Skip to main content
Spotify for Podcasters
Malva e Duarte falan de misterios

Malva e Duarte falan de misterios

By Malva e Duarte

Un podcast da Revista Luzes no que Malva e Duarte falan de misterios
Available on
Apple Podcasts Logo
Castbox Logo
Google Podcasts Logo
Spotify Logo
Currently playing episode

S03E06 - Olivia Rodrigo, Sophie Turner e demais cultura pop con Sara Riveiro

Malva e Duarte falan de misteriosSep 26, 2023

00:00
58:27
S03E06 - Olivia Rodrigo, Sophie Turner e demais cultura pop con Sara Riveiro

S03E06 - Olivia Rodrigo, Sophie Turner e demais cultura pop con Sara Riveiro

Volvemos despois de ter a Sara Riveiro secuestrada no soto de Malva e Duarte falan de misterios unha semana para obrigala a charlar un chisco máis connosco sobre Olivia Rodrigo, a epidemia de divorcios de famosos, as vidas sentimentais das Kardashian e ser a amiga á que tes medo de presentarlle o teu mozo.

Sep 26, 202358:27
S03E05 - O misterio do accidente de Formula 1

S03E05 - O misterio do accidente de Formula 1

Ninguén contaba con isto, pode que nin nós mesmos, pero esta semana temos un misterio de Formula 1! @SaraRiveiro ven falar con Malva e Duarte sobre un estraño suceso de Fernando Alonso, a casposa figura de Rafa Nadal e os fandoms tóxicos.

Sep 20, 202301:00:17
S03E04 - Malva e Helena falan de tanxentes

S03E04 - Malva e Helena falan de tanxentes

Esta semana Duarte marcha de vacacións, pero non vos preocupedes, que ven Helena (@cousasrarismas) a ocupar o seu lugar! Nunha conversa máis longa do que debería sobre monolingües, Love Actually e o os beneficios de ter amigues desempregades, un non pode evitar pensar que en vez de “Malva e Helena falan de tanxentes” este episodio igual debería chamarse: Malva e Helena esquecen que están nun podcast e non unha chamada de teléfono.

Sep 13, 202301:15:41
S03E03 - O misterio dos plátanos

S03E03 - O misterio dos plátanos

Non sempre temos que viaxar a países moi afastados; esta semana, o misterio queda na casa. Tres plátanos, cinco sospeitoses, e un invitado moi especial no segundo episodio da terceira tempada, onde esta vez Malva, Duarte e Diego Anido falan de misterios.

Sep 05, 202301:08:01
S03E02 - Tanxente primeira

S03E02 - Tanxente primeira

Dos creadores de Malva e Duarte falan de Misterio chega: Malva e Duarte falan de Tanxentes, un novo formato de programa que reflexa a gran orixinalidade que temos á hora de poñer nomes. Neste tipo de episodio, cambiamos o paranormal pola actualidade, ou máis ben polo temas que se nos van ocorrendo.

Aug 29, 202358:14
S03E01 - O misterio das xemelgas Pollock

S03E01 - O misterio das xemelgas Pollock

Xa sabedes o que din, non hai dous sen tres! E como expertos en misterio, volvemos cunha nova tempada sen deixar nada claro porque acabamos a anterior. Nesta ocasión falamos das xemelgas Pollock, un caso sobre reencarnacións, o medo aos coches e o feos que son algúns bebés.

Aug 22, 202357:52
S02E06 - O misterio de Romasanta

S02E06 - O misterio de Romasanta

Parece mentira pero unha temporada e media despois, por fin temos un misterio galego! Neste novo episodio falamos de Manuel Blanco Romasanta, o primeiro caso documentado dun lobishome, e como aconteceu o seu xuizo, sen esquecernos de Elon Musk, das pelis que vimos recentemente e do interesante que é falar cunha persoa que non te escoita.

Dec 20, 202258:45
S02E05 - Malva e Duarte teñen conversas perversas. Especial conspiracións Parte 1

S02E05 - Malva e Duarte teñen conversas perversas. Especial conspiracións Parte 1

Desta vez Malva e Duarte mudan os misterios polas conspiracións no episodio máis especial ata o momento, nunha colaboración co podcast de Conversas Perversas.

Nun xiro de guión, abandonamos o esquema habitual para facer unha competición de teorías, nas que explicamos catro conspiracións para ver cal é a gañadora.

Este episodio é a primeira parte do especial, así que para saber como remata, ides ter que escoitar a segunda parte no podcast de Conversas Perversas!

