación de podgalego, o primeiro punto de encontro para a comunidade.Todo, como sempre, aberto as vosas colaboracións.

#234 A historia dos blogs
Voltamos despois de un inmerecido descando para falar do que estivemos facendo nas vacacións. Falamos neste primeiro podcast da temporada da historia dos blogs en galego, de cales foron os seus inicios e porque estiveron motivados, damos os nomes de algúns estudos clave e animámosvos a participar na creación destas dúas webs.

#233 Tesla Model 3
Por casa anda rondando dende fai un tempo a posible renovación dun coche e un dos últimos contendientes en saír ao estrado foi o novo Tesla Model 3 (para que vexades a presa que temos). No episodio de hoxe tratamos algunhas das cuestións que nos surxiron ao fixarnos nun Tesla e cales foron as respostas e incógnitas que nos quedaron despois de informarnos.

#232 Xoves de miscelánea
Como nin mañá nin a próxima semana vai haber Decotes aproveitamos este xoves para falar de todo o que pasou nas últimas semanas e algo do que está por vir, unha forma de deixar o menor número posible de temas sen tratar das últimas semanas e avisaros de todo o que está por vir na próxima.
Tim Cook Says Apple Focused on Autonomous Systems in Cars Push - Bloomberg
Apple está trabajando en coches autónomos, ¿qué podemos esperar de este anuncio? - La Vanguardia
Tim Cook on Donald Trump, the HomePod, and the Legacy of Steve Jobs - Bloomberg

#231 Apple Design Awards 2017
A semana pasada tivemos a nosa ración de aplicacións de Android por mor do Google IO e esta semana toca outro tanto do mesmo por mor da WWDC. O curioso é que ambas listas coinciden nunha mesma aplicación, será ese un motivo suficiente para mercala?

#230 X B O X
O E3 aínda está lonxe de rematar pero xa tivemos a primeira nova merecedora de un Decote enteiro. A prensentación da Xbox One X, coñecida como Scorpio no seu desenvolvemento, e todos os xogos cos que sairá foron o punto forte da coferencia de Microsoft, asi que imos adicarlle o programa de hoxe a analizar este lanzamento de hardware.
Xbox One X: la consola más potente de la historia tiene juego 4K nativo - Xataka
La Xbox One X y todo lo que Microsoft presentó en el E3 2017 - Gizmodo

#229 Mundo Verán
Empezamos a tempada de programas de verán coa edición de hoxe que leva o nome do noso mundo de Minecraft. E é que o verán é un dos mellores momentos para xuntarse cos amigos para vivir novas e inimaxinables aventuras en Minecraft, con Realms, e Discord. Así que aproveitamos o día de hoxe para falar destes dous grandes inventos da nosa era.

#228 WWDC 2017
Máis de dúas horas de presentación deron para presentar moitas cousas que seguro moitos de vós xa vístedes, asi que como acostumamos facer, hoxe imos tratar todo aquilo que está aí pero do que non se falou o suficiente na presentación. Pequenos detalles que cambiaran como traballamos cos nosos aparellos e que vos descubrimos neste Decote.
Lo mejor de la WWDC 2017 en 10 minutos (Xataka) - Youtube
Apple WWDC 2017 keynote in 19 minutes (The Verge) - Youtube
Monument Valley 2
Business Chat - Apple
Core NFC - Apple
iOS 11 brings Next/Previous Track controls to individual AirPods

#227 Un, dous, E3
Temos tres semanas por diante de auténtico bulir informativo, comezamos hoxe pola tarde coa apertura do WWDC, continuamos para a semana con todas as conferencias do E3 e para a seguinte unha sorpresa que tamén a fará moi entretida. Como son moitas cousas as que veñen hoxe falamos de todas elas e do que podemos agardar de cada unha.
Apple
Everything u/Foxconninsider Reported Today - Reddit
Files App - Twitter
Activity for iPhone - Twitter
E3
Todo lo que necesitas saber sobre Star Wars Battlefront II - Vidaextra<

#226 Intel Core i9
Nótase que non imos achegando ao verán e á presentación de Apple do próximo día 5 porque as cousas están máis calmadas que nunca. Falamos da nova cámara de Nest, dos outros plans de Andy Ruin, dos cambios no Lol, os novos procesadores de Intel e de todas as estrelas que nos van a chover este xuño.
Nest Cam IQ - Nest Web
This is the new Ambient OS, Essential’s big bet to control your home - The Verge
Essential Home is an Amazon Echo competitor that puts privacy first - The Verge
Runas reforjadas y actualización del honor | Riot Pls: League of Legends - Youtube

