
Viaxantas Podcast
By Cristina Terceiro
Viaxantas é un podcast mensual en galego para os amantes das viaxes, as experiencias e a boa comida. Un espazo dirixido por 🎙Cris Terceiro con entrevistas e no que ti tamén podes facernos chegar as túas achegas e recomendacións.

#24 Tromsø: á caza das auroras boreais
#24 Tromsø: á caza das auroras boreais
Achegámonos a Tromsø, tamén coñecida como a capital do Ártico, para gozar dun dos mellores espectáculos naturais do inverno: as auroras boreais.
No episodio 24 de Viaxantas falaremos dos atractivos que agocha esta fermosa cidade noruega, situada a tan só 350 kilómetros do cículo polar Ártico e rodeada de montañas, fiordos e illas. Descubriremos máis sobre o pobo Saami, falaremos de gastronomía, música e da gran colonia de renos que vive nestas terras.
Se o teu soño é ver auroras boreais, neste episodio atoparás todo o que precisas saber. DALLE AO PLAY.
Viaxantas é o teu podcast de viaxes e experiencias en galego. Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Instagram, Twitter, TikTok, Telegram, e tamén en Podgalego.
NOTAS DO EPISODIO
Subscríbete á Newsletter de Viaxantas AQUÍ.
Artigo de GCiencia sobre a tormenta solar que provocou espectaculares auroras en Noruega.
Web de Visit Tromso.
Jan 22, 202345:26

#23 A Costa Amalfitana: expectativas vs realidade
#23 A Costa Amalfitana: expectativas vs realidade
A Costa Amalfitana é un espectacular balcón natural ao mar Tirreno. Un deses destinos soñados, mil e unha veces fotografado e que ofrece sol, praia, solpores únicos e boa gastronomía. Pero que ocorre cando as expectativas chocan coa realidade? No 23 de Viaxantas percorremos estes 55 kilómetros da costa italiana da man da xornalista Maria Sabarís e reflexionamos sobre destinos masificados e sobre o impacto das redes sociais no noso xeito de viaxar, mais tamén compartimos os nosos imprescindibles desta ruta con forma de serpente que lidera as listas de destinos imprescindibles ano tras ano.
Dalle ao play para iniciar este paseo.
* Subscríbete á Newsletter de Viaxantas aquí: viaxantas.gal/subscribete/
Aug 07, 202201:06:55

#22 Aos pés do Vesubio: Pompei vs Ercolano
#22 Aos pés do Vesubio: Pompei vs Ercolano
A historia é o fío condutor deste episodio de Viaxantas. Da man de Carme Saborido, achegámonos á rexión italiana de Campania para coñecer a cidade greco-romana de Paestrum, entrar nas famosas ruínas de Pompeia e admirar a outra vítima do Vesubio, Ercolano. Ademais, o noso roteiro inclúe paradas en Nápoles e Salerno. Dalle ao play para iniciar este paseo.
NOTAS DO EPISODIO:
Subscríbete á Newsletter de Viaxantas AQUÍ.
As Womansplainers, o podcast no que participa Carme Saborido.
Podes coñecer Bari e Alberobello, no episodio 16 de Viaxantas.
Viaxantas é o teu podcast de viaxes e experiencias en galego. Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram, e tamén en Podgalego.
Jul 03, 202201:03:27

#21 Muíños do Folón e do Picón: unha panorámica transfronteiriza
#21 Muíños do Folón e do Picón: unha panorámica transfronteiriza
Achegámonos aos Muíños do Folón e do Picón, no Rosal, para recomendarche unha actividade ao aire libre que ten de todo: historia, tradición, deporte, natureza e unhas vistas de postal sobre o Miño, albiscando o perfil da fronteira portuguesa e co Monte de Santa Trega sobresaíndo coma un guieiro nos días despexados.
Neste roteiro axudaranme a recrear a imaxe sonora do lugar os fundadores da web Galicia Hiking, o alacantino Eugenio Plaza e a croata Marina Sokol. Con eles analizaremos o nivel de dificultade desta ruta de sendeirismo homologada, tomaremos nota dalgúns consellos e sorpresas que agocha este destino e tamén coñeceremos como nos ven dende fóra.
Ademais, o ciclista rosaleiro retirado Serafín Martínez amosaranos outro xeito de vivir a experiencia dos Muíños do Folón e do Picón, a través do deporte. El é un dos impulsores do Trail do Folón que cada ano atrae a centos de persoas cara esta localidade pontevedresa.
Notas do episodio:
Galicia Hiking.
Documental sobre Nemesio Castro.
Turismo de O Rosal.
Guía Turística do Río Miño Transfronteirizo.
Viaxantas é o teu podcast de viaxes e experiencias en galego. Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram, e tamén en Podgalego.
May 22, 202242:11

