
TIP&TIC
By dorfun
Agora na tempada 2: Só en falangullo aquí e en Ivoox.
A tempada 3? Pois no Zona Wifi de Xabier Rolán anchor.fm/xabierrolan

TIP&TICJun 08, 2020

TIP&TIC 52 Bucando cobertura
Ando buscando acubillo noutras redes así que atopei cobertura na Zona WiFi de Xabier Rolán: https://anchor.fm/xabierrolan

TIP&TIC 51 Tempada 3?
Se che apetece e/ou queres formar parte da terceira tempada, xa sabes o que hai que facer!

TIP&TIC 50 Fin de tempada
Aquí remata a segunda tempada de TIP&TIC e é posible que non haxa nunca máis unha terceira... pero veremos.

TIP&TIC 49 Fugas de información
Hai fugas de información cando o que non queremos que se difunda sae do noso control e hai desbandadas de datos cando non nos importa demasiado e deixamos que calquera acceda.

TIP&TIC 48 O tempo múdao todo
O que antes era perigoso agora é o modelo de negocio, o que antes era unha fonte de cartos inmensa agora xa non existe... así é o mercado!

TIP&TIC 47 Esa amizade informática á que pides axuda
Que móbil merco? Porqué non usas WhatsApp? O Windows non me vai, axúdasme? Son preguntas típicas que nos caen de cando en vez.

TIP&TIC 46 Quen sabe o que está ben ou está mal
Aplicacións boas eliminadas de tendas por baixas puntuacións, novas verdadeiras que se cuestionan porque xa ninguén sabe o que é falso ou non, etc.

TIP&TIC 45 O que está por vir
Blockchain, interlixencia artificial, IoT, machine learning, seguridade... moitos son os campos que están medrando agora e os que quedan por vir!

TIP&TIC 44 Algún día haberá que empezar
Escolle un obxectivo, toma unha decisión e empeza XA. Non o deixes para mañá, non te compliques, simplifica e actúa.

TIP&TIC 43 Dicotomías
No mundo da tecnoloxía parece que o sistema binario impuxo tamén a dualidade entre opcións e queda pouco espazo para terceiras, cuartas ou máis alternativas en xeral.

TIP&TIC 42 A forza máis poderosa do universo TIC
O rexeitamento ao cambio e a movilización en contra de calquera cousa que supoña modificar como se facían as cousas até o de agora.

TIP&TIC 41 O teu identificador na rede
Se tes un dominio e non o utilizas tamén para os teus enderezos de correo electrónico, algo non está a encaixar ben na túa forma de xestionar a túa identidade na rede.

TIP&TIC 40 Soporte técnico, dígame?
Como complemento ao fantástico artigo de Isaac González: Do you want to learn computer science? A teacher’s guide https://isaacgonzalez.eu/blog/2020/05/12/do-you-want-to-learn-computer-science-a-teachers-guide/ aquí vai unha proposta máis de desenvolvemento persoal

TIP&TIC 39 Intelixencia artificiosa
Sobre a ética e a moral que as persoas humanas introducimos nas aplicacións de software e hardware e uso que posteriormente podemos facer diso.

TIP&TIC 38 Early adopters
Que apareza un novo servizo, unha nova aplicación, un novo dispositivo, etc. non é xustificación para querer usalo "per se"... importa máis a reflexión e a análise previa do que podamos aproveitar que as promesas e o tempo empregado dun potencial que é posible que se dilúa no tempo.

TIP&TIC 37 Desconfía!
Desconfía de mensaxes de correo perigosos, de documentos que soliciten pagamentos que non fixestes, de ligazóns que apuntan a enderezos sospeitosos, etc.

TIP&TIC 36 Recuperando a información dixital gardada
Se tes problemas para atopar documentos, ligazóns, mensaxes de correo, contidos web, etc. que algunha vez gardaches, é imporante que revises a túa forma de facelo... xa!

TIP&TIC 35 Que lle pido a un mobil?
Algunhas características físicas, de deseño e construción... e algún outro requerimento de software.

TIP&TIC 34 Soporte técnico dígame
Esa parte fundamental do mundo da tecnoloxía á que nunca prestamos atención até que algo vai mal.