Dec 07, 202201:02:31
S02E04 - O misterio do triángulo das Bermudas

S02E04 - O misterio do triángulo das Bermudas

Tres lados ten un triángulo e tres persoas falan neste podcast! Disfrutade do especial Sara, Malva e Duarte falan de misterio, no que contamos con Sara Seco para falar do fenómeno das Bermudas, onde tocaremos barcos sen tripulantes, bestias marítimas, se as figuras xeométricas levan pantalóns e a inseguridade dos homes coa súa altura.
Nov 22, 202201:00:20
S02E03 - O misterio de Amelia Earhart

S02E03 - O misterio de Amelia Earhart

Nesta semana, Malva e Duarte tratan por fin un dos temas máis esperados: a misteriosa desaparición da piloto Amelia Earheart mentres daba a volta ao mundo. Entre as tanxentes atopamos: o comportamento do Duarte bébedo, Taylor Swift (outra vez), Nee Barros (outra vez) e unha sorprendentemente profunda e innecesaria discusión spoiler-free sobre Young Royals.
Nov 08, 202201:00:06
S02E02 - O misterio das desaparicións de Reiquiavik

S02E02 - O misterio das desaparicións de Reiquiavik

Advertencia de contido: Este episodio contén discusións sobre violencia policial

Esta semana Malva e Duarte discuten as misteriosas desaparicións de dous homes en Islandia nos 70, o novo álbum de Taylor Swift, soños raros con cameos de famosos e saudamos a Martín amigo do podcast.

Oct 25, 202201:08:14
S02E01 - o misterio do codex Gigas

S02E01 - o misterio do codex Gigas

Non estaban mortos, estaban de parranda! Volve Malva e Duarte falan de misterio nunha segunda tempada retrasada polo duro verán e a dura cara de Duarte. Neste novo inicio tocamos un códice relacionado co demo, porque “comezo” e “número par” significan falar de libros. Arranca o outubro spooky cos misterios peor contados que escoitarás xamáis, pero agora cun dous diante.

Oct 11, 202201:08:31
S01E15 O misterio de quen puxo a Bella no umeiro

S01E15 O misterio de quen puxo a Bella no umeiro

Despois doutro pequeno descanso, volven Malva e Duarte, outra vez de resaca, para falar da calor que teñen, a community manager adolescente Raquel que pasaba por alí, Miss Vaca, Shrek e, de cando en vez, discuten sobre quen puxo a Bella no umeiro.

Despois dun mes agardando polo episodio, que máis ten agardar vinte minutos para que entren en materia?

Jul 12, 202201:00:08
S01E14 - O misterio da arca da Alianza

S01E14 - O misterio da arca da Alianza

Nesta nova entrega do podcast, que tedes que escoitar porque se non o facedes estades sendo homófobes, temos dous enigmas para atopar: a voz de Duarte despois dun festival e a Arca da alianza, un novo misterio no que falamos de relixión, de perder o que queremos o do atractivo que se volve Moises no Príncipe de Exipto.
Jun 14, 202201:00:51
S01E13 - Seis lagos misteriosos

S01E13 - Seis lagos misteriosos

Hoxe temos o pracer de presentar en exclusiva a segunda edición dos Lake Awards, na que Malva e Duarte intentan desenvolverse sen o seu produtor na sombra o Ghanito mentres conversan sobre temas moi relacionados cos lagos, como pirámides, o que queren que pase cos seus corpos cando morran e a escala de Richter.

May 31, 202201:01:10
S01E12 o misterio do sinal Wow, con Iris Gestoso

S01E12 o misterio do sinal Wow, con Iris Gestoso

Nesta nova entrega de Malva e Duarte falan de misterios traemos a unha convidada chulísima, Iris Gestoso, para facer unha entrega algo diferente e falar de conspiracións, ciencia e sobre todo aliens (esquivando todo o racismo posible), a través do caso Wow!, un sinal do espazo captado nos anos 70 que aínda non ten explicación.