#225 Soda Player
No Decote de hoxe traemos unha recomendación dun dos nosos ouvintes máis veteráns, a súa recomendación, como di o título, é Soda Player, un reprodutor intermedio entre Popcorn Time e Plex. Un sistema que lle tira proveito aos torrents pero sen ter que baixalos e sen ter que estar atado ao que seleccionen uns terceiros. Unha opción perfecta para aqueles que están sempre conectados e con pouco espacio no ordenador.
Soda Player Web
Soda Player Reddit
Cabo Prior e Santa Comba - Youtube
Fotos Phantom 4 - Twitter
Camposancos en Twitter

#224 Essential Phone
Essential Phone é unha nova aposta no mundo Android por traer un proposta diferente, atractiva e rompedora. E neste caso non só é diferente polo que presentan, senón tamén por quen está detrás desta proposta, non todos os días se ve a un dos creadores do sistema operativo móbil máis usado do mundo poñer o seu esforzo en crear un terminal.
Exclusive: This is the Essential Phone - The Verge
Essential Official Web
Todos os podcasts en podcast.altg.net

#223 Playerunknown’s Battleground
Poucos ascensos tan meteóricos como o deste xogo desarrollado pola desconocida Bluehole podemos atopar neste 2017 ou nos últimos anos na industrias, sobre todo se temos en conta que se trata dun xogo inesperado, que todavía está en early access e que gastou menos que nada en promocionarse. Falamos dalgunhas das claves do éxito da sensación destes últimos meses.
Playerunknown's Battleground - Steam
¿Por qué mas de 1 millón de personas juegan a Playerunknown's? - IGN

#222 Fidget Spinner
Finalmente este sábado merquei un fidget spinner, un deses xoguetes pouco tecnolóxicos que se poñen moi de moda de ano en ano, asi que porque non falar del e de outras modas.
Máis información en podcast.altg.net

#221 Star Wars en cifras
Na miscelánea desta semana temos un pouco de Instagram e a súa versión de probas, Snapchat, falamos do Xbox Game Pass, dos libros que recomenda Bill Gates, das renovacións de HBO para a próxima tempada e dos 40 anos de Star Wars. Todo lecturas moi recomendadas para este fin de semana, máis de inverno que de verán, que temos por diante.
Todos os enlaces e capítulos anteriores en podcast.altg.net

#220 DJI Spark
Se fai un mes exacto falabamos das DJI Goggles e de todos eses pequenos drones de competición, hoxe toca falar da nova incorporación á familia de drones china DJI. Nesta ocasión da súa nova aposta ao cuadricóptero máis pequeno e barato da súa tenda, desbancando desta posición a Mavick, que era ata onte o que ostentaba esa posición.
Todos os enlaces en podcast.altg.net

#219 O novo Surface Pro
Nova presentación de Microsoft, a segunda no último mes, nesta ocasión para presentarnos as novas Surface Pro, a súa aposta máis profesional no mundo das tablets-portátiles que chega con poucos cambios exteriores pero moitos interiores e un gran acompañamento.
Todos os enlaces en podcast.altg.net

#218 Google Play Awards 2017
Como xa sabedes no meu día a día uso sobre todo aparellos iOS, así que é raro que traiga por aquí cousas relacionadas co día a día con Android xa que non son parte da miña vida diaria. Así que, cando vin que Google sacara os Google Play Awards 2017 pareceume unha ocación perfecta para falar de apps que de seguro moitos de vós podedes utilizar todos os días.
Enlaces a todas as aplicacións en podcast.altg.net

#217 MSI 2017

#216 O mp3 sigue vivo
Voltamos á carga coa miscelánea dos venres para falar dos novos televisores de Amazon, de aquela aplicación que era Instagram pero agora xa é case Snapchat, da non morte do mp3, de Shazam, de Minecraft, de Youtube e do primeiro aniversario de Overwatch.
Todos os enlaces en podcast.altg.net

#215 Google I/O
Onte foi a presentación inaugural do Google I/O 2017, as xornadas que de forma anual fai o gran buscador para falar de todas as novidades que veñen respecto a Android, os seus aparellos e terminais móbiles, aplicacións e, como non, o propio buscador. Falamos do que foron as principais novidades cunha lista de lecturas recomendadas extensa para que queira meterse de cheo no tema.
Todos os enlaces e podcast anteriores en podcast.altg.net

