Skip to main content
Spotify for Podcasters
O Faiado Podcast

O Faiado Podcast

By O Faiado Podcast

Este Faiado non é o que se atopa na parte máis alta das vosas casas, non. Para subir ao noso faiado, só hai que escoitar todas as conversas que garda con moita ilusión para vós. Unha vez dentro, atoparedes o último dos podcasts galegos (e en galego).

Falaremos de temas moi variados, sobre cultura pop, galega e outras de índole social que pasan máis desapercibidas nos medios de comunicación. Contaremos con persoas convidadas para crear un espazo no que debater, reflexionar e, por suposto, botar unhas boas risas 🌟
Currently playing episode

De ser artista a aturar o 'mansplaining' dos señoros con ANDREA VALLE e AROA OUTÓN | O Faiado Podcast

O Faiado PodcastApr 28, 2023

00:00
45:08
De bailar O Galo a enchernos como cadelos con ORTIGA e GRANDE AMORE | O Faiado Podcast

De bailar O Galo a enchernos como cadelos con ORTIGA e GRANDE AMORE | O Faiado Podcast

A estas alturas do ano, o monte xa está cheo de croques, estalotes ou como lle chamedes na vosa zona. Iso só quere dicir unha cousa: chega San Xoán e con el o verán! Nesta estación dá tempo a que pase de todo: reencontros, amores (e desamores, claro), os mellores festivais de música, as verbenas coas anécdotas máis tolas, Compostela petada de guiris... Disto falaremos con dúas figuras clave do panorama musical galego: Grande Amore e Ortiga (aka Los Rastreadores). Soben xuntos ó Faiado para falar de aquilo que forma parte desta época estival e de como a viven eles como artistas. Xa adiantamos que non todo é alegría e diversión. Parece que o que sucede no backstage non se parece tanto ao que pasa en Las Vegas. O que si, as risas volven estar aseguradas, así que, atención, porque imos falar de cousas (o de enchernos deixámolo para outra ocasión). Non podiamos despedirnos mellor maneira!

Jun 23, 202301:34:15
De ter o corason como un 'after' a surfear xente con THE RAPANTS | O Faiado Podcast

De ter o corason como un 'after' a surfear xente con THE RAPANTS | O Faiado Podcast

O penúltimo episodio vén cargado de risas. E que menos, porque imos falar, precisamente, da importancia do humor nas nosas vidas e da filosofía do "nada é tan serio". Por iso, como non podía ser doutra maneira, serán os rapaces de The Rapants os que subirán ó Faiado este venres. Así que se alguén de vós ten o corasón como un after, é probable que este episodio vos axude a levalo un pouco mellor (máis que nada porque ides escachar coa risa). Tamén poderedes escoitalos falar da súa traxectoria, das súas letras e dos incribles sucesos que se dan nos seus concertos (surf por riba do público incluído). Como recibiron a noticia de que ían tocar no Son do Camiño? Que anécdotas nos poden contar do seu paso polo EmigraSON en Bruxelas? Como é que aínda non actuaron no Luar (arroba Gayoso)? Todo isto e moito máis no programa de mañá, non volo perdades!

Jun 09, 202346:38
Do 'artivismo' á hiperprodutividade con GUÍSOMO EU! | O Faiado Podcast

Do 'artivismo' á hiperprodutividade con GUÍSOMO EU! | O Faiado Podcast

O artivismo (arte combinada con activismo) ía ser o tema principal do noso próximo episodio. Así e todo, unha cousa acabou levando a outra. Ademais de falar da creación desta forma de loitar contra problemáticas como o machismo ou a LGBTIfobia, reflexionamos sobre máis cuestións. Por que se percibe certo cansazo xeralizado nas manifestacións do 8M? Como é levar unha conta que precisa crear contido constantemente? Gozamos dun tempo libre de calidade ou precisamos sentirnos produtivas sempre? Para falar de todo isto, subirán ó Faiado Malena, María e Uxía, tres rapazas do colectivo Guísomo Eu. Como elas mesmas o definen, trátase dun "patio de xogo e espazo de creación" que está cheo de fanzines e deseños chulísimos. Non vos perdades o que será o antepenúltimo episodio desta tempada!

Jun 02, 202350:41
Do 'Palomazo' a 'Baiuca a Eurovisión' con MANU MAHÍA | O Faiado Podcast

Do 'Palomazo' a 'Baiuca a Eurovisión' con MANU MAHÍA | O Faiado Podcast

No Faiado imos quentando motores para o sábado! Quen se levará o micrófono de cristal de Eurovisión? Finlandia co seu 'Cha Cha Cha? Blanca Paloma? Loreen outra vez? O eurofandom debe estar que non se ten! Desde logo, o festival deixounos grandes himnos como Waterloo, Euphoria ou Que Me Quiten Lo Bailao, claro. Pero o certo é que este certame sempre tivo moitos detractores que o critican por diversos motivos. É todo política en Eurovisión? Está visto como algo ridículo? No episodio deste venres falaremos sobre todo isto e daranos tempo a confirmar e desmontar algún que outro mito. Para iso, será Manu Maía, codirector do diario dixital Eurovision-Spain, quen subirá ao Faiado! Tamén contaremos cunha entrevista sorpresa, así que prestade moita atención :)

May 12, 202301:01:52
De ser artista a aturar o 'mansplaining' dos señoros con ANDREA VALLE e AROA OUTÓN | O Faiado Podcast

De ser artista a aturar o 'mansplaining' dos señoros con ANDREA VALLE e AROA OUTÓN | O Faiado Podcast

Nun faiado pódese atopar de todo, desde un cadro paisaxístico deteriorado ata un lote de libros coas páxinas amarelas que xa cheiran ao século II a.C. Grazas ás persoas que traballan no mundo da arte e da escritura, dentro de cincuenta anos seguiranse encontrando estas cousas nos faiados. E, por suposto, nos museos e nas librarías. Aroa Outón, artista, e Andrea Valle, poetisa, visitarán o noso podcast en representación de toda esa xente que deixará un fantástico legado para as futuras xeracións. Ademais, virán en nome das mulleres galegas que se dedican a estes eidos, así que seguro que teñen moito que dicir. Por exemplo, que Jordi Cruz (o de Art Attack, non o de Masterchef, por favor) é o único home que ten dereito a explicarlles como facer ou deixar de facer arte.