May 10, 202201:01:41
S01E11 - Nove lagos misteriosos

S01E11 - Nove lagos misteriosos

Nesta semana, nun episodio especial no que cambia un chisco o formato, Malva e Duarte presentan os 2022 Lago Awards, no que 9 lagos estranos e misteriosos competirán para gañar diferentes premios. Únanse a nós para escoitar sobre a orquídea da nai de Malva, a provincia de Pontevedra, ser neofalante e desastres nucleares varios.
Apr 26, 202201:01:14
S01E10 - O misterio das caras de Bélmez

S01E10 - O misterio das caras de Bélmez

O famoso misterio das caras de Bélmez como nunca antes oíches contar. Ectoplasmas, albaneis, familiares sacando tallada e a saba santa de Turín. Todo comeza cunhas manchas na parede e, desta volta, remata cun desafío con outro podcast. 😱

Apr 12, 202201:00:05
S01E09 - O misterio de D.B. Cooper

S01E09 - O misterio de D.B. Cooper

Melendi, avións, piratas e o FBI. Esta semana Malva e Duarte falan do misterio do lexendario ladrón dos 70 D.B. Cooper, e entre as tanxentes desta semana contamos con: fumar en avións, o poder duns bos lentes de sol e as tatuaxes. Acompañádenos esta semana para discutir o delito favorito de Malva e Duarte mentres, como de costume, demostran o pouco que saben sobre avións.

Mar 29, 202259:35
S01E08 - O misterio do oso de Sailugem

S01E08 - O misterio do oso de Sailugem

Neste episodio tocamos as películas de Disney, o Team Rocket e da forma máis parcial posible, a Elon Musk e a Grimes. Aínda que de cando en vez tamén se fala do novo misterio desta semana, o Oso de Sailugem, unha historia sobre ser feo e olvidado.
Mar 15, 202259:35
S01E07 - O misterio de Eilean Mor

S01E07 - O misterio de Eilean Mor

Sabiades que Amazonas é así de verde e diverso grazas a area do Sahara? Iso aprenden neste novo episodio Malva e Duarte cun invitado moi especial, co que falan da misteriosa desaparición dos fareiros da illa de Eilean Mor, o carbono-14, pandas, microondas, e abren o debate de que explica mellor os misterios do mundo: ciencia ou maxia?

Mar 01, 202201:00:46
S01E06 – O misterio da estrada de Bimini

S01E06 – O misterio da estrada de Bimini

Científicos, nomes de cans, Elon Musk e rochas no mar, todo iso nun especial sobre Atlantis no que falamos de todo menos de Atlantis. Neste novo episodio de 'Malva e Duarte falan de misterios' hai tanta presencia de tanxentes que non acabamos apurados de tempo e debatimos sobre que leva unha ensalada e se o tomate é un froito ou unha verdura.

Feb 15, 202259:17
S01E05 - O misterio da muller de Isdalen
Feb 01, 202258:45
S01E04 - O misterio do paso Dyatlov

S01E04 - O misterio do paso Dyatlov

Nova entrega de Malva e Duarte falan de misterios, onde cambiamos o mar polas montañas nunha historia de desaparicións que se cruza polo medio dunha larga lista de cousas que non nos gustan, dende a neve ata os pandas, pasando por Shingeki No Kyojin.

Descubre como un programa que trata sobre excursionistas rusos empeza con piratas xaponeses e remata, sin que se saiba moi ben como, con gandeiros de renos.

Jan 18, 202259:42
S01E03 - O Misterio do Mary Celeste

S01E03 - O Misterio do Mary Celeste

Nesta semana, Malva e Duarte falan do misterio do Mary Celeste, fraude a aseguradoras, o infravalorados que están os calamares e o sexis que son as mulleres piratas. Unídevos esta semana mentres dúas persoas que non saben nada sobre o mar discuten o misterio dun barco claramente maldito.

Jan 04, 202201:01:20
S01E02 - O misterio do manuscrito Voynich

S01E02 - O misterio do manuscrito Voynich

Aínda que imos sacar un episodio cada dúas semanas, coa emoción da estrea imos lanzadas e traemos, sen agardar máis, outra entrega onde Duarte será o encargado de narrar un novo enigma. Trataremos a historia do Manuscrito de Voynich, Atlantis, as linguas mortas e o moito que nos gustan as palabras que empezan por archi-.

Dec 21, 202158:04
S01E01 - O misterio de Roanoke

S01E01 - O misterio de Roanoke

Estréase “Malva e Duarte Falan de Misterios” onde Malva (@todomal.va en Tiktok) e o seu amigo Duarte falan de misterios sen resolver da historia, especialmente daqueles que poidan ser explicados pola presenza de aliens. Neste primeiro episodio, Malva fálalle a Duarte do misterio da colonia perdida de Roanoke, e conversan sobre pirámides, zombies e meigas das fragas de Carolina do Norte.

Dec 14, 202158:01