#214 El día del gallego

#213 Limbo
Xa facía tempo que non falabamos por aquí de un xogo, asi que este marte imos falar do predecesor de INSIDE. Limbo é un pequeno xogo, tanto en mecánicas como en duración, cun apartrado artísticos sobresaínte, apto para todo tipo de xogadores e plataformas, unha historia para todos os públicos desas que tanto me gusta recomendar.
Máis enlaces e episodios anteriores en podcast.altg.net

#212 Sobre o rasomware e WannaCry
O pasado venres Telefónica quedou bloqueada por un rasomware, feito que despois se extendería a outras empresas e países afectando incluso ao sistema sanitario británico. Falamos do que pasou, de como e porque pasou para que entendamos todos xuntos que narices é un rasomware e como se puido espallar tan axiña.
Todos os enlaces e podcast anteriores en podcast.altg.net

#211 Todos queren un Amazon Echo Show
Voltamos coa miscelánea dos venres nesta ocasión chea de filmes e de novas sobre Microsoft, Apple e Amazon que estiveron moi activos estas últimas semanas sacando novidades e presentando o que según eles vai ser o futuro dos aparellos do fogar. Nota a parte para Tesla, que non fala do futuro senón do presente dos fogares sacando ao mercado o seu primeiro modelo de teito solar.
Todos os enlaces e podcast anteriores en podcast.altg.net

#210 Guardians of the Galaxy Vol. 2
Voltamos despois de unhas longas vacacións para falar do último filme de Marvel. E non, o de que segundas partes nunca foron boas non se cumpre neste caso, pois con esta segunda entrega, aínda que non estea falta de problemas e cousas a melloras, temos unha entrega chea de aventura, humor e máis información ca nunca sobre os personaxes e as súas historias.
Máis información e enlaces ás análises en podcast.altg.net

#209 Máis Zeldas que Switchs
Voltamos co resumo desta semana marcada polas presentacións de resultados, tanto de Twitter, como de Instagram como de Nintendo. Especialmente interesante esta última ao tratarse da primeira tras a saída da Switch, e como sempre a de Twitter que segue loitando por ser rendible.
Todos os enlaces e episodios anteriores en podcast.altg.net

#208 Twitch máis preto, Youtube máis lonxe
Twitch segue imparable facendo novos e mellores cambios na súa plataforma. Se fai un tempo falabamos de como integraban Amazon Premium na plataforma, despois de Pulse, o seu propio Twitter, hoxe tocar falar dun novo programa de afiliados que permita case a calquera con tempo e adicación ter a posibilidade de facer cartos coa plataforma.
Todos os enlaces e episodios anteriores en podcast.altg.net

#207 DJI Goggles
Levábamos moito tempo sen falar de drones por aquí, e iso que é unha das cousas que máis me gustan deste futuro no que vivimos, así que aproveitando a saída das DJI Goggles imos falar de outra modalidade máis asequible e divertida de ter un drone, os de competición.
Todos os enlaces e episodios anteriores en podcast.altg.net

#206 Paga co móbil con Paypal
Voltamos un venres con todo o que nos quedou no tinteiro que nesta ocasión, ao ser un semana tan escasa en decotes, son bastantes cousas importantes que saíron á luz estos días. Se falta algunha non te preocupes, tratarémola con máis calma e protagonismo en vindeiros programas.
Todos os enlaces e episodios anteriores en podcast.altg.net

#205 Star Wars Celebration 2017
A pasada semana, entre o 13 e o 16 de abril, celebrouse en Orlando a Star Wars Celebration 2017, unha reunión onde fans, actores, directores e todo tipo de persoas vinculadas coas películas e o universo pasan varios días repartidos en paneis e charlas falando de todo o que xa foi, todo o que está por vir e todos aqueles que xa non están con nós.
Máis información e enlaces en podcast.altg.net

#204 Calendarios para o futuro
Voltamos unha semana máis falando de cousiñas interesantes e lecturas recomendadas que non entraron na edición diaria do Decote esta semana. Falamos de Android, tomándolle a dianteira a Windows como sistema operativo máis usado para acceder a internet, de Apple e o futuro das súas tarxetas gráficas, de xogos, de conceptos e de moitas cousas interesantes.
Todos os enlaces a estas novas e aos enlaces anteriores en podcast.altg.net