#20 Os días tolos en Colonia
#20 Os días tolos en Colonia
Os "días tolos" é o nome que recibe a semana grande dun dos entroidos máis populares de Europa, o carnaval de Colonia (Alemaña). Unha celebración á que cheguei sen querer e na que atopei algunha que outra semellanza con Galicia que che conto neste episodio de Viaxantas. Falaremos un pouco de historia, de tradicións e da faciana máis moderna desta cidade con 2000 anos, pero tamén da súa maxestuosa catedral, da tumba dos Reis Magos ou das orixes da famosa auga de Colonia. Apúntaste a esta viaxe sonora? Na nosa páxina web tes máis información sobre este destino: www.viaxantas.gal
_______________________
Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente.
Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram.
Mar 20, 202226:20

#19 San Telmo en clave galega
#19 San Telmo en clave galega
Apetéceche seguilos pasos dunha ruta migrante doutro tempo? Ese é o obxectivo deste episodio no que nos achegamos a un dos barrios máis bohemios de Suramérica. Volvemos ao meu querido Bos Aires, pero desta para descubrir a cara máis galega do centro histórico porteño: San Telmo. Un paseo no que me acompañan Andrés da Pedra - o guía gaiteiro - e Diego Martínez Duro - presidente da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina-.
Falamos de La Boca, de reliquias que cruzan océanos, do Camiño Branco a Compostela, de política galega na diáspora e cultura, moita cultura.
Dalle unha escoita e se che gusta comparte.
______________________________________________________________________________________
Notas do episodio:
Neste episodio falamos sobre o farruco, unha fala de transición que misturaba o galego co italiano. Hai uns anos falei disto na Televisión de Galicia, podes volver a velo aquí: https://youtu.be/ggF34ysBL64
Podes saber máis sobre O guía gaiteiro aquí.
Podes coñecer tódalas actividades da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina aquí.
______________________________________________________________________________________
Se che gusta o que escoitas subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
Feb 13, 202201:08:39

#18 Descifrando Ámsterdam
#18 Descifrando Ámsterdam
Apetéceche coñecer unha das cidades con máis ambiente de Europa? Entón este episodio é para ti, porque imos descubrir unha capital que transmite vitalidade e promete longas e intensas noites de festa. Un lugar cun mar de propostas culturais e que convida a facer algunha que outra falcatruada. Benvid@ a Ámsterdam!
Neste paseo contamos con dous viaxeiros de excepción:
Fran da Lobeira axudaranos a descifrar o barrio vermello coas súas historias de mariñeiro.
E Carina Fragoso ensinaranos que Ámsterdam é perfecta para unha viaxe exprés.
Veña, dalle unha escoita ao episodio 18 de Viaxantas e cóntanos que che parece.
___________________________________________________________
Se che gusta o que escoitas subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
Jan 16, 202201:16:53

