
Zona Wifi - Fóra de Cobertura
By xabierrolan

Zona Wifi - Fóra de CoberturaJul 01, 2022

SO4 E3 Volta ao cole, pero con menos cousas.
Hoxe, en 'Zona WiFi Fuera de Cobertura', damos a benvida á 'Volta ao Cole Tecnolóxica'. Pero, en lugar de engadir máis dispositivos ao noso arsenal, falaremos de por que decidín desfacerme de algúns deles. ¡Menos é máis!"

S04 E2 Probando xeradores de texto sintético (ChatGPT, Claude) con Poe
Mini capítulo para falar de www.poe.com e que vos permite facer.
Se queres suscribirte ao boletín, estou en https://xabierrolan.substack.com/

S04 E1 Witip con @dorfun: vaIA vaIA coas intelixencias artificiais!
Pois Amador e Xabi volven ás andadas. Primeiro capítulo de 2023. Non era sen tempo, pero quedou xeitoso.
Velaquí os recursos dos que falamos ao longo do episodio
Samuel Gil: #153 ¿Cuándo nos va a quitar el empleo la inteligencia artificial?
Stephen Wolfram: What Is ChatGPT Doing … and Why Does It Work?
TinyWOW (en serio, é a repanocha esta web)
Link ao grupo de Telegram. Únete e compadrea/comadrea connosco!

S03 E14 Witip con @dorfun: "Feliz cistalxia de 2023". Unha ucronía para rematar o ano
Pechamos o ano como so a Amador e Xabi lles gusta: especulando e cuñadeando. No canto de falar do que nos deparará o 2023 no eido da tecnoloxía, conversamos sobre o que foi o ano 2023, como se estivesemos no Nadal de 2023. Admitimos novas elucubracións, desvaríos tecnolóxicos.
Que non sabes o que é a "cistalxia"? Pois escoita o capítulo.
Escoitámonos en 2023, benqueridos e benqueridas oíntes

S03 E13 Witip con @dorfun e Bernabé Carrillo (@bernacee). "Benvidas á televisión, plataformas de streaming"
Fantástico, fantástico, fantástico programa con Bernabé Carrillo, que nos contou o "inside job" dende as trincheiras de A3Player e a súa visión sobre a situación actual da súa profesión e da relación que temos coas canles de televisión, plataformas de streaming e algunhas cousas máis.
A recomendación da semana, como era obvio, pasa por A3Player, e completamos a información aportada por Amador sobre Netflix e servidores, que desenvolveron https://openconnect.netflix.com/en/ onde hai moita mais info propia.

S03 E12 Especial "Wi-Tip" con @dorfun: "Black to school"
Porque xa é tarde para falar da volta ao cole, pero aínda é cedo para falar do Black Friday.
Resolvemos o concurso que tiñamos pendente, aínda que o produto que sorteamos pechou o seu servizo (algo totalmente involuntario pola nosa parte!).
Amador recoméndavos un calendario de advento de RaspBerry, e Xabier recoméndavos a triloxía de Cixin Liu "O problema dos tres corpos".
Volvemos cun episodio curtiño (para os ladrillos que nos mandamos, si, é curtiño) porque sabemos que nos botabades de menos!
![S03 E11 [especial webinar WordCamp Pontevedra] "WordPress na Universidade de Vigo", con @wajariv, Ana Gavilán e @castrovilar](https://d3t3ozftmdmh3i.cloudfront.net/production/podcast_uploaded_episode400/3787434/3787434-1657894718140-62dd40bda056f.jpg)
S03 E11 [especial webinar WordCamp Pontevedra] "WordPress na Universidade de Vigo", con @wajariv, Ana Gavilán e @castrovilar
O pasado mércores 13 achegueime aos micrófonos da organización da WordCamp Pontevedra (23-25 de setembro) para charlar con Wajari Velásquez, Sabela Muñiz e Ana Gavilán, e falarmos sobre a introdución de WordPress na Universidade. Un pouco para derrubar os mitos do carácter inamobible desta institución que defendo (e que me dá de comer).

S03 E10 Volvo a Windows 13 anos despois
Volver a ter un equipo con Windows ben merece a pena contalo!
Que che conto neste episodio?
- Que me levou a voltar a windows
- Con que equipo volvín a Windows
- Que uso lle vou a dar
- Que me gusta deste regreso
- Que non me gusta deste regreso, ou a qué me tiña acostumado macos
Lembra que temos un concurso en marcha, so tes que escoitar o último witip e participar :)

S03 E09 Especial "Wi-Tip" con @dorfun e Oswaldo García Crespo: "Tecnoloxía e audiovisual"
Retomamos as entrevistas e temas nos que non so cuñadeamos, senón que temos convidados!. Hoxe acompáñanos Oswaldo García Crespo, profesor de montaxe e novos medios na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Uvigo.
Que por que deberías escoitar todo o episodio? Pois porque temos un SORTEO moi guai. Así que xa sabes, escóitao, responde á pregunta do final e poderás gañar un Google Stadia. Así, como cho contamos.