#203 Iron Fist
Tras Daredevil, Jessica Jones e Luke Cage chega Iron Fist para pechar a presentación dos catro protagonistas que formarán parte de The Defenders en agosto, cando a serie de Netflix chegue aos nosos fogares. Deixaron o mellor para o final ou xa non lles quedaban folgos para esta última entrega?
Máis información en podcast.altg.net

#202 Apple toma en serio aos Pros
Onte sorprendíanos John Gruber, un dos máis reputados articulistas sobre o mundo Apple, cun artigo no seu blog, Daring Fireball, onde falaba dunha recente reunión cos executivos de Apple onde se tratou, ou máis ben, se lle comunicou cal ía ser o futuro desta gama e da gama iMac a un ano vista, ou pode que un pouco máis. Falamos disto e do que isto supón.
Todos os enlaces e podcasts anteriores en podcast.altg.net

#201 Pagar por Twitter
As últimas semanas falouse moito de Twitter e un dos temas que nos quedou sen falar foi a posibilidade de que a empresa de Jack Dorsey que non se adica a pagos empezase a buscar formas de gañar cartos dunha forma máis directa do que o fixo ata agora, todo coa intención de ser capaz de pechar o ano con beneficios por primeira vez na súa historia.
Todos os enlaces e programas anteriores en podcast.altg.net

#200 Cos amigos
Nada mellor que celebrar cos amigos o Decote número 200. Sacámoslle o polvo ao contestador e escoitamos as fermosas mensaxes que ouvintes e colegas da podcastesfera galega teñen para nós neste episodio tan sinalado.
Todos os enlaces en podcast.altg.net

#199 Samsung presenta o que xa sabíamos todos
Como todos esperabamos Samsung presentou o que xa se levaba anticipando as últimas semanas sen sairse demasiado do guión. Unha renovación do seu terminal estrela do que poudo había que dicir antes de que empezase a presentación e do que todo xa sabíamos a víramos cando apenas pasaran uns segundos do seu comezo.
Todos os enlaces en podcast.altg.net

#198 O noso amigo Elon
O noso amigo Elon Musk segue imparable no seu afán de crear novas empresas que fagan cousas nunca antes pensadas. Quizás Paypal non foi a máis innovadora de todas, pero con Tesla, SpaceX e agora Neuralink non quere deixar a ninguén indiferente. Esto sábeo ben Tencent, que non se quere perder a festa e acaba de mercar un 5% das acción de Tesla.
Toda a información e enlaces en podcast.altg.net

#197 De Sonarr a Radarr
Seguindo a temática de onte hoxe imos falar de automatización no que se refire á xestión da nosa biblioteca de series e películas. Para iso imos falar dalgúns dos programas que máis me axudan no meu día a día a ter todo descargado e organizado co mínimo esforzo. Estas son algunhas das aplicación máis útiles no meu día a día.
Todos os enlaces en podcast.altg.net

#196 Automatización
Despois de falar de Workflow hoxe toca facer un repaso a unha cantas ferramentas que ao igual que esta nos axudan a automatizar o noso día a día no mundo tecnolóxico. Así, facemos un repaso de algunhas das ferramentas online e de escritorio que nos permiten adicarnos menos a ordear e configurar e máis a traballar e ser productivos.
Todos os enlaces en podcast.altg.net

#195 A terra é plana
Voltamos unha semana máis cun recopilatorio de cousiñas que non nos deu tempo a tratar esta semana. Falamos do vídeo en Twitter, de Workflow, das melloras en Google Maps e da chegada de Mario Run a Android. Tamén tratamos a chegada dun dos animes máis coñecidos a Netflix e do que ocorrería se a terra fose plana.
Todos os enlaces en podcast.altg.net

#194 Android O
Xa se anunciou oficialmente a nova versión de Android que levará, cando se anuncie, un nome que empece pola letra O. Presentáronse xa moitas das melloras que traerá pero a incógnita segue sendo a mesma, se cada versión chega cada vez a menos dispositivos, cando xa non haberá volta atrás?
Máis información e enlaces en podcast.altg.net

#193 Clips
Así como non quere a cousa Apple actualizou a súa tenda online con 4 novidades que verán a rúa próximamente. Un novo iPad, un novo iPhone 7 e dúas novas capacidades para o iPhone SE, todo isto acompañado dunha nova aplicación ao estilo Snapchat, Clips, que estará dispoñible para descargar nos vindeiros meses.
Todos os enlaces en máis información en podcast.altg.net