#17 Sabucedo en 360º
#17 Sabucedo en 360º
Benvid@ a esa Galicia profunda da que moitos presumimos. Neste episodio voute levar a unha parroquia galega que cada mes de xullo protagoniza portadas en medio mundo, aínda que durante o resto do ano non saibamos tanto dela. Por que en Sabucedo (A Estrada, Pontevedra) o traballo continúa paseniño os 365 días do ano para preservar, non só unha das tradicións máis senlleiras de Galicia, senón un ecosistema único no mundo. Benvid@ a unha Rapa das Bestas en 360º .
Imos falar de moito máis ca dos días grandes da Rapa. Imos sobrevoar unha lenda que marca o carácter da veciñanza, escoitaremos sobre o valor do traballo en equipo e da defensa do rural, tamén de fixar poboación nesa terra e da preservación do monte. Ademais, contarannos sobre a beleza e os desafíos de conservar a estes cabalos salvaxes no mundo de hoxe. E para iso, acompáñannos:
Paulo Vicente Monteagudo, Presidente da Asociación Rapa das Bestas e aloitador.
Maruxa Obelleiro, veterinaria e integrante da asociación.
Iván Sanmartín, avogado da asociación.
Henrique Bazal, aloitador, expresidente da asociación e actual secretario.
E Javi Brea, un deses aloitadores especiais. Que malia vivir lonxe, tamén pon o seu grao de area para que a tradición non decaia.
Dalle unha escoita ao episodio 17 de Viaxantas.
Coñece máis sobre a Asociación Rapa das Bestas e sobre o estudo da Universidade da Coruña que mencionamos neste episodio.
Dec 22, 202101:11:24

#16 Puglia en solitario
#16 Puglia en solitario
Volve Viaxantas, este espazo de encontro para corremundos con ganas de compartir historias e destinos. No episodio 16 estreamos tempada, a segunda xa, e percorremos un lugar con postas de sol capaces de emocionar ata ao teu amigo máis toxo.
Imos coñecer a rexión italiana de Puglia e as súas xentes, que para aqueles que non se sitúen vén a ser o tacón da bota que todos debuxabamos á perfección de cativos. Unha zona con moitísimos encantos e onde os turistas somos simples espectadores duns costumes que, afortunadamente, non mudaron co tempo. Convídote a coñecer a colorida Bari Vecchia, a fermosa Polignano a Mare e as súas praias pedregosas bañadas polo Adriático, pero tamén os trulli de Alberobello ou a Grotte di Castellana nunha expedición para aventureiros sen medo a quedar perdidos polo camiño.
Esta é unha viaxe en solitario con banda sonora propia, grazas a Domenico Madugn e o seu mítico VOOO-LA-REE.
Se che gusta o que escoitas subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
Dec 05, 202135:44

#15 O Grove, unha loa á tradición mariñeira
#15 O Grove, unha loa á tradición mariñeira
O Grove é un paraíso gastronómico con maiúsculas que contenta o estómago e alegra a vista, grazas os seus miradoiros, as súas praias de area fina, as súas augas atlánticas de azul intenso e todo o ambiente dun destino de excelencia para turistas de preto e de lonxe. Ao percorrer as súas rúas ou degustar os seus pratos decátaste de que son, por sí sós, unha loa á tradición mariñeira, intrínseca ao ADN meco.
No episodio 15 de Viaxantas imos converternos por uns minutos en turistas no noso propio país para coñecer o “Caribe galego” dende tres puntos de vista diferentes:
O puramente turístico, con Mara Mariño, responsable da Oficina de Turismo da vila.
O histórico, co conservador do Museo das Salgadeiras de Moreiras, José Luís Escalante González.
E a faciana máis humana e emotiva, con Lorena Lores, filla de migrantes de O Grove, que nos conta o que representa esta vila para ela e cómo a foi ir coñecendo a través das descripcións de familiares ata visitala por primeira vez.
________________________
Se che gusta, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
Aug 01, 202101:04:14

#14 A volta ao mundo en paisaxes sonoras
#14 A volta ao mundo en paisaxes sonoras
Agardo que esteas listo ou lista para a aventura sonora que che teño preparada porque esta vai ser unha viaxe no espazo e no tempo a través de tódolos continentes. Imos percorrer Panxea, esa masa xigante de terra emerxida, á que hoxe separan mares e océanos. E imos facelo a través da música, dos instrumentos e das civilizacións que lles deron vida con dous grandes mestres que se adican a recuperar estes sons esquecidos: o multiinstrumentista galego Abraham Cupeiro e o compositor e investigador arxentino, Alejandro Iglesias Rossi, director da Orquesta de Instrumentos Autóctonos y Nuevas Tecnologías da Universidade Nacional Tres de Febrero da Arxentina.
________________________
Se che gusta, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
Jul 18, 202101:06:33

