Skip to main content
Spotify for Podcasters
LARETANDO

LARETANDO

By Galicia Confidencial

Benvidos a 'Laretando', o novo pódcast do Galicia Confidencial. Pero xa vos aviso que aquí non ides encontrar nada serio, que para iso xa temos o xornal. A nós o que nos gusta é o 'salseo', e por iso creamos este pódcast para falar con creadores de contido galegos.

Xa que está moi de moda isto de subir cousas ás redes, nós imos laretar con eles para coñecelos un pouquiño máis e saber quen é a persoa que está detrás dos vídeos. Está guai, verdade? Pois entón non sei a que esperas para seguirnos! ;)
Currently playing episode

De ser de BOIRO aos MESTRE MATEO con @olaxonmario | LARETANDO #01

LARETANDOJun 21, 2023

00:00
49:48
LARETANDO especial Premios PARAUGAS 2023 con @zapatillaspodcast

LARETANDO especial Premios PARAUGAS 2023 con @zapatillaspodcast

O 17 de novembro entregáronse os premios Paraugas de comunicación, marketing e deseño e nós quixemos conversar, xunto cos rapaces de Zapatillas, con algúns dos premiados e finalistas desta cita tan importante para o sector. E fixémolo por todo o alto cun podcast presencial gravado na Coruña onde, ademais de falar de redes sociais e do mundo da publicidade, tamén lle fixemos un exame sorpresa ao público para saber se estudaron o tema. A que esperas para darlle ao 'clic''?

Dec 09, 202343:14
O traballo no MAR con @totakeki | LARETANDO #12

O traballo no MAR con @totakeki | LARETANDO #12

TikToker, Twitcheira e mariñeira. Merce, coñecida como Totakeki nas redes, é a nosa seguinte convidada ao podcast! No seu episodio falamos do seu traballo de mariñeira, da súa gran afección polo Dépor e o eterno pique co Celta e do verdadeiro protagonista do seu perfil, 'el suegro'. Non o perdades porque é un episodio moi interesante!

Nov 22, 202353:13
Todo sobre PLANTAS con @plantitiscronica | LARETANDO #11

Todo sobre PLANTAS con @plantitiscronica | LARETANDO #11

A cantos nos morren as plantas e non sabemos por que? Pois neste episodio falamos con Clara Redondo, máis coñecida como @plantitiscronica, unha experta no coidado das plantas que nos falou, entre outros temas, de errores consellos ou mitos arredor destes vexetais.

Nov 08, 202356:10
A lea entre os MEDIOS e as REDES con @orgullo.galego | LARETANDO #10

A lea entre os MEDIOS e as REDES con @orgullo.galego | LARETANDO #10

Se dicimos que o noso convidado é Borxa igual non vos soa moito, pero se engadimos que é o creador de Orgullo Galego seguro que si.


E é que esta conta é a comunidade en galego máis grande da rede e os seus contidos son compartidos por miles de persoas. No seu episodio falamos de temas como a liorta dos medios tradicionais coas redes, de ser nefalantes ou do consumo de contido en galego por parte da mocidade. Non o perdades!

Oct 25, 202357:07
Persoas 'REPUNANTES' con @meryfos | LARETANDO #09

Persoas 'REPUNANTES' con @meryfos | LARETANDO #09

Virtudes é a gran personaxe de TikTok e nós tivemos neste episodio o placer de poder falar ca persoa que está detrás deste éxito, María Foscaldo -meryfos-.

Con ela falamos en profundidade desta personaxe e de todo a que a rodea, tamén tocamos o seu soño frustrado de ser presentadora de televisión - cunha moral final moi importante- e tamén puxemos unha serie de exemplos de persoas repunantes que nos poñen dos nervios.


Presentado por: Patri Otero

Cámara e montaxe de vídeo: Gabriela Prada

Oct 11, 202356:34
Da SKINCARE á cabra de VALGA con @sarasecorial | LARETANDO #08

Da SKINCARE á cabra de VALGA con @sarasecorial | LARETANDO #08

"Esa é a dos vlogs non,?". Pois si, Sara Seco, coñecida en TikTok por mostrar o seu día a día, é a nosa seguinte convidada a Laretando. Con ela analizamos en profundidade os seus contidos, falamos das súas rutinas de beleza, de próximas receitas que veremos na súa canle ou das súas colaboracións con grandes marcas. Non o perdas!