S03 E08 Especial "Wi-Tip" con @dorfun: "Usabilidade (e deseño) do lado do ben e do lado do mal"
Desta volta Amador trae un tema ben interesante, a propósito da newsletter A folla de Jacobo Tarrío: usabilidade. Pero usabilidade do lado do ben (botón do pánico) ou do lado do mal, cos deseños escuros.
Por certo, deberías escoitar o episodio ata o final.

S03 E07 Especial "Wi-Tip" con @dorfun: "Videoxogos"
Que pasa cando dous señores maiores falan da súa aproximación ao mundo dos videoxogos? Un vello-gamer e un novo-gamer falando de cousas de consolas e consolos, nun novo especial Wi-Tip con Amador Loureiro

S03 E06 Especial "Wi-Tip" con @dorfun: "Episodio sen título"
Non puxemos título porque é a tertulia tecnolóxica máis tertulia e máis gamberra.
Velaquí a recomendación de Amador. E tamén a de Xabier.

S03 E05 Decrecemento tecnolóxico ou como a mellor pantalla externa estaba diante das miñas narices
E así foi como comecei a empregar o ipad como monitor externo. E o moito que me facilita a vida.

S03 E04 Especial "Wi-Tip" con @dorfun: "Tecnoloxía pa'qué"
Volvemos arrexuntarnos Amador e Xabi para abordar dúas preguntas clave nas nosas (de todos) vidas dixitais: con qué tecnoloxías/produtos/trebellos non podes vivir sen eles... e con eles! Se algo che resulta imprensindible, ou "pa'qué" inventaron iso, cóntanolo!!!!
Ademais, se aguantas ata o final, escoitarás un dos momentos máis épicos das bandas sonoras dos videoxogos. Iso nin Hans Zimmer!

S03 E03 "un directorio de expertas na UDC" con @teresapineiro
Hoxe falamos do directorio de expertas udcientificas.com, unha proposta do CEXEF na UDC liderado pola profesora e investigadora Teresa Piñeiro.
A Teresa Piñeiro tamén a podedes escoitar en Micromachismos ou Voces do CEXEF

S03 E02 Especial "Wi-Tip" con @dorfun: "melóns e algoritmos"
Queríamos falar de algoritmos e abrimos demasiados melóns. Son cousas que pasan cando Amador e Xabi botan a falar ás veces sen pensar as cousas moito, e de comentario a comentario, tertulianos a monte que se volveron :)

S03 E01 Que difícil é ter a aplicación de correo perfecta
Spark, Outlook, Mail, Mimestream... ningunha aplicación me permite todo o que quero! Problemas do primeiro mundo tecnolóxico para comezar o ano 2022. Ah, e a ver se notades algo diferente na gravación. Xa vos contarei...

S02 E15 Especial "Wi-Tip" con @dorfun: PRODUTIVIDADE. Así, con maíusculas (episodio 1)
Esta semana falamos sobre produtividade. Comezamos co correo electrónico, pero prometemos que falaremos outra vez sobre este tema, porque atallos, rutinas, pequenas apps ou metodoloxías... son parte do noso día a día.

Especial "Wi-Tip" con @dorfun: falemos sobre odio e(n) internet
O titular ben podería ser que Amador é unha "persoa de bata", pero o eixo temático deste capítulo son os odios en internet e sobre a tecnoloxía. Que cousas aborrecen Amador e Xabi? Sobre que falamos de discursos de odio en liña? Todo isto e moito máis (escuro) nun episodio que remata coa luz das recomendacións deste episodio de outono.

Especial "Wi-Tip" con @dorfun e @evelio_sj: What the BIM is this!
Desta volta conversamos un rato con Evelio Sánchez, apaixonado da tecnoloxía que (sobre)vive no sector da construción, autor do podcast @BIMras sobre metodoloxía BIM. Achégate a coñecer a conexión entre tecnoloxía e construción civil, que para iso temos un convidado de excepción!