#13 O espírito do Camiño, con Wendy Werneth
#13 O espírito do Camiño, con Wendy Werneth
Se hai algo que nos identifica en boa parte do mundo e polo que moitas persoas de lonxe sitúan Galicia no mapa, iso é o Camiño de Santiago. Por iso, neste ano Xacobeo no podía faltar en Viaxantas algunha referencia a esta ruta milenaria.
Colle uns tenis cómodos, pon a mochila ás costas e a túa cuncha de peregrino porque no episodio 13 do podcast farémolo Camiño Nascente portugués, o da Gueira e dos Arrieiros e o de Fisterra cunha estadounidense neofalante da nosa lingua. Ela é Wendy Werneth e da súa man imos coñecer o espírito do camiño : dende as historias humanas que hai detrás de cada peregrinación a consellos prácticos para iniciar a ruta Xacobea nun ano aínda pandémico.
Wendy coñece ben as dúas caras porque leva facendo diferentes camiños a Compostela dende o ano 2017. O último, rematouno hai só uns días e podes revivila experiencia, etapa a etapa, na súa canle de Youtube «Wendy speaks galego» . Déixoche o encerezo web aquí para que lle botes unha ollada. Paga a pena.
Wendy é ademáis unha viaxeira intrépida, xa visitou 117 países e sumando. Nas súas redes sociais podes coñecer cales son as súas próximas viaxes e na súa web -The Nomadic Vegan- descubrir cómo percorrelo mundo comendo vegano.
Boa escoita e bo camiño!
________________________
Se che gusta, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente.
Estamos en Facebook, Instagram e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
Jul 04, 202139:24

#12 Aventuras na illa dos volcáns
#12 Aventuras na illa dos volcáns
O episodio 12 de viaxantas é culpa, única e exclusivamente, da vaga de calor que estamos a ter por Bélxica estes días e que conseguiu que a miña mente só pense nunha escapadas refrescantes, con praias paradisíacas onde sopre unha brisa agradable constante, e na que poder gozar de bos parques naturais. E tendo isto en conta, decidín que xa era hora de que neste podcast falásemos dunha illa. Unha desas que case é máis popular no exterior que na casa, un lugar no que parece que sempre é primavera e onde os volcáns son protagonistas absolutos. Benvid@ a Lanzarote.
Falaremos das mellores praias, de como sacarlle o máximo partido ao Parque Natural de Timanfaya e tamén de experiencias alternativas coas que gozar dunhas vacacións do máis completas e diferentes.
Acompáñanme:
Andrea e Carlos Vázquez, para falar de roteiros en bici e paseos en Jeep nunha illa case virxe.
Jorge Barrio, para meterche o becho do submarinismo no corpo.
Apúntaste a esta viaxe sonora?
----------
Se che gusta, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente.
Estamos en Facebook, Instagram e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
Jun 20, 202155:08

#11 Cvntis, máis ca un paraíso termal
#11 Cvntis, máis ca un paraíso termal
Ti como describirias a vila na que te criaches?
Ese é o reto que che lanzamos no episodio 11 de Viaxantas Podcast.
Aquí imos falar de historia castrexa e romana, de termalismo e de roteiros de sendeirismo. Benvid@s a Cvntis, esa vila tranquila que ten moito máis para ofrecerche ca termalismo.
E para enterder mellor este municipio falamos con tres persoas que a coñecen ben:
Héitor Picallo, ilustrador, escritor e investigador que coñece ben a faciana termal e histórica desta vila con máis de 2000 anos de historia.
Manuel Martínez, técnico de turismo do Concello de Cvntis, que nos vai achegar os segredos menos coñecidos da localidade e arredores.
Sandra Obarrio, da fundación Terra Termarum, que nos descifrará o castro de Castrolandín e o proxecto de reconstrucción de cerámica castrexa que lidera.
Boa escoita!
----------
Se che gusta, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente.
Jun 06, 202101:02:13