#192 Youtube restrinxido
Sempre que saltan á palestras novas polémicas con Youtube, Facebook ou Twitter é complicado non reflexionar un pouco sobre como utilizamos como se fose a nosa propia casa as redes sociais de empresas que poñen, como non pode ser de outra forma, as súas propias normas non seus sitios. A última polémica sobre os contidos LGBT en Youtube no modo restrinxido son nesta ocasión o detonante.
Lecturas recomendadas e máis en podcast.altg.net

#191 Rocket League Championship Series
Este domingo comezaba a terceira tempada do campionato de Europa de Rocket League, asi que aproveiotando este acontecemento imos meternos de cheo neste xogo, a súa historia e como chegou a convertirse nunha das sensacións máis inesperadas dos últimos anos.
Todos os enlaces en podcast.altg.net

#190 Sitios a onde nunca viaxar
Voltamos unha semana máis co repaso das novas que nos quedaron no tinteiro. Nesta ocasión falamos de Sound Cloud, das chulerías de Elon Musk, do Microsoft Kin, de Plex, de Google e da Nasa. Todo de forma amena para os teus oídos e con todos os enlaces para que non perdas detalles do que pasou esta semana no mundo.
Todos os enlaces en podcast.altg.net

#189 Comunidades
A xestión das comunidades é unha desas labores que se complicou de forma exponencial coa chegada das redes sociais. Se antes só tiña que controlar os comentarios da túa web e como moito os de algún agregador de novas, coas redes as posibilidade son moitas máis e todas moito máis complexas de controlar. Falamos da nova proposta de Hipertextual para xuntar a súa comunidade e de como está sendo o proceso noutras webs.
Todos os enlaces e programas anteriores en podcast.altg.net

#188 Xestionando as películas
Como xa fixemos tempo atrás cando nos tocou falar da xestión das series, hoxe falamos de como levamos a xestión das películas vistas e que están por ver. Como foi a búsqueda da mellor aplicación e cales pasaron polo nos móbil antes de chegar á definitiva.
Máis información e enlaces en podcast.altg.net

#187 Foursquare segue vivo
Que non estaba morto, estaba de parranda. Despois de un mail que recibimos os Superusers esta fin de semana parece que a comunidade de Foursquare, polo menos aquela máis comprometida coa aplicación, volve a poñerse en marcha para alcanzar novos niveis e mellorar a aplicación. Aproveitamos ese feito para facer un repaso desta gran app cunha invitación para todos.
Máis información e enlaces en podcast.altg.net

#186 Conectados
Xa fai bastante tempo que se emitíu o programa de Salvados: Conectados, onde se trataba o tema da suposta adicción a internet e ao móbil. Aproveitamos este luns e a falta de outros temas para retomar o asunto cunha pequena reflexión e unha serie de artigos, entrevistas e libros que pode ser de gran interese se vos queredes formar unha opinión máis informada sobre o tema.
Todos os enlaces en podcast.altg.net

#185 O novo look de Thor
Voltamos un venres máis cunha selección dos enlaces e novas máis interesantes da última semana cun pouco de todo. A nova forma de gañar cartos de Whatsapp, as primeiras imaxes de Thor, o significado das especificacións IP nos móbiles e as primeiras reviews de Iron Fist, o último Defender.
Toda a información e enlaces en podcast.altg.net

#184 Poñémonos ao día con Spotify
Hoxe facemos un repaso a todo o que pasou na industria do streaming musical ultimamente facendo especial foco en Spotify e as últimas novidades, incluínda a chegada aos 50 millón de usuarios de pago, unha cifra moi por riba de Apple Music e outras plataformas como Tidal e Soundcloud.
Toda a información e enlaces en podcast.altg.net

#183 Snapchat en bolsa
Xa fai uns días que Snap Inc. saíu a bolsa pero non é ata agora, pasado xa un tempo, que podemos ver cal vai poder ser o seu futuro no mercado de valores. Aproveitando este feito facemos un repaso á situación actual da compañía e a como funciona, de forma moi sinxela, a bolsa, para que todos entendamos o que está a pasar.
Máis información e enlaces en podcast.altg.net

#182 Logan
Aproveitamos a fin de semana para ir ver un dos estrenos destacados deste mes, Logan, o peche de Lobezno no universo dos X-Men que chega a nós dunha forma na que estamos pouco acostumados a ver neste tipo de películas, dunha forma moi persoal, moi centrada no importante e que deixou un moi bo gusto na crítica. Aproveitamos o Decote de hoxe para falar dela e das nosas sensacións despois de vela.
Todos os enlaces e máis información en podcast.altg.net