Especial "Wi-Tip" con @dorfun: Volvemos ao cole
Amador e Xabi volven ás andadas podcasteiras falando de como foi o verán, da progresiva desaparición da carteira e dos contrasinais. Velaquí algunhas cousas das que falamos e recomendamos:
Serie For All Mankind
App Stocard

Especial "Wi-Tip" con @dorfun: edición de verán (tecnolóxico)
Antes de marchar de vacacións, Amador e Xabi falan un pouco sobre as novidades tecnolóxicas do verán, sobre todo o ligado coas virtualizacións (Windows 365 vai a poder executarse dende un navegador), a cultura da suscrición, como está a ser a evolución das grandes tecnolóxicas... e para rematar, un par de recomendacións para que pases un estupendo verán acompañado de varios podcast moi recomendables. Volveremos coas pilas cargadas a partir de setembro!
Recomencións:
- Dálle unha oportunidade a Pocket Casts
- Descubre a historia de Nintendo con "Arqueología Nintendo"
- A gruta de Gizamaluke dálle unha nova dimensión ao "salto" nos videoxogos.

Traballar cunha tablet (ipad). É posible? Merece a pena?
![[Entrevista en RadioVigo] Como nos comportamos os iberomericanos durante a pandemia](https://d3t3ozftmdmh3i.cloudfront.net/production/podcast_uploaded400/3787434/3787434-1586703086900-d36b86c26b4e3.jpg)
[Entrevista en RadioVigo] Como nos comportamos os iberomericanos durante a pandemia
Que ben me prestou conversar con @jacobobuceta sobre o proxecto de #covidstagram que temos en marcha entre as universidades Estadual Paulista, Brasilia, Coruña e Vigo.
Conversa nada técnica, non vos preocupedes. É amena.
Non é Zona Wifi nin Wi-tip, pero paga a pena.

Mellora a wifi do teu fogar: extensor wifi, PLC, wifi mesh???
A meta-wifi! Hoxe na Zona Wifi imos a falar de Wifi. Para non quedar "fóra de cobertura". Si, seino. Estou "sembrado".
Pero agardo que vos sexa útil: extensor wifi, plc, wifi mesh... esta é a miña experiencia na casiña.

Especial “Wi-Tip” con @dorfun e @isaacgonzalezeu - Criptomoedas e tecnoloxías blockchain
A Isaac podedes seguilo no fantástico boletín consenso.substack.com/ e nun proxecto que dará que falar nas vindeiras semanas: www.agora.gal/

Especial "Wi-Tip" con @dorfun e @albertodafonte: fake news e fact-checkers
Imos tan lanzados con "Wi-Tip" que Amador e un servidor xa se lanzan coa primeira entrevista: o profesor e investigador Alberto Dafonte achégase (isto non é literal) aos nosos micros para falar da desinformación e "infodemia" dende a perspectiva das entidades que se adican á verifición dos feitos.

Especial “Wi-Tip” con @dorfun: copias de seguridade
Ao fío do ataque de ransomwere do SEPE e do datacenter de OVH que ardeu esta semana, compartimos algúns consellos e as nosas configuracións de copias de seguridade.

Especial "Tip & Tic - Fóra de Cobertura" con @dorfun - Competencias dixitais.
Vaia capítulo especial este! Hoxe a Zona Wifi fúndese con Tip & Tic e Xabi e Amador conversan sobre competencias dixitais, sobre todo na era da pandemia, e recomendan empregar BitWarden e https://www.online-convert.com/
Por certo, o concepto ao que aludo no programa chámase "affordance", introducido por Gibson en 1977.
Por favor, suxerídenos nomes para esta colaboración, convidados (se queredes participar) e se vos gustan estes lazos que comezamos a tecer.

Como Microsoft volve a ser un exemplo a seguir
Maqueiro grazas a Windows, pero cando se fan as cousas BEN, hai que recoñecelo. Aquí che conto por que creo que Microsoft é un exemplo a seguir, de novo, e por que debes darlle unha oportunidade ao seu navegador: Edge https://www.microsoft.com/es-es/edge

Xestores de contrasinais. Se non empregas ningún, xa estás tardando
A propósito das recentes limitacións que vai a impoñer LastPass, falo un pouco das alternativas ou opcións que temos, e o mínimo que lle podemos pedir a un xestor de contrasinais.

Cinco consellos para optimizar o uso do correo electrónico
Coñecías o "truco do punto (.) de gmail?", é o primeiro de cinco trucos, consellos ou formas de optimizar o teu tempo de uso do correo electrónico

Zafarse das poutas de Google é difícil, pero non imposible
Nova temporada, novos propósitos. Aproveita o novo ano para tratar de fuxir dos servizos de Google coas alternativas que comparto no podcast. Adiante!

Algúns bos podcast para despedir o ano (o que descubrín en 2020)
Neste podcast recomendo algúns podcasts que descubrín este ano e que se converteron en imprescindibles.

Como traballar en remoto (BEN) con macs

Redes sociais e turismo. Un interesante uso para os emojis!

Gravar videotitoriais con Capto
Hoxe cóntovos como fago para gravar e editar videotitoriais, a versión gratuíta co quicktime e a profesional con Capto, un software sinxelo, potente e por 14 euros!