#10 Un paseo medieval
#10 Un paseo medieval
No episodio 10 de Viaxantas imos dar un paseo medieval a unha das cidades máis fermosas do corazón de Europa: Bruxas.
Se queres saber a razón pola que aos habitantes de Bruxas lles chaman "tolos", se é certo que as casas teñen un grifo de cervexa directo da fábrica aos seus salóns ou por qué venden "souvenirs" específicos para hispanofalantes, dalle unha escoita a este novo episodio do teu podcast de viaxes e experiencias en galego.
----------
Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego.
May 23, 202120:59

#9 As letras galegas en América
#9 As letras galegas en América
Maio é o mes por excelencia das nosas letras e da nosa lingua, o galego, aínda que honralas, querelas e utilizalas debemos facelo os 365 días do ano. Por iso, no episodio 9 de Viaxantas quero sacar ámbalas dúas da súa zona de confort e ver cómo latexan, cómo medran e se expanden nun continente histórico para os galegos, América.
E para facelo, a compañareime do presidente da Real Academia Galega, Victor Freixanes, que nos porá en contexto.
Ademáis, debateremos con Carlos Rodríguez Brandeiro (director do Colexio Arxentino-Galego Santiago Apóstol de Bos Aires), Marta Villar (impulsora do "Faladoiro" do Centro Galicia de Bos Aires) e Débora Campos (xornalista e unha das fundadoras do grupo de Lectores Galegos en Bos Aires) sobre o presente e futuro da cultura galega na quinta provincia.
Acompáñasme nesta homenaxe á galeguidade exterior?
----------
Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego.
May 09, 202101:38:38

#8 Ribeira Sacra, a posta en valor do rural
#8 Ribeira Sacra, a posta en valor do rural
No episodio de hoxe imos coñecer unha das xoias naturais de Galicia, a Ribeira Sacra. Aínda que non imos quedar só nas súas paisaxes impoñentes, adentrarémonos tamén no románico rural galego e camiñaremos entre vides da man das súas xentes, para falar da posta en valor do noso rural. Son os seus habitantes os que fan a maior reivindicación de futuro para as súas vilas, como opción para vivir, para traballar, para preservalas nosas tradicións.
Para iso conto con dous bos axudantes:
Beatriz Pérez é experta en románico da Ribeira Sacra e outro patrimonio. Con ela falaremos dos mil e un atractivos desta zona de Galicia, das tradicións ao redor da vendimia e dos manxares que a acompañan. Podedes coñecer máis sobre o que fai na páxina web do seu emprendemento: https://maisqueromanicorutas.com/
Primitivo Lareu, de Adegas e Viñedos Lareu, contaranos tódolos segredos da viticultura heroica e do que iso implica para un negocio familiar como o que dirixe. Podes coñecelos mellor na súa web: http://www.adegaslareu.com/
E todo isto, se esquecernos de que a Ribeira Sacra é candidata a Patrimonio da Humanidade da Unesco.
Se che gusta o que escoitas, subscríbete, valora e comenta.
Xa sabes que podes seguirnos en:
Instagram: https://www.instagram.com/viaxantas/
Facebook: https://www.facebook.com/groups/3558732530911721
Ou bótalle unha ollada a nosa web: https://viaxantas.wordpress.com/
Máis en 15 días.
Apr 25, 202153:59

#7 Un tren ás nubes
#7 Un tren ás nubes
Collede un asento de ventá e poñédevos cómodos e cómodas porque acabades de subir a bordo dun tren que vos levará case ata o ceo. Neste episodio transportámonos novamente a América Latina para acariñala pachamama, tocalas nubes e descubrila cara B do norte arxentino.
Moi boas, son Cristina Terceiro e isto é Viaxantas Podcast!
Nesta escapada sonora imos coñecer unha das obras de inxenierías máis importante da Arxentina, o viaducto de La Polvorilla e o seu famoso tren a las nubes. Falaremos de paisaxes únicas, pero tamén da dureza da vida na Puna salteña. Falaremos de cultura e escoitaremos músicas da zona.
Ademais, sabías que en Galicia tamén tivemos un intento de "tren ás nubes" propio. Fáloche del no episodio, pero podes coñecer tódolos detalles neste artigo que publicou La Voz de Galicia cando se cumpliron os 100 anos deste proxecto fallido: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/becerrea/2018/04/22/dia-pedrafita-quedo-trenel-bng-outeiro-pide-abrir-empresas-contratos-locales/0003_201804L22C6993.htm
Tamén nos adentramos na celebración da Pachamama, contándoche algúns dos ritos fundamentais desta celebración que me pillou de paso.
Súmaste á aventura?
Se che gusta o que escoitas, subscríbete, valora e comenta.
Xa sabes que podes seguirnos en:
Instagram: https://www.instagram.com/viaxantas/
Facebook: https://www.facebook.com/groups/3558732530911721
Ou bótalle unha ollada a nosa web: https://viaxantas.wordpress.com/
Máis en 15 días.
Apr 11, 202123:49