#181 MWC 2017
Xa se acabou o MWC deste ano e non foron poucas as cousas que se presentaron nestes 4 días de feira oficial, sen contar con todo o que se presente, como de costume, antes de que empecer o evento. Teléfonos, ordenadores, procesadores, tablets e todo tipo de novas tecnoloxías que pretenden revolucionar o mercado no próximos ano. Como sabedes é imposible velas todas así que hoxe facemos un doble resumo, no podcast o máis importante do máis importante e no blog todo o máis importante cos seus respectivos enlaces para que non vos perdades detalle.
Todos os enlaces deste e outros podcasts en podcast.altg.net

#180 Liberando a Nintendo Switch
Hoxe é o gran día, hoxe sae á venda a Nintendo Switch! Aproveitando este gran evento imos utilizar o podcast de hoxe como repaso de todo o que se falou ata agora da consola, as reviews máis destacadas que sairon, a últimas novas e todo aquelo que pode ser de interese, tanto se a vas mercar como se estás dubidando que facer. Un resumo en toda regla para ter todo claro o día 1 desta nova videoconsola.
Máis información e todos os enlaces en podcast.altg.net

#179 Todas as versións de Youtube
Youtube xa fai tempo que non é só unha web onde ver e subir vídeos, dende fai anos novas aplicacións e novos formatos procuran dar á diversidade de público que visita a plataforma un produto máis enfocado a eles, así apareceron Youtube Kids, Youtube Music ou Youtube Go entre outros. A isto hai que sumarlle as apostas polos contidos de pago como Red e agora TV, como queda o panorama de Youtube?
Máis información e enlaces en podcast.altg.net
Agora cun 100% de novo deseño!

#178 O retorno
Voltamos tras un longo tempo cun triple retorno, o deste podcast, o de Nokia e o do modelo 3310. E para que este primeiro episodio veña cheo de información falamos do que pasou con Nokia tras ser adquirido por Microsoft, dos tres novos modelos de smartphone e de a que se debeu a decepción tras a presentación do renacido modelo 3310.
Todos os enlaces e máis información en podcast.altg.net

#177 Metodoloxías áxiles
Como vos comentaba no último podcast, nas últimas semanas fixen un curso de Scrum Manager onde entre outras cousas se falou das metodoloxías áxiles, entre as que se inclúe Scrum, e de Kanban. No podcast de hoxe falamos destas metodoloxías, dos seus principios e das bases de Scrum e Kanban para que, se vos interesan, poidades ampliar os vosos coñecementos cos enlaces que vos deixo na descripción.

#176 Lembrádesvos de eBay?
Hoxe voltamos cunha reflexión profunda sobre o estado das aplicacións e webs de segunda man. Seguen funcionando tan ben como fai ano? Convertéronse Amazon e Aliexpress nos sustitutos de ebay sen que ninguén se enterara? Alguén se lembra de ebay?
Máis información e enlaces en podcast.altg.net

#175 Como romper a pantalla do Apple Watch
Despois de un tempo de interrupción voltamos á carga cun tutorial do máis útil para os máis manitas da casa. Como romper a pantalla do Apple Watch en poucos e sinxelos pasos. Ademais tamén facemos un pequeno resumo da experiencia con le estos últimos 4 meses.
Máis información e enlaces en podcast.altg.net

#174 O canon Star Wars de principio a fin
Voltamos unha semana máis despois de moito tempo sen facelo, con todas esas cousiñas que se nos foron quedando no tinteiro nos últimos tempos. Nesta ocasión para falar de Star Wars, de Apple, da Nasa e do League of Legends, ou que eu chamaría un venres completito
Máis información e enlaces en podcast.altg.net

#173 Un cambio inesperado
Como cambian os tempos, antes adoecía por estrenar tecnoloxía todos os días se puidera e hoxe que chega un novo iPhone a miña case de forma inesperada case nin gracia me fai. Como? Un novo iPhone? Pois si amigos, 4 anos e uns meses despois o meu iPhone 5 chegou ao seu fin operativo.
Máis información e enlaces en podcast.altg.net

#172 A Switch coas especificacións na man
Xa falamos dela e estou seguro de que volveremos falar no futuro. A nova videoconsola de Nintendo está dando moitos titulares, empezando polo concepto que propón, seguindo polos videoxogos cos que sairá e que ampliarán o seu catálogo e acabando polos puntos menos positivos, como o almacenamento ou a batería. Tras a presentación formal da pasada semana analizamos todos os novos datos e todo o que podemos esperar desta recén chegada.
Máis información e enlaces en podcast.altg.net