Apr 28, 202345:08
De 'Bella Hadid' ás mulleres que facturan con HYDN | O Faiado Podcast

De 'Bella Hadid' ás mulleres que facturan con HYDN | O Faiado Podcast

Like A Virgin de Madonna, Terra de Tanxugueiras ou, por suposto, O Galo de Pili Pampín son algunhas de tantas cancións que marcaron un antes e un despois. Que teñen todas elas en común? Pois que as súas intérpretes son artistas femininas. Todas elas teñen un talento indiscutible. Aínda así, deben facer fronte ás desigualdades de xénero presentes na industria. Por que se lles esixe máis ás mulleres que ós homes? [Insertar vídeo da transición de JLo a J Balvin na Superbowl]. Reflexionaremos sobre isto con hydn, a artista con cancións en 'galenglish' que fan que te sintas main character!

Apr 14, 202350:06
De escoitar vinilos a non querer vivir no franquismo con ANTÍA ENCISA | O Faiado Podcast

De escoitar vinilos a non querer vivir no franquismo con ANTÍA ENCISA | O Faiado Podcast

Van pasando os anos e imos estrañando cousas do noso pasado. Así e todo, a xeración Z vai máis aló: bota de menos o que viviu, mais tamén o que non. Preguntámonos en que momento desapareceu o videoclub da nosa vila ou no ben que sabían os bocadillos de chocolate que nos daban para merendar. Pero como nos gusta iso de romantizar a nosa vida ao son dun vinilo ou iso de levar un outfit que pareza sacado de calquera sitcom dos 90! Para falar sobre a nostalxia e do mercado que se fai con ela teremos con nós a artista Antía Encisa. Subirá ao Faiado para comentarnos, ademais, o seu traballo con ferramentas doutra época, como pode ser unha cámara analóxica.

Mar 31, 202351:02
De Love Actually á versión gay de Orgullo e Prexuízo con MALVA | O Faiado Podcast

De Love Actually á versión gay de Orgullo e Prexuízo con MALVA | O Faiado Podcast

"É moi probable que nalgún momento das vosas vidas desexarades vivir historias de amor dignas dunha comedia romántica. O You're so Vain de Cómo Perder a un Chico en 10 Días, o All By Myself do Diario de Bridget Jones, Love Actually, Notting Hill... Todas estas películas son ICÓNICAS. Así e todo, as romcoms teñen unha cara B: normalizan (e romantizan) comportamentos tóxicos, ademais de transmitir a imaxe dunha realidade moi pouco diversa."

Mar 17, 202350:47
Da roupa de segunda man á moda dos 2000 con CÉSAR RAMA | O Faiado Podcast

Da roupa de segunda man á moda dos 2000 con CÉSAR RAMA | O Faiado Podcast

Es máis de vestirte coma Mércores ou como a súa colorida amiga Enid? Es das persoas que se nega a volver á moda dos 2010?  Estas preguntas están ben para atraer a vosa atención, pero a verdade é que no Faiado, a pesar de ter opinións persoais con respecto á moda, o que nos importa é que cada un atope o seu estilo sen prexuízos. 

Así que, para falar sobre isto e máis cousas, traemos a César Rama, un artista 360 (creador de contido, fotógrafo, modelo, DJ,...) e un indiscutible amante da roupa de segunda man!

Mar 04, 202347:59
De Bad Bunny a Boyanka Kostova con RODRI MÍGUEZ | O Faiado Podcast

De Bad Bunny a Boyanka Kostova con RODRI MÍGUEZ | O Faiado Podcast

"Bad Bunny non vén ao Son do Camiño". Moita xente recibiu esta noticia coma se se tratase dunha puñalada no corazón. Pero como viviron isto dende dentro do propio festival? Que artistas podemos esperar para o cartel deste 2023? Que outros festivais de música son indispensables en Galicia?

Dende o Ortigueira ao Resurrection, pasando polo Revenidas, cada quen atopa un festi ao seu gusto. Coa cara chea de brilli brillis, ou coa roña enriba de non se lavar nunha semana, o importante é pasalo ben. E se non vén Bad Bunny? Non se acaba o mundo, que haberá máis artistas (galegos tamén).

Feb 17, 202350:32
De Kiko Hernández a Amaia de España con YAIZA LÓPEZ | O Faiado Podcast

De Kiko Hernández a Amaia de España con YAIZA LÓPEZ | O Faiado Podcast

Por fin chegou O Faiado! 🌟 Neste primeiro episodio falaremos sobre a Illa das Tentacións, Gandía Shore, Jugando con Fuego... Todos estes programas mostran realidades paralelas que poden chegar a transmitir valores cuestionables. A pesar disto e de todo o cringe que sabemos que dan algunhas actitudes, acabámonos tragando a nova tempada de calquera reality show de Netflix. Que nos pasa? A resposta é evidente: morremos polo salseo e por todos os memes que saen destes espazos televisivos (nunca olvidaremos a imaxe de Belén Esteban co seu magnífico pixama de leopardo).

Feb 03, 202349:45