Sep 27, 202353:14
Adentrándonos no MUNDO 'FITNESS' con @gabiiig8 | LARETANDO #07

Adentrándonos no MUNDO 'FITNESS' con @gabiiig8 | LARETANDO #07

Quen non coñece os famosos vídeos de Gabi de 'No resto de España.... en Galicia'? Este roiense é o noso séptimo convidado a Laretando. Coñecido en TikTok polas súas parodias e os seus particulares vídeos de identidade galega, acumula unha comunidade de máis de 70.000 seguidores en dita plataforma e máis de 60.000 en Instagram. Con el falamos da educación infantil, do seu famoso 'Furnacho das Tentacións' e de todo o relacionado co mundo 'fitness', no que el está 'a tope'.

Sep 13, 202301:01:09
A MEDICINA e a SAÚDE MENTAL con @recunchomedico | LARETANDO #06

A MEDICINA e a SAÚDE MENTAL con @recunchomedico | LARETANDO #06

Fátima Barros, coñecida como @recunchomedico nas redes é a nosa sexta convidada a Laretando! Esta estudante de sexto de medicina conseguiu crear unha comunidade que se interesa por temas médicos e científicos e en galego.

No episodio falamos de temas como os estudos e a ABAU, as especialidades de medicina, o galego na ciencia ou de saúde mental. Non o perdas!

Aug 30, 202357:15
Desromantizando o EMBARAZO con @laurafranco111 | LARETANDO #05

Desromantizando o EMBARAZO con @laurafranco111 | LARETANDO #05

No quinto episodio de Laretando traemos a Laura Franco, unha tiktoker coñecida na plataforma polas súas reflexións sobre temas como a homofobia ou o machismo, pero sempre con doses de humor e de retranca galega. No capítulo démoslle visibilidade ao trastorno de ansiedade que ela padece, que vai máis alá de momentos de angustia e tamén falamos de ser xeroculturtora e a mala fama que ten esta profesión. E como non, xa que Laura está embarazada, tamén desromantizamos este proceso que, normalmente, se tende a idealizar.

Aug 16, 202357:55
Debullando as ELECCIÓNS con @ouke_gal | LARETANDO #04

Debullando as ELECCIÓNS con @ouke_gal | LARETANDO #04

Despois das eleccións do 28M e do 23X tiñamos que falar de política si ou si. E para iso contamos con Iván Iglesias, directorer de OuKé!, un medio emerxente especializado na política de Ourense que nos deu unha visión xeral do panorama político ourensá, galego e español. ¡Non o perdades!

Aug 02, 202301:04:25
Da TABERNA ao LUAR con @letidataberna | LARETANDO #03

Da TABERNA ao LUAR con @letidataberna | LARETANDO #03

Que gran episodio nos quedou con Leti! Esta muller afincada en Santiago é unhas das caras máis visibles da creación de contidos en galego e en Laretando falamos de tantos temas que non me dá este espazo para mencionalos todos. Destacamos sobre todo a valorización das tabernas e da profesión se sociosanitario e os problemas adolescentes e de baixa autoestima aos que Leti se tivo en enfrontar.

Jul 19, 202356:19
A SOSTIBILIDADE con @blondiemuser | LARETANDO #02

A SOSTIBILIDADE con @blondiemuser | LARETANDO #02

Neste segundo episodio traemos a unha grandes das redes, e é que Paula (@blondiemuser) é unha creadora de contido das Pontes que conta con case dous millóns de seguidores en TikTok e máis de 35.000 en Instagram. Case nada!


Os seus contidos tratan sobre todo de sostibilidade e medio ambiente, pero nós neste pódcast imos máis alá e tamén falamos doutros temas igual de importantes como os comentarios negativos que recibe en redes, o galego ou de relacións tóxicas. Variedade hai sen dúbida!

Jul 05, 202357:38
De ser de BOIRO aos MESTRE MATEO con @olaxonmario | LARETANDO #01

De ser de BOIRO aos MESTRE MATEO con @olaxonmario | LARETANDO #01

No noso primeiro episodio temos a Mario Brión, máis coñecido en redes como @olaxonmario, un gran comunicador galego e unha gran persoa coa que pasamos un moi bo rato e coa que falamos dos seus inicios nas redes, do seu pódcast e de ser de Boiro, de deporte e tamén dos Premios Mestre Mateo, aos que estivo nomeado este ano como mellor comunicador.

Ah! E como non, tamén había que soltar algunha que outra pulla -Esther Estévez prepárate- que a nós o que nos interesa é o salseo e xa vos aviso que neste episodio hai moooito diso.

Presentado por: Patri Otero

Cámara e montaxe de vídeo: Gabriela Prada

Jun 21, 202349:48
Benvidos a LARETANDO

Benvidos a LARETANDO

Que é isto de Laretando? Pois o teu podcast de confianza para coñecer aos creadores de contido galegos. Gratis, con tías chulísimas e en galego. Que máis se pode pedir? :)

Jun 19, 202300:36