#171 Altaba
Parece que pese aos problemas que está tendo Yahoo e os escándalos que está sufrindo nos últimos tempo a súa compra por parte de Verizon segue vento en popa. No día de onte saltou ás novas que no caso de pecharse o proceso a parte de Yahoo que non pasa a formar parte de Verizon recibirá o nome de Altaba e que Marissa Mayer sairá da empresa de forma inminente. Nesta última quero centrar o meu Decote de hoxe.
Máis información e enlaces en podcast.altg.net

#170 Ata chegar ao iPhone
Onte fixéronse 10 anos da presentación do primeiro iPhone. Como de seguro que entre onte e hoxe xa vos contaron todo o que non sabíades sobre esas presentación, o iPhone e Steve Jobs, hoxe aproveitamos para facer un programa máis persoal falando do que foi o meu ascenso ata chegar a ter un iPhone.
Máis información e enlaces en podcast.altg.net

#169 Dentro da beta de Plex Cloud
Fai un tempo falamos por aquí de Plex Cloud, a nova aposta de Plex para que os nosos ordenadores e NAS puidesen descansar de vez en cando. Fai uns días, como o mellor agasallo de reis, tivemos acceso á beta e aquí van as nosas primeiras impresións.
Máis información e enlaces en podcast.altg.net

#168 Disputas de cobertura
Se hai algo que sempre falla no Nadal, ou canto menos en fin de ano, é a sinal do móvil pola sobrecarga que neses momentos de produce, pero o que ninguén podía agardar é que iso fora pasar un 23 de decembro pola tarde e toda a tormenta que viría posteriormente entre R e Vodafone.
Máis información e enlaces en podcast.altg.net

#167 Rebaixas de inverno
Chegamos ao final da penúltima semana do ano cunha boa recopilación de novas que non pasaron o corte da relevancia e do interés pero que por iso non deixan de ser dignas de mención, con especial atención ás rebaixas de Steam e á curiosa historia da cidade máis conectada dos 90.
Máis información e enlaces en podcast.altg.net

#166 Agasallos propios
Despois de unha primeira entrega de agasallos alleos, hoxe vimos cunha entrega moito máis persoal das miñas recomendacións persoais para agasallar, moi de nicho e moi centradas nas cousas que diariamente uso na miña vida.
Máis información e enlaces en podcast.altg.net

#165 Firefly
Xa saíu un par de veces neste podcast, pero non foi ata a semana pasada que puiden rematar esta xenial series. Falamos dela, das súas claves, de como se convertíu nunha serie de culto e de como vela se vos decidides a ser un browncoat.
Máis información e enlaces en podcast.altg.net

#164 Regalos alleos
A nada de que chegue Santa Claus a casa de algúsn afortunados, outro teremos que agardar a que veñan os reis, é o que ten a monarquí, sacamos a relucir algunhas das listas de agasallos máis interesantes da rede, unha boa forma de sacar ideas para os amigos e familiares máis tecnolóxicos.
Máis información e enlaces en podcast.altg.net

#163 Rogue One
Voltamos despois de unha longa baixa para falar de Rogue One, a nova película do universo Star Wars que une os episodios 3 e 4, e tenta explicar algunhas das preguntas máis interesantes que nos levamos facendo durante anos. Falamos diso, do encaixe dentro do universo e do que foron as miñas impresións, sen spoilers, despois de vela.
Máis información e enlaces en podcast.altg.net

#162 Lytro
Neste día tan pouco recomendado para casar ou embarcar falamos de Lytro, unha marca moi ligada a súa tecnoloxía que tivo no seu día grandes momentos de explendor e que quedou reducida ao anónimato. Vemos as razóns, facemos memoria e sacamos conclusións sobre os factores comúns de moitas destas tecnoloxías que non acaban de despegar.
Máis información en podcast.altg.net

#161 SUPERHOT
Voltamos unha semana máis con forza presentando un novo formato que xa viñemos anunciando as anteriores semanas. Hoxe falamos de SUPERHOT, un dos mellores xogos independientes do ano, pero como sei que cos videoxogos as palabras non son suficientes, na descripción podedes atopar o xogo completo en vídeo, para que non perdades detalle.
Enlaces e máis información en podcast.altg.net