#6 Pico Sacro, onde a historia e a lenda se confunden
#6 Pico Sacro, onde a historia e a lenda se confunden
Que vos parece se falamos dunha das paisaxes máis simbólicas de Galicia, un lugar dende o que eres capaz de observar terras das catro provincias galegas e que como dicía Manuel María, está ferido polo lóstrego e a lenda.
No episodio 6 de Viaxantas só me fai falta abrila fiestra da casa dos meus pais para levarvos ata o Pico Sacro. Acompañádesme?
Para este paseo vou contar cun popurrí de voces, entre as que destacan a do profesor e escribor Xosé Manuel Lobato, unha das persoas que mellor coñece tódalas historias que hai ao redor deste xigante picudo con aires de grandeza.
Falaremos de mitos, de milagres e dragóns, pero tamén haberá tempo para algo de historia pasada e presente do Camiño de Santiago da man de Carmen Cutrín, unha veciña do Concello de Vedra que conta con moitísima paixón a lenda do traslado dos restos do Apóstolo Santiago a Compostela.
Agardo que disfrutedes moito do episodio.
Xa sabedes que podedes atoparnos en Spotify, Ivoox, Apple e Google podcast, entre outras plataformas.
Mar 28, 202101:07:36

#5 Viaxar ao corazón dunha pirámide
#5 Viaxar ao corazón dunha pirámide
Imaxinas como poder ser adentrarse no corazón dunha pirámide exipcia? Si, si.. nas mesmas que soterraban aos faraóns hai milleiros de anos e que estaban pensadas con mil e unha trampas para evitar que calquera persoa con malas intencións perturbase o descanso eterno destas pseu-divindades.
Ben, pois no quinto episodio de Viaxantas Podcast imos ata o Cairo para descubrir este e outros segredos dunha civilización abraiante, cuxo legado segue en pé millieros de anos despois.
Falaremos da única marabilla do mundo antigo que segue en pé, dalgúns dos templos máis fermosos da civilización exipcia e da faciana musulmá dunha cidade caótica e chea de contrastes.
Dalle unha escoita e xa sabes, escríbenos no Instagram e no Facebook as túas impresións.
Mar 14, 202116:37

#4 Bos Aires con Jose Lemur
#4 Bos Aires con Jose Lemur
Hai lugares que son especiais, ben polas súas xentes, polas historias que agochan ou polas experiencias que vivimos neles. Eu hoxe vouvos levar a unha cidade especial para min porque combina eses tres elementos, pero tamén algún máis.
Bos Aires é esa cidade que lle deu os últimos trazos á miña madurez en construcción, transformou o meu xeito de viaxar e deulle novos significados a palabras como amizade, compromiso e familia.
Vivir non é o mesmo que visitar, e eu en Bos Aires vivín catro anos coma unha arxentina máis. Vivina primeiro con ollos estranxeiros, os primeiros meses, sorprendéndome de moitas cousas a pesares de tantas outras semellanzas. Pero vivina como unha porteña máis segundo avanzaba o tempo. Gozando das súas librarías abertas ata a medianoite, dos longos paseos pola Costanera Sur ou a Feira de San Telmo, das súas músicas e xentes, dos mates compartidos, e do ritmo das súas protestas. Entendina tamén como a Quinta Provincia galega máis aló da literatura, grazas aos numerosos centros e asociacións galegos que, da man de galegos de primeira, segunda ou terceira xeración, fan unha labor marabillosa do outro lado do Atlántico para difundir a nosa cultura, o noso folclore e costumes, pero tamén como un motor solidario ou un punto de contención para recén chegados, como o fun eu nun momento. Neses centros, entre galegos ou arxentinos namorados de Galicia, entendín a miña terra nai como nunca antes o fixera. E aprendín deles cousas que na Galicia territorial nunca pensara, nunca analizara, nunca vira e que agora aprecio doutra maneira.
Catro anos dan para moito! Dan para pasar por campañas electorais, cambios políticos, algunha que outra crise económica ou traxedias nacionais como a do ARA San Juan ou os continuos asasinatos machistas que sufre o país.
En Bos Aires fixen amigos que son familia, e reconectei con familia coa que nunca antes falara e que hoxe son parte fundamental do meu día a día.
Por todo iso, Bos Aires, coma Galicia, ten que ter un protagonismo especial neste podcast. Imposible contar 4 anos nun episodio, por iso me vou acompañar de amigos para que me axuden a achegarvos esta cidade única dende diferentes prismas.
Para este episodio 4 de Viaxantas contarei con Jose Lemur, outro galego dos que non chegou a Bos Aires en barco pero que nutren a comunidade galega do país austral. Falamos de morriña, da colectividade galega, de lugares que nos namoraron da cidade, de distancias e moito máis. Dalle unha escoita.
Feb 28, 202150:05