TIP&TIC 33 Prepárate para o peor

TIP&TIC 32 Ti tamén es "hardware"

TIP&TIC 31 Ollo cos contrasinais

TIP&TIC 30 Pechamos a cámara
Fin da tempada 1. A seguinte tempada seguirá en Ivoox https://www.ivoox.com/podcast-tip-tic_sq_f1891875_1.html e Anchor https://anchor.fm/dorfun

TIP&TIC 29 Unha de libros
Unha escolla de libros que me parecen de interese: sobre persoeiros, sobre conceptos, sobre temas e areas de coñecemento, etc.

TIP&TIC 28 Decisións de persoa visionaria
Marcando tendencia con grandes escollas de produtos que acabaron desaparecendo

TIP&TIC 27 Algunhas aplicacións para móbiles
Das que uso e máis me gustan, como Wikiloc, Fing, Firefox Focus, Stocard ou Podcast addict.

TIP&TIC 26 Argalladas web pasa sair e divertirse
Couchsurfing, geocahing e bookcrossing. Tres servizos que teñen un nexo de unión web pero que precisan unha parte física para disfrutalos.

TIP&TIC 25 Un servidor de arquivos en local
Falando de NAS e das funcionalidades e servizos que podedes atopar neles

TIP&TIC 24 Colaborando en proxectos de software
Ou tamén de hardware, mediante doazóns, traducións, informando de erros, etc.

TIP&TIC 23 Dispositivos USB
Adaptadores, conversores, USBs ao vivo, chaves de autenticación ou condóns USB.

TIP&TIC 22 Os nosos servizos e aplicacións nunha Raspberry Pi
Como por exemplo Pi-hole, Nextcloud, Home assistant, Kodi, etc.

TIP&TIC 21 Organizando a información
Os nomes de arquivo os cartafoles e as ferramentas para organizar os teus datos.

TIP&TIC 20 Ergonomía
Da nosa posición corporal, os teclados e ratos, a configuración da pantalla, etc.

TIP&TIC 19 Contrasinais
Os contrasinais os dobles factores de autenticación e ferramentas útiles para xestionalos.

TIP&TIC 18 Virtualizar, encapsular e containers
Executando aplicacións en contornas un pouco maís seguras

TIP&TIC 17 Libros electrónicos
Sobre formatos de libros electrónicos e como ler, crear e organizalos.

TIP&TIC 16 Creación de contidos audiovisuais
Unhas pingas de Audacity, GIMP, OpenShot e OBS

TIP&TIC 15 Comunicacións seguras DNS e VPN
Un pouco de DNS, de VPN e de como manter as nosas comunicacións un pouco máis seguras.

TIP&TIC 14 O navegador web
Navegadores alternativos, bloqueo de cokies e desactivar o Javascript

TIP&TIC 13 O navegador web
Opcións de configuración e preferencias e máis algunha extensión útil

TIP&TIC 12 O navegador web
Algúns dos distintos navegadores que existen e máis as súas funcionalidades básicas.

TIP&TIC 11 Correo electrónico
As extensións as contas múltiples e os xestores que permiten integralas todas xuntas.

TIP&TIC 10 Correo electrónico
Cartafoles, etiquetas, correos múltiples, etc

TIP&TIC 9 Correo electrónico
Cartafol de entrada baleiro. Cartafoles e etiquetas.

TIP&TIC 8 Correo electrónico
Cliente web, POP, IMAP... e o cartafol de entrada.

TIP&TIC 7 Correo electrónico
Acceder ao correo electrónico desde múltiples dispositivos, clientes, etc. é fundamental nese plan B que sempre debemos ter presentes no mundo tecnolóxico.

TIP&TIC 6 Configura!
Revisa sempre a configurción de todos os teus compoñentes. Cando instalas, cando se actualiza e cando ves preciso confirmar que todo está ao teu gusto.

TIP&TIC 1 Hardware
Unha introdución e máis un pouco de dispositivos físicos (hardware)

TIP&TIC 2 Hardware
Un pouco máis sobre o hardware e os periféricos. Que dispositivos escoller, atendendo a outros factores.

TIP&TIC 3 Sistema Operativo
O primeiro que ven, despois de ter lista a parte física é a escolla do sistema operativo.

TIP&TIC 4 Evita pontos críticos de falla
Nesta vai algo de "SPoF" (Single Point of Failure) ou puntos de erros únicos.

TIP&TIC 5 Se previsora
Antes de iniciar algún cambio na túa contorna TIC, revisa o que vai cambiar (as notas de cambio) o que está a cambiar e se algo realmente cambio para "mal".