#160 Youtube Rewind
Xa estamos nesa época do ano onde as recopilacións dos mellores momentos do ano chegan as nosas pantallas, no Decote de hoxe facémoslles un quiebro e tentamos falar de cousas máis interesantes como os erros de podcast pasados, as grandes cifras de Playstation e Apple Music e o trailer de Spiderman Homecoming.
Todos os enlaces en podcast.altg.net

#159 Así funciona Apple Pay
Aproveitamos este xoves de reflexión e con consumismo reducido para falar dos pagos contactless e Apple Pay, de como se configura no voso teléfono e reloxo, por duplicado, e de como e onde podedes operar con el agora mesmo, se sodes clientes do banco Santander.
Subscríbete á newsletter en podcast.altg.net

#158 O fin de Pebble
Semella que Pebble como empresa non vai chegar ao 2017, unha mágoa saber que Fitbit, un dos principais competidores no mundo da cuantificación, fíxose coa empresa americana de reloxes intelixentes por algo menos de 40 millóns de dólares e que todo o que anunciaran no seu último kickstarter non chegarás aos seus mecenas.
Máis información e enlaces en podcast.altg.net

#157 Sobre o meu libro
Xa van moito episodios, máis dos que nunca pensei que faría, pero aínda así quedan moitas cousas que cambiar e mellorar pouco o a pouco para conseguir que este pequeno recuncho da rede sexa un medio de comunicación (persoal) máis eficaz, eficiente e sobre todo, divertido. Hoxe reflexionamos sobre iso, sobre os cambios que veñen e os que se van.
Enlaces ao blog onde poder suscribirse podcast.altg.net

#156 Foundation
Cando parecía que xa non había salvación para Sean Murray, Hello Games e o seu afamado xogo No Man's Sky chega a actulización Foundation prometendo cambiar a dirección e o ritmo de todo o que víramos ata agora. Será así de verdade? Esperemos que si, porque senón o premio ao peor xogo do ano xa o teñen asegurado.
Enlaces de este e outros episodios en podcast.altg.net

#155 Black Friday
Este venres sustituimos o tradicional resumo de cousiñas que nos quedaron no tinteiro por unha guía moi resumida de onde atopar algunhas das mellores ofertas este Black Friday, en que tendas fixarse, de cales non esquecerse e como sempre, con cales ter coidado.
Todos os enlaces en podcast.altg.net

#154 Pocket Cast
Xa sabedes que cando busco un software novo non me vale calquera cousa, sempre que teño que buscar unha nova ferramenta busco que cumpla unha serie de requisitos que me permitan sacarlle o máximo partido en todo momento, e nesta ocasión tocoulle a ocasión á aplicación para escoitar podcasts.
Enlaces e episodios anteriores en podcast.altg.net

#153 Dr. Strange
Aínda que leva xa un tempo nas carteleiras non foi ata este fin de semana que tiven oportunidade de ver, coa calma e tranquilidade que merece, a última entrega do universo cinematográfico de Marvel. Dr. Strange co meu querido Benedict Cumberbatch ao fronte.
Todos os enlaces ao resto de episodios en podcast.altg.net

#152 Un Instagram máis efímero
Instagram continúa a súa andaina no mundo da copia fidedigna da competencia, nesta ocasión trae o que lle faltaba de Snapchat e todo Periscope de golpe, dous movementos que non parecen asustar a Snapchat que coas súas Spectacles está facendo unha campaña de posta en marcha nunca antes vista.
Enlaces ás novas en podcast.altg.net

#151 It’s been real, Casey
Máis de 500 vlogs despois a historia de Casey Neistat chega ao seu fin. Neste decote facemos un brevísimo resumo do que supuxo este ano e medio de vlogs nun sector que avanza a trompicóns e que parece non esixirse todo o que se merece. Casey, botarémoste de menos.
Enlace aos podcast anteriores en podcast.altg.net

#150 The Grand Tour e Amazon
Nova venres e nova recopilación de novas, nesta ocasión de novas presentacións, como a dos novos cuadricópteros de DJI e o novo terminal de OnePlus, e de estreas, como a próxima chega de Amazon Prime Video por estes lares e da estrea mundial de The Grand Tour.
Todos os enlaces en podcast.altg.net

#149 HBO en España
HBO chega a España como unha nova opción a ter en conta no streaming de series, películas e documentais. Por primeira vez imos ter dous servizos moi competitivos con boa oferta para non ser ilegais, como efactará isto? Quen poderá e quererá pagar os dous servizos?
Todos os enlaces en podcast.altg.net

#148 Detrás dunha review