#3 Viva o entroido!
#3 Viva o entroido!
Eu nacín no mes do entroido por excelencia e, como tal, medrei escoitando unha e outra vez iso de "oh, un entroidiño!" cada vez que dicía en voz alta a data do meu aniversario. Unha resposta que recibía con gusto, non vaiades pensar. Porque ademáis dese algo máxico que existen en disfrazarse e convertirse noutra persoa por unhas cantas horas nas que case todo vale para botar unha risas, o entroido é na miña vila natal sinónimo de Xenerais, atranques e vivas.
Se aínda non sabedes de qué vos falo convídovos a escoitar o episodio número 3 Viaxantas Podcast que lle adico ó tempo das filloas e orellas (que ricas por deus!!! ), pero sobre todo a unha das tradicións que máis me gustan da miña terra. Hoxe falamos sobre os Xenerais da Ulla.
Aínda que non se sabe con certeza a orixe desta tradición, o certo e que non hai coñecemento de nada similar nin noutras zonas de España nin da Europa Occidental, tal e como contan na web www.xeneraisdaulla.gal
Eu aos Xenerais sempre os vin dende a barreira; é dicir, como espectadora. E para transmitirvos os momentos máis especiais desta tradición, contarei con catro axudantes que saben o que é enfundarse nun deses traxes de fios dourados e cor, moita cor. Eles son Miguel Peteiro, Alejandro Barreiro, Cristina Calviño e José Antonio Neira Pombo.
Dádelle ao play e despois contádeme qué vos pareceu, se coñecíades todo isto ou se vístedes algo parecido nalgún outro lugar do planeta.
Podes facelo a través das redes sociais ou no noso blog:
https://www.instagram.com/viaxantas/
https://www.facebook.com/groups/3558732530911721
https://viaxantas.wordpress.com/
E para escoitarnos estamos en Ivoox, Apple Podcast, Spotify e moitas máis plataformas.
Feb 13, 202132:25

#2 Unha cea prehistórica
#2 Unha cea prehistórica
Neste episodio viaxamos ata a Patagonia arxentina para gozar dunha cea prehistórica e unhas vistas de película. Imos coñecer as covas de Walichu, o primeiro xacemento arqueolóxico que se descubriu na zona, pero tamén Punta Bonita e o inmenso lago Argentino. Para que me axuden a achegarvos as sensacións que transmite este lugar conto con outros dous viaxeiros: Jorge Barrio e Sol Santacroce.
Agardo que vos guste!
Jan 31, 202125:15
#1 Benvidas Viaxantas!
#1 Benvidas Viaxantas!
Isto é Viaxantas, un podcast en galego para os amantes dunha boa escapada, de saír e darse unha homenaxe gastronómica e de vivir experiencias do máis diversas. Descubre quen está detrás do micro, por qué viaxantas e por qué en galego.
Jan 16, 202114:40